HÓRREOS DE ORDES
QUE É UN HÓRREO?
Basicamente un hórreo é un pequeno edificio destinado a gardar e secar o gran. Isto implica que ten que ter orificios ou regañas nas paredes para que pase o aire. Ademais para protexer o gran dos roedores debe estar a certa altura do chan sobre algún tipo de plataforma (“tornarratos”) que lles impida o acceso. Para saber máis.
HÓRREOS DE GALICIA
Aínda que hai hórreos en moitas partes de Europa, Galicia é un dos lugares onde é máis abundante, ata o punto que se considera unha especie de símbolo. Os hórreos de Galicia teñen certas características propias (planta rectangular por exemplo) que os diferencian dos hórreos de Asturias e Cantabria, pero ao mesmo tempo, son tamén diferentes entre si.
En cada comarca facíanse hórreos lixeiramente distintos, segundo os elementos construtivos dos que dispuxeran (granito, xisto, madeira, lousa …), o clima ou mesmo a moda. Os hórreos tradicionais de Ordes pertencen ao chamado TIPO MAHÍA.
HÓRREOS TRADICIONAIS DE ORDES
Os hórreos tradicionais de Ordes son mixtos: estaban feitos de cachotería (pedra miúda) e madeira de castiñeiro.
O tellado a dúas augas era de tella cerámica curva (tella romana). Nos máis antigos prolóngase e normalmente non levan ningún adorno. Nos máis modernos o tellado chega ata os penais. Enriba destes hai unhas sobrepenas e sobre elas acostuma haber adornos, un deles unha cruz.
Os soportes son cepas transversais, dúas nos hórreos máis pequenos e tres como número máis habitual.
Unha variante bastante difundida é a sustentación sobre unha base maciza. Este sistema emprega máis pedra sen ningún beneficio extra co cal debemos supoñerlle unha finalidade estética. Nalgún lugar como A Castiñeira (Leira) era o modelo exclusivo.
HÓRREOS DE MADEIRA
Segundo os expertos no tema, os hórreos de madeira foron os primeiros que se fixeron, pero a fraxilidade do material a longo prazo ocasionou que queden moi poucos e que fosen sendo substituídos por hórreos doutros materiais.
Doutra banda os cabazos ou cabaceiros, en Ordes chamados cabanotes, feitos de varas e con tellado de xesta ou palla, que eran provisionais, desapareceron nos anos 60-70.
A Folgueira (Ardemil) O Castro (Leira)
Cabanote na parroquia de Buscás.
Foto de 1965.
Gustav Henningsen.
HÓRREOS DE PEDRA
Quedan poucos e, en xeral, bastante mal conservados (especialmente o tellado).
Mesón do Vento (Ardemil) Porta do Nó (Ardemil)
Un exemplo espectacular. O hórreo do Pazo do Bidueiro, perfectamente conservado e restaurado. Hoxe serve de decorado para as fotos das parellas no día da súa voda.
O Pazo (Ardemil) A Salgueira (Ardemil)
Conxunto de tres hórreos tradicionais en Vilaverde (Ordes). No 2º hórreo hai unha
cruz de madeira no penal.
A Margarida
(Buscás)
Campo do Sino
(Vilamaior).
HÓRREOS DE PEDRA REVOCADA
Xa a comezos do século XX comezouse a revestir os hórreos con cemento porque era a moda imperante. Considerábase a pedra como signo de rusticidade, por iso quen tiña posibilidades tapábaa. Tamén comezaron a empregarse adornos e a facerse os hórreos de base maciza. Co tempo a tella romana foi deixando de usarse en favor da tella plana alicantina.
Loureda (Mercurín) O Casal (Ordes) Hórreo dos Viqueira, un dos máis longos do concello.
Cada división leva supostamente 100 ferrados de millo, así que este
hórreo ten unha capacidade de 500 ferrados de millo.
Reboredo (Ordes) Hórreo de José
Vilariño. Feito en 1925.
Pepín (Mercurín) A Portela (Mercurín)
A Castiñeira (Leira)
Os Blancos (Ordes).
Hórreo onde se observa
perfectamente a base
maciza de pedra.
