CRUCEIROS de ORDES
En Ordes hai 17 cruceiros (máis algúns pertencentes a particulares).
O cruceiro típico consta dos elementos que vemos na foto da esquerda:
O fuste da columna acostuma ter forma cadrada pero coas esquinas rebaixadas (forma octogonal non regular).
A cruz soe ter dúas figuras:
(a orientada cara ao camiño)
Habitualmente están a menos de 100 metros da igrexa (ás veces no adro) preto dun cruce de camiños.
CRUCEIROS DE ORDES: CRUCEIROS SEN FIGURAS
Hai 4 cruceiros moi sinxelos que simplemente constan dunha cruz sen ningunha figura.
Son bastante modernos e, nalgún caso, feitos totalmente de formigón.
Cruceiro de Montaos Cruceiro do Outeiro en Poulo Cruceiro de Barbeiros
Cruceiro de Cestaños
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DE BEÁN
Entre a igrexa e a escola unitaria. As gradas e o crucifixo cunha única figura en túnica abrazada a unha cruz parecen bastante máis recentes que o varal.
CRUCEIRO DE VILAMAIOR
Destaca polo seu gran tamaño (máis de 5,5 metros) e polas polémicas que orixinou a venta do terreo onde se atopa.
Feito de formigón, orixinalmente tiña un Cristo mirando cara á igrexa e unha Virxe detrás, pero esta última está case totalmente estragada.
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DE PARADA
É unha especie de transición. Carece de capitel e só ten unha figura, iso si, de gran tamaño: un crucificado.
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DO MESÓN DO VENTO
Típico cruceiro cun Cristo crucificado e unha Virxe orando, ambos voluminosos, rústicos e inxenuos, imitando modelos antigos.
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DE CABEZA DE LOBO (ARDEMIL)
Destaca a cruz bastante complexa na que os brazos rematan nunhas semiesferas chamadas boceis. Hai dúas figuras ben definidas: un Cristo e unha Virxe orando.
O varal é moito máis recente.
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DA RÚA DE BUSCÁS
Moi peculiar: Ten unha alta base, fuste redondo, capitel toscano e unhas figuras moi estilizadas: un Cristo (ao que lle falta o brazo dereito) e unha Virxe das Dores cunha longa espada no peito.
CRUCEIROS DE ORDES
Tamén na parroquia de Buscás temos no lugar de “Cruz de Pedra” o apropiadamente denominado “Cruceiro agochado” por estar no borde dun monte que case o tapa á vista (sobre todo en primavera e verán). Sobre unha columna de fuste redondo sen capitel -só un aro de ferro- hai unha única figura: unha Piedade.
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DE LEIRA
Situado na carballeira fronte á Igrexa.
A cruz ten un Cristo crucificado e unha Piedade (unha Virxe sostendo o cadáver de Xesús).
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DE LESTA
Ten varias peculiaridades:
Está nunha costa, polo que as gradas acúrtanse. É moi esvelto e ten unha cruz leñosa moi pouco habitual na zona -só o da Calle de Poulo a ten parecida-.
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DA CALLE (POULO)
Ao igual que o de Lesta está en pendente, polo que se lle engadiu un pedestal.
Tamén é moi esvelto e ten dous capiteis, un pequeno enriba doutro.
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DE PEREIRA
É moi peculiar. Non ten figuras na cruz pero si no capitel, entre elas as de San Antonio de Padua e San Francisco de Asís. Tamén hai unha Piedade moi desgastada nas gradas.
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO DE MERCURÍN
Un dos máis antigos (1646) e un gran exemplar da arte barroca.
Na parte alta ten dúas figuras: un Cristo e unha María Madalena no lugar que habitualmente ocupa a Virxe. No varal aparece outra figura: San Clemente con mitra e báculo de bispo.
CRUCEIROS DE ORDES
CRUCEIRO da VILA de ORDES
Cruceiro barroco datado segundo inscrición do varal en 1631. Despois de numerosos traslados está agora no adro da Igrexa parroquial. Destacan un Cristo e unha Virxe do Rosario sobre capitel de volutas e tamén destaca o moi decorado varal.
Presentación e fotos: Xan Ferreiro