3.2 O CONFLITO ISRAEL-PALESTINA
- Ata o ano 1945, toda a zona de Palestina e Oriente Medio era unha zona de mandato da Sociedade de Nacións, administrada por Gran Bretaña e Francia.
- Depois de 1945, a consecuencia do Holocausto, hai un gran movemento de poboación xudea cara Palestina, xa que, segundo o Antigo Testamento, esta sería a súa “Terra Prometida”.
- En 1947, a ONU empeza a estudar o caso e, neste mesmo ano, acórdase a partición definitiva de Palestina (Plan Peel), cuxa solución pasaba pola constitución de dous estados: un estado xudeu e un estado palestino, cunha cidade internacional: Xerusalén. Ámbolos dous estados, segundo o Plan Peel, deberían ser o máis homoxéneos posibles dende o punto de vista étnico e de tamaño semellante.