1 of 11

O Salgueiro Chorón

Esteban Doporto Fernández 6ºB

2 of 11

Salgueiro chorón

  • Tamén chamado chorón

  • É unha árbore caducifolia

  • Moi apreciada como especie ornamental

  • Nome científico: Salix babylonica

3 of 11

Descrición

  • É unha árbore de talla media

  • Pode chegar a 10 ou 15 metros de altura

  • As follas: alternas, simples, lanceoladas, con dentado fino.

4 of 11

Distribución

  • É orixinaria de China

  • Tróuxose para Europa a finais do século XVI.

  • Prefire solos húmidos e lixeiros.

  • En Galicia abunda en parques e xardíns preto dos regos.

5 of 11

Cousa curiosa

  • Plántase como árbore de ribeira, xa que as súas raíces poden acadar grandes distancias para atopar auga.

Nomes populares

  • galego: salgueiro chorón; cast.: sauce de Babilonia, sauce llorón, llorón, desmayo

6 of 11

Localizacion

  • Praza das Regas (1); barrio da Seca (1); paseo de Valle Inclán (1); 'Aurea': parque de Rosalía de Castro (2); illa do Covo (Illa das Esculturas) (3); IES A Xunqueira II (12); campus universitario (xunto os campos de fútbol) (2); estación de autobuses (1); xardín entre a avenida de Augusto García Sánchez e o parque da Constitución (3); avenida de Bos Aires (2); centro de formación e recursos de Pontevedra (CFR) (1); IES A Xunqueira I (1); IES A Xunqueira (6).

7 of 11

Momentos de interese

  • Practicamente todo o ano polo porte chorón e a cor amarela, alaranxada ou dourada das pólas, aínda que destacariamos o comezo da primavera cando florea e ten as follas novas.

8 of 11

Orixe e Etimoloxía

  • Orixe: crese que esta especie é natural da antiga Persia (actualmente, Irán) e do Cáucaso. Outros autores coidan que tamén o é da China, Mongolia e/ou do Xapón.

  • Etimoloxía: o xénero é o nome dado polos romanos aos salgueiros, tanto ás pólas como á madeira, e o epíteto específico foi dado porque Carl von Linné (L.) considerou que a árbore era natural de Babilonia, onde posiblemente era cultivada. O cultívar 'Aurea' (b, c, d) chámase así pola cor dourada das póliñas

9 of 11

Coplas populares

  • "A aldea de Palavea� Aldea de moita lama;� Que se dan as nenas nela� Como salgueiro na braña.“

  • "Salgueiro prende de escallo� E abeneiro de raís;� Amores que fostes doutros� Para min non me servís."

10 of 11

  • "Eu ben vin andar o merlo� Dende salgueiro a salgueiro� Casa aquí, casa acolá,� ¡O merlo sempre solteiro!

"Prende salgueiriño prende� Prende na fonte serena;� Que tamén os meus ollos prenden� Nos olliños dunha nena."

11 of 11