Táboa deseucaliptización simultánea 2019 (II)
 Share
The version of the browser you are using is no longer supported. Please upgrade to a supported browser.Dismiss

View only
 
ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVW
1
DIAHORARIOCONCELLOPARROQUIAMONTEENTIDADE CONTACTOTELÉFONOEMAILPUNTO DE ENCONTRO (google maps)MAIS INFO
2
sábado, 8 xuño10 a 14 (deseucaliptización) - 14h a 16h xantar comunitario - 16 a 19h roteiro interpretativoCerdedo-CotobadeRebordeloRebordeloADEGA Vigo, Couto da Eirexiña, CMMC de Rebordelo, Brigadas deseucaliptizadorasJose647235464adegavigo@adega.galO punto de encontro é na Casa do pobo ás 9:45.O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que nace da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a comunidade de montes da parroquia de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) para a conservación do bosque autóctono e a biodiversidade. Tes toda a info do proxecto en: https://coutodaeirexinha.gal/
3
sábado, 8 xuño10 a 14 LousameFroxánFroxánVerdegaia (brigadas deseucaliptizadoras) , Montescola e Cmvmc de FroxánIolandabrigadas@verdegaia.orgO punto de encontro é unha esplanada ao pé dun eucalipto perto da aldea ás 9:30 h, e dende aí iráse á
pé (10 minutos) ata a zona de intervención.
Os traballos na Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente, centraranse desta volta en consolidar a eliminación de rebrotes de eucalipto e arricando de novos eucaliptos nacidos de semente nun hábitat de bosque de ribeira. Nesta pequena zona coexisten os hábitats naturais prioritarios 5230* e 91E0* así como o hábitat 9230 e covas con importantes colonias de morcegos de ferradura, unha especie incluída no catálogo galego de especies ameazadas. Na mesma zona observáronse outras especies incluidas no mesmo catálogo, como Dryopteris guanchica, Chioglossa lusitanica, Rana iberica, Schistostega pennata, etc.
4
sábado, 8 xuño10 a 14FerrolDoniñosCalexón Verdegaia (brigadas deseucaliptizadoras) Fernandoferyanezmarcelin@gmail.comO punto de encontro é o estacionamento do restaurante “El Gallo” en Valón ás 9:00 h, e dende aí iráse á
pé (5 minutos) ata a zona de intervención.
O monte do Calexón atópase en Valón xusto na cabeceira do val de Doniños, dende o monte vese todo o val, o lago de Doniños e nos días claros mesmo as illas Sisargas, sen embargo é un área moi castigada polas repoboacións de eucaliptos, o abandono das actividades tradicionais e as obras de acceso ó porto exterior de Ferrol; pero á vez trátase dun lugar moi visible pola veciñanza da comarca por atravesalo a estrada que conduce ás praias de Doniños e san Xurxo, así como o camino vello de Valón á igrexa de Doniños, o que pode darlle máis repercusión e visibilidade á actuación das brigadas. A zona de intervención é unha parcela de titularidade privada de case 1 hectárea, na que se queren recuperar os valores ambientais e paisaxísticos. A acción consistirá en machacar rebrotes dos eucaliptos que xa foron retirados para realizar no próximo inverno unha plantación recuperando especies nativas.
5
sábado, 8 xuño10 a 14CenlleLentilleLentilleAA.VV Lentille, Verdegaia (brigadas deseucaliptizadoras)Paulopaulovaamonde@gmail.comO punto de encontro é o estacionamento do Souto ás 9:30 h, e dende aí iráse á pé (10 minutos) ata a zona de intervención.Botámonos novamente ao monte na aldea de Lentille, concello de Cenlle (Ribeiro) para atacar a invasión de mimosa (Acacia dealbata) que sofre a comarca, da man da Asociación Veciñal de Lentille. Nesta roga continuaranse os traballos iniciados nas intervencións de 2018 e 2019 tanto no monte comunal do lugar como en parcelas colindantes. A veciñanza está empeñada en recuperar os valores naturais da aldea así como o patrimonio cultural asociado como os canais e pozos de rego antigos e paisaxe de socalcos. A intervención manual terá como obxectivo eliminar os pés de acacia mantendo as árbores autóctonas que conseguiron sobrevivir (carballos, érvedos, etc.).