O Casal (Ordes). Hórreo dos
Barreiro, feito en 1932.
Completamente revocado.
OS ANOS 50
Os anos 50 son a fronteira entre os vellos tempos e a modernidade. Nesta década constrúense as últimas casas de pedra e comeza o reino do formigón e do ladrillo. Antes diso os hórreos das casas con bo nivel fanse xa de formigón pero aínda seguen a imitar os vellos modelos mixtos de madeira.
Ordes - Rúa dos Lagartos
Poulo - Calle.
Hórreo cunha placa
que indica o seu ano de construción: 1950.
Cestaños (Parada)
1950-1970
Estas dúas décadas son o cambio. Os hórreos fanse de ladrillos colocados horizontalmente entre columnas de cemento. As cepas van deixando paso ao celeiro onde se poden gardar ferramentas, sacos ou mesmo o can. O tellado pode facerse de tella ou de placa de cemento e comeza a aparecer a uralita.
Merelle (Ordes)
Hórreo de 1959.
A Espenica (Ordes)
A Espenica (Ordes)
Hórreo de 1968.
Na zona norte do concello, xógase coa
colocación dos ladrillos para conseguir
un curioso efecto estético.
Hórreo de Cortiñas na Barcula (Ardemil).
1970-1990
Sobre o ano 1970 o anterior tipo vai sendo substituído progresivamente en poucos anos polo de ladrillo especial (máis ancho e con orificios). Os hórreos teñen unhas dimensións máis variables. A Uralita é a raíña dos tellados.
Merelle (Ordes) Vilagudín (Lesta)
Hórreo de 1968. Vilasuso (Beán)
O Brumeiral (Leira)
De 1990 en adiante
Son anos de bonanza económica. Moita xente abandonou o traballo no campo pero segue tendo a súa residencia no rural. En moitos casos os hórreos deixan de ser unha necesidade e son un adorno. Fanse imitando aos doutros lugares, volve a verse a pedra, restáuranse algúns vellos, etc. Mentres, os campesiños seguen usando os seus vellos hórreos e empregando os materiais máis baratos cando teñen que facer un novo.
O Castro (Ardemil)
Hórreo restaurado. A Rúa (Buscás). Hórreo moderno. O Brumeiral (Leira) Hórreo de tea de arame.
Reboredo (Ordes)
HÓRREOS
PECULIARES
Hórrea en Codeseda (Leira).
As hórreas teñen máis capacidade que os hórreos Tradicionais.
Igrexa (Lesta). Hórreo de 1940
con tellado de lousa e un tono
estético completamente extraño
na época.
Merelle (Ordes) Hórreo antigo arranxado, Os Blancos (Ordes). Hórreo antigo
cepas revocadas e penais de ladrillo. arranxado. A outra parede é de madeira.
HÓRREOS
PECULIARES
Tamén en Parada está o hórreo da familia Recouso. Feito en 1924 non co xisto típico da zona senón con bloques de granito, incluídas as 4 cepas. A súa capacidade supera os 300 ferrados. Perfectamente restaurado, as táboas, tellas e cruz son novas.
Na parroquia de Parada, preto da igrexa de Santa Mariña, atopamos esta enorme hórrea pertencente á familia Del Valle, os propietarios da Casa Grande. As súas dimensións son duns 21 metros de longo por case 6 de anchura, o que ven significando que a súa superficie é duns 125 metros cadrados, a maior do concello (que eu saiba). Ten tellado de lousa a 4 augas. Foi restaurado arredor do ano 2013.
HÓRREOS
PECULIARES
O hórreo do Pazo de Codeseda é bastante inhabitual: as pedras non son o típico xisto miúdo senón pequenos bloques de cantería, hai un penal no medio e está sobre un celeiro tamén de pedra.
O espectacular hórreo de Bello en Lamela (Pereira).
Dimensións moi grandes (uns 9 X 4,5 metros). Celeiro feito de pedra con cantería na porta. Bloques de cantería no corpo do edificio. madeira de castiñeiro e tellado de uralita a tres augas.
FOTOS e TEXTO:
Xan Ferreiro