1 of 8

PROCESIÓN

DAS XÁS

Autor:

Grupo:

Materia:

2 of 8

ONDE SUCEDERON OS FEITOS?

Esta lenda galega non se asocia a ningún territorio concreto da nosa terra.

3 of 8

RESUMO DA LENDA

A procesión das Xás é moi parecida á da Santa Compaña, aínda que cunha importante diferenza: na primeira, os que realizan a procesión son as pantasmas dos mortos; na segunda, son as pantasmas dos vivos.

4 of 8

Marchan formando dúas ringleiras e portan un cadaleito. Canto máis preto do ataúde están os seus membros, máis cedo será a súa morte. Os que van máis lonxe poden tardar entre tres e catro anos en falecer.

5 of 8

O encontro soe producirse nas encrucilladas (cruce de camiños), onde é habitual que se deteñan cos defuntos para que o sacerdote bote os responsos.

6 of 8

Se o que se atopa coa procesión é amigo dalgunha das persoas que vai nela, o único que lle farán será levalo polo aire a outro lugar; se é inimigo, daranlle unha malleira e arrastrarano polas silvas.

7 of 8

Moi poucas persoas poden chegar a ver esta procesión. Para ser unha delas, no seu bautizo tivo que ocorrer unha desta dúas cousas:

  • O padriño rezou mal o credo.
  • O bautizado recibiu os óleos da extrema unción e non os do bautismo porque o sacerdote os confundiu.

8 of 8

BIBLIOGRAFÍA