1 of 19

O LIBERALISMO POLÍTICO DE LOCKE

2 of 19

VIDA e OBRA

  • Jonh Locke, s. XVII, Inglaterra (1632–1704)
  • Estudou medicina na Universidade de Oxford, e traballou como médico, pero inclinouse pola filosofía tras descubrir a Descartes.
  • Militou no Partido Liberal e a súa oposición ao absolutismo obrigouno a exiliarse nos Países Baixos.
  • Considerado o pai do empirismo e do liberalismo

  • Obras: Carta sobre a tolerancia, Dous tratados sobre o goberno civil (1689), Ensaio sobre o entendemento humano.

3 of 19

CONTEXTO HISTÓRICO SOCIAL E FILOSÓFICO

  • Época marcada polas constantes guerras que se desenvolveron no continente europeo, tanto por motivos relixiosos como comerciais.
  • O século XVII é un século de crise en Europa, cuxos Estados estaban gobernados por monarquías absolutas.
  • Tras un período de guerra civil e do goberno ditatorial de Cromwell, triunfou a Revolución Gloriosa de 1688.
  • Inglaterra convértese no primeiro país que instaura unha monarquía democrática, pero é unha democracia bastante limitada.
  • A clase social máis favorecida nestas loitas vai ser a burguesía.

GONZÁLES COQUES “EXECUCIÓN

DE CARLOS l DE INGLATERRA” (1649)

4 of 19

CONTEXTO HISTÓRICO SOCIAL E FILOSÓFICO

  • Consolidación e progreso das ciencias: Galileo, Descartes, Newton, Pascal…
  • Crise definitiva da Escolástica, refuxiada nos conventos e nas universidades.
  • Descartes, algo maior que Locke, inaugura o Racionalismo que, xunto ao empirismo de Locke, co precedente de Bacon, van constituír os dous alicerces da Filosofía Moderna.
  • Convicción de que só será posible unha filosofía aportadora de novos coñecementos se esta investiga como o fan as ciencias.

5 of 19

CONTEXTO HISTÓRICO SOCIAL E FILOSÓFICO

  • Xorde a primeira gran diferenza entre o racionalismo e empirismo:
    • O racionalismo acudirá o método deductivo, empregado polas matemáticas, o empirismo, pola contra, cre que só o método que utilizan os físicos, o inductivo, é o que pode proporcionar ao filósofo un coñecemento certo do ser humano e do mundo. O racionalismo sostén que posuímos ideas innatas e o empirismo fala da mente como folla en branco.
  • O outro capítulo da filosofía de Locke vén dado pola súa filosofía política. As súas ideas neste campo quedan plasmadas na súa obra Dous tratados sobre o goberno civil.

6 of 19

O liberalismo político

O estado de natureza e o contrato social

  • Durante a idade media, o exercicio do poder por parte dos reis concebíase coma un dereito divino.
  • Contractualismo: No século XVII, aparece esta concepción segundo a cal o exercicio do poder basease nun hipotético pacto ou contrato entre os cidadáns.
    • Constituirá unha das bases teóricas fundamentais para as democracias modernas.
  • Esta teoría será usada para xustificar o uso do poder tanto por parte dos réximes absolutistas (Hobbes) coma dos modelos parlamentarios (Locke).

7 of 19

O liberalismo político

Hobbes no“Leviatán”(1651):

  • Os homes vivirían inicialmente nun estado de natureza, en completa liberdade e igualdade, e non existiría a lei nin a autoridade.
  • Hobbes pensa que o home é egoísta por natureza e se non ten limitacións, convírtese nun lobo para o home e o estado de natureza convértese nun estado de guerra xeralizada no que non merece a pena vivir.
  • De aí que os homes tenten saír desta situación, renunciando á súa liberdade e a outros dereitos persoais e pactando unha forma de vida máis represiva pero máis segura.
  • Traspásase o poder a un soberano ao que se someterán a cambio de protección. Este pacto constitúe a orixe do Estado (Hobbes chama ao Estado “Leviatán”).
  • O exercicio do poder por parte do soberano debe ser absoluto; ningún ser humano nin ningunha institución pode quitarlle parte do seu poder.

8 of 19

O liberalismo político

  • A concepción pesimista da natureza humana leva a Hobbes a defender o estado absolutista. Locke tentará xustificar o poder nun estado non absolutista, con un modelo político baseado nunha monarquía limitada polo poder de un parlamento.
  • Dous tratados sobre o Goberno Civil.
  • No primeiro tratado critica as xustificacións do absolutismo de autores da época coma Sir Robert Filmer . O exercicio absolutista do poder era considerado algo natural por Filmer.

9 of 19

O liberalismo político

  • No segundo tratado sobre o Goberno Civil, Locke expón a súa teoría en torno ao nacemento do Estado e á xustificación do exercicio do poder.
  • Para Locke a lexitimación do Estado tamén é froito dun pacto entre os individuos.
  • Os homes, no estado de natureza son iguais e non están sometidos a ningún tipo de autoridade. Este principio da liberdade e igualdade é fundacional na filosofía política moderna.
  • Esta liberdade non consiste en que cada un poida facer o que lle veña en gana, pois o home ten unha lei natural que o goberna e que obriga a todo o mundo.
  • A lei natural ensínanos a todos que, ao ser iguais e independentes, ninguén pode perxudicar a outro na súa vida, liberdade ou posesións.

