1 of 16

AMOR DE HOME

Sara Bouzón Verea 6ºB

2 of 16

1.-NOME

O seu nome científico é Tradescantia fluminensis , unha especie do xénero Tradescantia.

Entre nós é coñecida por Amor de Home.

Outros nomes: Amor de hombre, oreja de gato, flor de Sta. Lucía, Sta. Lucía Blanca, judío errante, cariño de los hombres (Asturias), erva da fortuna (Portugal)...

3 of 16

2.-ETIMOLOXÍA

  • Tradescantia: nome xenérico na honra de John Tradescant Jr.: nome xenérico na honra de John Tradescant Jr. (1608-1662), naturista e viaxeiro, quen introduzo no Reino Unido moitas especies de plantas americanas recolleitas nas tres expedicións que realizou a Virxinia (Estados Unidos).

  • fluminensis: significa "de Flumen Januarii , nome en latín da cidade  Rio de Xaneiro".

4 of 16

3.-SINÓNIMOS

  En galego, Orella de gato.

Outros (diferentes especies):

-Tradescantia albiflora�    - Tradescantia decora�    - Tradescantia fluminensis f. tenella�    - Tradescantia fluminensis var. pubescens�    - Tradescantia fluminensis var. tenella�    - Tradescantia laekenensis�    - Tradescantia mundula�    - Tradescantia mundula var. scabrida�    - Tradescantia tenella�

5 of 16

4.-ORIXE

  • Orixinaria de América do Sur, do SE de Brasil

ata Arxentina.

Mapa da distribución mundial

6 of 16

5.-CARACTERÍSTICAS

  • Herba alóctona invasora.
  • Perenne, provista de tallos rastreiros tendidos polo chan, radicantes nos nós e moi ramificados. Teñen follas de entre 3 a 6 cm, ovadolanceoladas, algo carnosas, verdes ou ás veces con tinguidas purpúreas no envés, aínda que tamén hai formas con branco ou crema na face,cuns pelos na base das vainas.

7 of 16

  • Florece de marzo a setembro. As flores son brancas ou lila claro.
  • Os froitos son cápsulas que conteñen as sementes.

Reprodúcese por

sementes, e por medio dos tallos capaces de botar raíces nos nós.

8 of 16

6.-HÁBITAT

  • Necesita niveis de iluminación nin moi altos nin moi baixos, resultando moi sensible tanto á insolación directa como ao sombreado total.
  • Precisa dunha elevada humidade do chan.

9 of 16

  • É moi termófila, aguanta temperaturas relativamente altas aínda que tolera mal as xeadas.

10 of 16

7.-MOMENTO DE MAIOR INTERESE

  • É durante a floración, de marzo a setembro.

11 of 16

8.-USOS/UTILIDADES

  • Ornamental, para cubrir solos, xardíns, macetas.
  • Na medicina natural úsase a cocción das flores para obter un colirio para a conxuntivite.

12 of 16

9.-ETNOLOXÍA

As lendas fan alusión aos distintos nomes :

  • "Amor de home" responde á crenza popular que sostén que na casa que se teña esta planta nunca vai faltar o amor dun home. 
  • Xudeu errante”, xira arredor da lenda do xudeu que se negou a socorrer a Cristo e foi maldito por el a vagar toda a eternidade. 

Tamén en relación a capacidade tan rápida de propagación que ten.

13 of 16

  • "Flor de Santa Lucía o Santa Lucía", nome que invoca á santa protectora da vista, e fai referencia ao tradicional uso medicinal como colirio para problemas oculares.

14 of 16

10.-LOCALIZACIÓN

Moi frecuente en toda a Galicia costeira, pero

tamén no interior.

No paseo polo río Gafos, topámola sen buscala

tapizando a beira do río.

15 of 16

11.-OUTRAS CURIOSIDADES

En España "Debido o seu potencial colonizador e constituir unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, foi catalogada no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado por Real Decreto 1628/2011, de 14 de noviembre, estando prohibida en España a súa introducción no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

16 of 16

  • Posúe unha alta capacidade de reprodución vexetativa a partir de raíces adventicias ou por fragmentación de talos. De feito, pódese rexenerar de anacos menores de 1 cm de lonxitude.
  • Para a súa erradicación en pequenas áreas invadidas, pode ser eficaz a retirada manual, aínda que debe facerse en dúas ou tres ocasións para conseguir retirar os fragmentos que enraícen.
  • Tamén se usa o sombreado ou produtos químicos.