6
sábado, 8 xuño9 a 14Ponte CaldelasPonte Caldelas e A InsuaGradìn (Cruceiro das Torres), Ponte Caldelas e A InsuaA Rente do Chan PLADEVER--arentedochan@gmail.com Casa da Cultura de Ponte CaldelasDe 9:00 a 9:30 charla introductoria sobre o proxecto de custodia do territorio de A Rente do Chan e tras a charla deseucaliptizar, protexer e sinalar as árbores autóctonas nos montes de Gradín, A Insua e no IES de Ponte Caldelas. Alumnos e profesores do IES de Ponte Caldelas están participando este curso escolar no proxecto educativo “O MONTE VIVO”, no que traballan activamente nunha actividade de custodia do territorio dunha parcela de dúas hectáreas de monte comunal anexa ao centro educativo. O proxecto estase a levar a cabo coa colaboración da comunidade de montes de Cuñas, a Escola Forestal de Lourizán, e o colectivo ecoloxista de Ponte Caldelas A Rente do Chan. A xornada inclúe seguro e almorzo. Inscripcións abertas ata o Mércores 5 de Xuño.
7
sábado, 8 xuño10 a 13 MoañaTiránDos RemediosAA.VV. de TiránFrancisco687870864pacofelo@hotmail.comCapela dos Remedios Limpeza de eucalipto de acacia no entorno da Capela e Adro
8
venres, 7 xuño9:30 a 12VigoTeisA MadroaArlequín (MonTeis) e Comunidade de montes de TeisLucas/Xulián617 90 24 09 / 620 03 68 80arlequinmonteis@gmail.comhttps://goo.gl/maps/8iEs6RZwVov A actividade vai consistir en apoiar os traballos de rexeneración que se veñen facendo no monte da Madroa pola Comunidade de montes de Teis, retirando exemplares de acacia moura: dende novas plantas nadas de semente, así coma rebrotes de tocón e ata exemplares máis grandes coa axuda da maquinaria, todo dependendo da idade e capacidades das persoas que colaboran. Nos claros que se abran plantaranse especies autótonas que axuden a manter a terra en armonía e fagan sombra a esta plaga. Neste monte a agrupación Arlequín está traballando no seu proxecto MonTeis retirando invasoras en parcelas onde está presente a Acacia moura. A actividade vai ser compartida con comuneiras e persoal técnico da Comunidade de montes de Teis, así como o voluntariado que poida sumarse neste día grazas a proposta de Cousa de Raíces.
9
sábado, 15 xuño9:30 a 13VigoTeisA GuíaArlequín (MonTeis) e Voces polo Litoral de TeisLucas/Xulián617 90 24 09 / 620 03 68 80arlequinmonteis@gmail.comEstacionamento que está subindo para a capela da Guía a man esquerda. https://goo.gl/maps/WYv2v5U3fKCq9C5u5Asistimos xunto coa asociación Voces polo Litoral de Teis a unha xornada de desacalización no monte da Guía, onde levan traballando anos eliminado acacia moura entre outras invasoras, protexendo así a monumental carballeira da Guía, a bolboreta arlequín e fermosos cerquiños costeiros. Quedamos no estacionamento que está subindo para a capela da Guía a man esquerda.
