MÚSICA
TRADICIONAL
GALEGA
OS VIQUEIRAS
DE ORDES
Ardemiro tamén está aprendendo
a tocar a gaita!
Quen son Os Viqueiras ?
Son un grupo de música tradicional galega fundado en Ordes nos anos 90 por un gran gaiteiro chamado
Manuel Viqueira
(falecido no ano 2015).
Xunto cos seus fillos: Manolo, Paco e Fernando.
Na actualidade son moitos máis integrantes que se alternan nas distintas actuacións.
Liderados polo seu fillo maior, tamén chamado Manuel, son coñecidos por actuar en múltiples eventos por toda a comarca.
Eles crearon
“As Noites de Tasca”
aludindo tanto as antigas tabernas como ás festas que se facían cando remataba o proceso do liño.
Que é a música tradicional?
Son as cantigas e danzas que forman parte do folclore de Galicia e que se conservaron durante séculos de forma oral (sen transcribirse a unha partitura).
para celebrar distintos eventos
como as festas patronais.
O tipo de danza máis coñecido
en Galicia é a muiñeira.
Se queres información máis completa, fai clic aquí.
Os instrumentos tradicionais
Os instrumentos tradicionais máis significativos son a gaita (vento) e a pandeireta (percusión).
O bombo e o tambor ou tamboril son os outros dous instrumentos típicos dos grupos tradicionais.
Pero non sempre foron instrumentos accesibles a todos polo seu prezo. Por esta razón cunchas, tixolas, baldes de metal, un botella de anís, unha lata de pimentón, un sacho golpeado cun seixo, paus... servían de acompañamento habitual nos momentos de traballo ou cando non se dispuña doutra posibilidade.
A gaita�tradicional galega
A gaita é o instrumento tradicional por excelencia.
Normalmente facíase de madeira de buxo, arbusto que necesitaba anos para medrar. Agora tamén se fan de pau santo e granadillo.
O fol permite que non haixa que soplar continuamente e que o gaiteiro poida respirar.
A gaita tradicional galega
Estas son as partes dunha gaita.
Ata o século XIX non aparece o ronquillo e na 2ª metade do XX aparece a ronqueta.
Actualmente tamén hai gaitas de inspiración escocesa que non son ben aceptadas polos máis tradicionais.
O bombo tradicional
Feito de madeira de bidueiro, faia, etc.
Distínguese dos bombos modernos en que o seu sistema de tensión está feito de cordas e non de metal.
O tambor�
Feito de madeira de bidueiro, arce, faia ou piñeiro e coiro de ovella ou cabra.
Tamén o seu sistema de tensión está feito de cordas. Habitualmente cólgase da cintura.
Máis pequeño é o tamboril.
Un típico cuarteto tradicional
A Pandeireta
A pandeireta é o outro instrumento tradicional por excelencia. Era moi usada porque era moitísimo máis barata e fácil de facer ca gaita.
A pandeireta consta dun aro con ferreñas de latón (entre 9 e 13 pares) e unha pelica lateral.
Tócase dando golpes coas partes da man ou facendo vibrar o coiro cos dedos, acción que se chama
repenicar ou triscar.
Outros instrumentos
O pandeiro é un instrumento cadrado (aínda que en algunhas zonas tamén era redondo) cun marco de madeira de 2-3 cm de groso e 40-50 cm de lado. A pelica acostumaba ser de pel de cabra ou ovella (e se facemos caso ás cantigas tamén de can).
As cunchas de vieira tamén son moi usadas pola súa abundancia.
Recorda!�
Como din “Os Viqueiras”:
- Non só debemos preocuparnos do idioma.
A música e a danza tamén forman parte da nosa esencia e do que nos distingue como pobo.
Debemos protexelas e coidalas!