PAULA LÓPEZ GAYOSO 5ºC
Esténdese entre as prazas de Curros Enríquez e Méndez Núñez, e conta coa honra de ser unha das poucas rúas da cidade que manteñen a mesma denominación e un percorrido similar dende a época do medievo.
O seu nome fai referencia a Gonzalo de Eans, notario da vila que viviu nesta zoa dende o ano 1298. Posteriormente a rúa sería bautizada co seu nome, o cal aparece reflectido en documentos datados a partires do 1343.��Na década do 1850 recibiu por primeira vez un pavimento de lousas de pedra, aproveitando a grande cantidade de pedra procedente das múltiples demolicións que se levaron a cabo neses anos, como por exemplo de diversos tramos da muralla do medievo.
Unha foto antiga da rúa Don Gonzalo
Unha foto actual da rúa Don Gonzalo