10
sábado, 8 xuño10.30 a 14.30GondomarChaín "Os Casás"Monte de VinciosComando Ghichas (autoriza: CMVMC de Vincios)Ánxeles600606166comandoghichas@gmail.comhttps://goo.gl/maps/22aVCULtdbtgmKodAEliminar eucaliptos que agromaron tras o incendio pasado. Punto de quedada: Rotonda que vai para Chaín e Couso, na estrada de Gondomar Vincios PO 331
11
mércores, 5 xuño18 a 21RianxoTaragoñaMonte de FilgueirasMovemento Veciñal Fousas ao Monte e CMVMC O FieitosoMiguel639782747fousasaomonte@gmail.comhttps://goo.gl/maps/aadAXQcru3j9TjGQ8É unha parcela de dúas hectáreas que até hai ano e medio estaba inzada de acacias e na que vimos traballando este tempo. Confiamos que con esta xornada práticamente quede eliminada toda a acacia deste anaco de monte veciñal da CMVM "o Fieitoso" de Taragoña. Imos rematar os traballos de eliminación de acacias que vimos desenrolando no ano e medio da nosa existencia.
12
sábado, 1 xuño10 a 13.30MonferoFornelosFragas do EumeBetula-605355650custodia.betula@gmail.comhttps://goo.gl/maps/uwYSNg8D8sERHntA6Betula accedeu por doazón á titularidade de dúas parcelas nas Fragas do Eume hai máis de dous anos, estableceu como prioridade a eliminación dos 350 pés de eucalipto que invadían este fermoso espazo de bosque atlántico. Conseguiuse a tala, non sen dificultades, tratando de non danar a vexetación orixinal. A segunda tarefa era eliminar os rebrotes sen sermos agresivos nun terreo con forte pendente e un alto grao de humidade. Tamén se conseguiu coas orientacións técnicas do socio Jorge que recomendou a cubrición dos cepos con plástico negro para evitar a luz e favorecer os fungos saprófitos. Feita a correspondente comprobación, xa é hora da retirada definitiva dos plásticos, que cumpriron a función agardada.
É polo que Betula convoca para o día 1/06/2019 a derradeira xornada de deseucaliptización nestas parcelas, sumándose así á convocada para o 8/06/19 a nivel xeral e agardando unha boa participación de voluntariado.
Concentrarémonos ás 10:00 h. no Centro de Acollida de Visitantes de Ombre (Pontedeume) e remateremos a actividade ás 13:30 h. Para participar é necesario inscribirse, achegando os datos persoais (nome completo e DNI) a Lan, tel. 605355650, custodia.betula@gmail.com, antes do 31/05/19. Precísase calzado axeitado e luvas.
13
domingo, 9 xuño10:30 a 14:30MelónTourónTourónAmigos da Terra, MVMC de Tourón, Asociación Vergasta-988 374 318voluntariado.galicia@amigosdaterra.nethttps://goo.gl/maps/XAH7aN67asq4CWnH9Eliminación de rebrotes de eucalipto tras os incendios de outubro de 2017. Inscricións antes do mediodía do venres 7 de xuño no formulario: https://forms.gle/hEz4oMu1A9pgmQWVA. Unha vez se peche a inscripción nos poñeremos en contacto coa xente interesada para pasarlle a información necesaria.

14
sábado, 8 xuño11.30 a 14.30 e das 16.00 ás 18.00Palas de ReiRamilZarra da CostaFundación Eira, ADEGAPepe659 68 33 84fundacion@eiradaxoana.galhttps://goo.gl/maps/GuMCfGP9w1nA actividade consistirá en cortar os tocos de mimosas (acacias) e esgazar os gromos ou rebentos. Preténdes con isto diminuír moito a capacidade de xermolar das mimosas e que seque a planta exótica invasora.
15
sábado, 8 xuño9 a 13CorcubiónSan Marcos de CorcubiónFinca CambeiroAsociación Boca de SapoFran666369026fransanlopez65@gmail.com, bocadesapo.corcubion@gmail.comhttps://goo.gl/maps/VZef7bmJsmMfY6Nf7Os traballos serán de mantemento dunha eliminación previa, desbroce e eliminación de rebrotes de eucaliptos e acacias nunha finca de 2 Ha, na que se están a plantar especies forestais autóctonas.
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
Loading...