10 of 19

O liberalismo político

  • A lei natural está inscrita “no corazón dos homes” e obriga a todos antes que calquera lei positiva aínda que existan homes que non queiran seguila.
  • Todos os individuos nacen cunha razón coa cal poden discernir entre o ben e o mal, e cuxo primeiro e máis forte desexo é o de preservar a humanidade e de non danar ao outro, pois a vida, a liberdade e os bens son propiedade de toda persoa, en tanto son os seus dereitos irrenunciables.
  • No estado de natureza un home ten dereito a xulgar e castigar a quen non respecta a lei natural, converténdose o transgresor nun perigo para a humanidade

11 of 19

  • Pero no estado de natureza non hai ningunha forza que teña o suficiente poder como para obrigar a que se cumpran estes dereitos.
  • Unha das orixes dos enfrontamentos entre homes é o diñeiro. No estado de natureza o home é propietario do que é capaz de producir e consumir. Pero coa invención do diñeiro dáse a posibilidade de acumular propiedades e xorde así o conflito e os homes atópanse sumidos pronto nun estado de guerra.
  • O estado de guerra leva aos homes a que ingresen nunha sociedade civil, onde o goberno actuará como xuíz e protexerá os dereitos -xa preexistentes- á vida, a liberdade e a propiedade. O seu poder provén do “consenso dos gobernados”.

12 of 19

O liberalismo político

13 of 19

O liberalismo político

  • Cando un home entra na sociedade civil e se converte en membro dela, renuncia ao poder executivo que tiña para castigar os delitos contra a lei da natureza. O poder do Estado non pasa a ser absoluto, senón representativo.
  • Os gobernantes deben estar ao servizo dos individuos (que depositan neles a súa confianza) que renuncian ao seu poder executivo para que o Estado defenda os seus dereitos.
  • No caso de que o goberno non cumpra a súa función, o pobo ten dereito á insurrección, á anulación do pacto e á instauración de un novo goberno.
  • O goberno disólvese cando o lexislativo ou o monarca actúan traizoando a confianza (trust) que se depositou neles, revertendo o poder á comunidade, que establecerá un novo lexislativo e executivo.

14 of 19

O liberalismo político

  • Se a teoría política de Hobbes era unha defensa do absolutismo, a de Locke é un ataque frontal a este modelo político e é unha defensa do liberalismo político, modelo no que a burguesía tenta defender politicamente os seus dereitos.

Guillermo III se presenta como Rey de Inglaterra ante el Parlamento (1689) (detalle).�Fue él quien aprobó la carta de derechos (Bill of Rights) que convirtió a Inglaterra en una monarquía parlamentaria.

15 of 19

O liberalismo político

  • O poder non pode concentrarse nunhas únicas mans senón que ten que distinguirse:

  1. O poder lexislativo: O parlamento (no que estaría representada a burguesía) que elabora as leis.
  2. O poder executivo: O monarca e o goberno que aplica as leis e sanciona o seu incumprimento.
  3. O poder federativo: Establece as alianzas e rupturas entre nacións.

16 of 19

O liberalismo político

A obra política de John Locke tivo moita influencia:

  • Inspira a teoría de Montesquieu e a súa separación de poderes.
  • Tivo gran repercusión no sistema parlamentario inglés e nos gobernos xurdidos da democracia burguesa para limitar ao absolutismo e concentrar o poder lexislativo nas institucións representativas.
  • Voltaire foi un ardente propagandista dela, e as súas ideas foron amplamente diseminadas entre os enciclopedistas franceses do século XVIII.
  • As dúas declaracións dos dereitos do home, a de Estados Unidos de 1787 e a de Francia de 1789, inspiráronse directamente no Segundo tratado do goberno civil.

17 of 19

O liberalismo político

  • Pero, ¿eran esas democracias como as entendemos hoxe en día?, ¿estaban representados todos os sectores da sociedade?, ¿era relamente o pobo o que gobernaba?

18 of 19

O liberalismo político

  • Non. O Segundo tratado é a filosofía dun grupo privilexiado, de propietarios vinculados entre si con específicos intereses de clase. O goberno parlamentario é elixido polos ricos. Os pobres non participan do poder político, convertendo ao Estado lockeano nunha sociedade de propietarios.
  • Locke non era un demócrata no sentido actual do termino, pois excluía ás mulleres e aos pobres dos dereitos de cidadanía. Os seus principios son moito menos igualitarios que o que parecen a primeira vista.

19 of 19

O liberalismo político

  • Locke foi un teórico do goberno por consenso, pero non da democracia nunha época na cal non existía ningunha, e ese consenso era o realizado polos sectores que el consideraba que debían dirixir os destinos políticos do seu país.