I Circuíto de carreiras saudables CorreSAN,                                                                                                                   Santiago 29 Setembro 2012
O circuíto de carreiras CorreSAN constará de 4 probas que se disputarán nos mesesde xuño, xullo, setembro e outubro de 2012.
En cada proba haberá un percorrido para escolares e outro para adultos. As probascomezarán de xeito habitual pola proba de escolares e rematarán coa disputa da proba de
adultos. Os horarios das carreiras serán comunicados na semana anterior á disputa dasmesmas.
Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
A inscrición xeral no circuíto, tanto para escolares como para adultos, poderán realizala os días 21, 22 e 23 de xuño no Centro Comercial Hipercor Santiago, onde poderán recoller a camiseta oficial. Os clubs e centros escolares que desexen entrar nos premios destas categorías, deberán cubrir o formulario de inscrición de club, no cal indicarán os atletas que participarán no circuíto.
Os adultos tamén poderán facer a súa inscrición a través da web www.championchipnorte.com con prazo límite o mércores anterior á celebración da proba as 22 horas.
Os participantes escolares poderán remitir as súas inscricións ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com indicando en todo momento o nome e apelidos,data de nacemento, club e licenza federativa ou seguro se o/a ten e localidade de procedencia con prazo límite o mércores anterior á competición ás 22 horas. Tamén poderán facer a súa inscrición na web www.atletismogalego.org cubrindo o formulario de inscrición do CorreSan (picar sobre o cartel).
O prezo da inscrición será o seguinte:
- ESCOLARES -------------------- GRATUITA
- ADULTOS:
� Xeral nas 4 probas do circuíto: 15 €
� Inscrición individual por proba: 5 €
(Os non propietarios de chip amarelo terán que pagar 1 € a maiores por proba en concepto de aluguer de chip)
Sign in to Google to save your progress. Learn more
NOME *
APELLIDOS *
DATA  NACIMIENTO *
(01/01/0000)
LICENCIA /SEGURO ESCOLAR
 
CLUBE , COLEXIO  
indicar  el nombre de cualquiera de los tres
Telefono   *
Correo electronico
LOCALIDADE
CATEGORIAS *
Marcar a la categoria que perteneces
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy