TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
IES DO CASTRO
VIGO
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE é un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza a manifestarse ao longo da infancia e que inflúe negativamente no funcionamento e no desenvolvemento das nenos/as e dos adolescentes afectados.
Estímase que afecta entre un 3 e un 7 % da poboación en idade escolar e máis frecuente nos homes ca nas mulleres.
A desatención obsérvase na existencia de comportamentos como a dificultade para manter a concentración nas tarefas, a falta de perseveranza durante a súa realización e a desorganización. A hiperactividade refírese ao exceso de mobilidade e á inquietude constante. E a impulsividade ten que ver coas actuacións sen pensar nas consecuencias, coa procura da recompensa inmediata, así como a dificultade para agardar polos beneficios que se demoran no tempo.
Na actualidade, considérase que o trastorno pode amosarse en tres modalidades diferentes:
Hai certo consenso en que as causas do TDAH poden ser de orixe neurobiolóxica, afectando ás rexións frontais do cerebro.
Outros trastornos asociados máis frecuentemente co TDAH son o trastorno negativista desafiante, os trastornos da aprendizaxe, os trastornos por tics e os trastornos de ansiedade.
As seguintes condutas poden indicar inatención:
As seguintes condutas poden indicar hiperactividade:
As seguintes condutas poden indicar impulsividade:
A atención a esta problemática na escola vese reflectida no Decreto 229/2011, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado, no que se establece que “ningunha circunstancia persoal ou social pode ser motivo de discriminación á hora de organizar a atención educativa do alumnado, polo que os centros educativos deberán ofrecer unha resposta que compense as diferenzas individuais de todas os alumnos/as.
ORIENTACIÓNS XERAIS PARA A INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA CO ALUMNADO CON TDAH
INTERVENCIÓN DENTRO DA AULA
- O alumnado con TDAH debe estar nunha aula con bo clima de traballo e, a ser posible, na que non coincida con alumnado con problemáticas semellantes. Manter un ambiente estruturado, motivador e con rutinas.
PERFIL DO PROFESORADO
- Funciona ben o profesorado que harmoniza as normas claras e coherentes coa empatía e co reforzo positivo. Os estilos permisivo ou autoritario son negativos nestes casos.
LOCALIZACIÓN DUN ALUMNO NA AULA
- Debe estar sentado cerca da mesa do profesorado e ao lado de compañeiras que lle sirvan de modelo de tranquilidade, de orde e de axuda. Debe evitarse a proximidade a portas, fiestras, papeleiras e lugares de maior tránsito, así como a estímulos sonoros ou visuais. Cando se realicen traballos en grupo hai que ser coidadosos coa localización do grupo (próximo ao profesorado).
MESA DO ALUMNO/A
- Enriba da mesa só estarán os materiais que necesite para realizar a tarefa, e, ao remate, deberá recollelos e gardalos, e hase de evitar que acabe xogando con eles e convertendo a mesa nun pequeno taller.
TAREFAS E DEBERES
- Reducir e fragmentar as actividades. Supervisar os exercicios e asegurarse de que entendeu o que ten que facer. Utilizar reforzos e apoios visuais na instrución oral. Seleccionar aquelas tarefas-deberes que se consideren máis importantes.
AXENDA ESCOLAR
- A axenda axudará ao alumnado a levar ao día as súas tarefas. Supervisarase pola familia e polo profesorado, tratando de que aprenda a usala. Podemos escribir algo positivo e aspectos que hai que mellorar.
ESTRATEXIAS EXPOSITIVAS
EXAMES E PROBAS ESCRITAS
ESTRATEXIAS PARA CONTROLAR E MELLORAR A CONDUTA.
REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario
XUNTA DE GALICIA