1 of 23

O traballo coa radio na escola

Orientacións didácticas

Javier Prado Espiñeira

javier.prado@edu.xunta.es

2 of 23

Índice

  • A radio como ferramenta didáctica TIC
  • Beneficios do emprego da radio
  • Caso de éxito: a radio inclusiva
  • Tarefas coa radio escolar
  • Contido curricular na radio escolar
  • Caso de éxito: fomento da lectura
  • Propostas de actividades
  • Guión dun programa de radio
  • O funcionamento da radio
  • Caso de éxito: a radio na aula de AL
  • Os podcasts e o streaming

3 of 23

A radio como ferramenta didáctica TIC

A radio implica imaxinación, maxia, música, expresión, comunicación, coñecemento, diversión, reflexión e tamén tecnoloxía, novidade e realidade social.

É unha ferramenta didáctica TIC tradicional pero que tivo pouca presencia na escola ata as dúas últimas décadas, na que se incorpora pola facilidade de emprego coa chegada da informática, de Internet e o abaratamento da tecnoloxía.

4 of 23

Beneficios xerais

  • Permite o traballo en grupo
  • Favorece a motivación do alumnado (especialmente na etapa adolescente)
  • É un medio de comunicación e expresión que dá voz ao alumnado
  • As actividades escolares alcanzan unha perspectiva globalizadora
  • É un bo instrumento para tratar temas transversais
  • Serve para traballar cunha lectura crítica dos mensaxes dos mass media
  • Favorece a inclusión e a integración ...

5 of 23

A posibilidade de escoitarse a un mesmo produce efectos comunicativos inmediatos polo que é fundamental que o traballo feito na radio sexa escoitado e comentado na aula.

A retroalimentación

6 of 23

Os beneficios inmediatos

    • Autocorrección e mellora da lectura e da expresión oral
    • O respecto pola quenda de palabra
    • Mellora a elaboración do discurso oral
    • Transmisión de ideas dun xeito ordeado
    • Capacidade de síntese.

7 of 23

Caso de éxito a través da radio escolar (I): A radio inclusiva

Alumna con discapacidade a causa da delección na banda 9 par dun dos cromosomas (brazo corto banda 24) con afectación neuromuscular que incide na área motora, lingüística e cognitiva. TDA e rasgos TEA. Disfonía orgánica. Hipotonía muscular. Dificultades na articulación e na prosodia. Problema comunicativo grave.

Febreiro

Xuño

8 of 23

Tarefas coa radio escolar

  • Manexo dos equipos: habilidade técnica, actitudes de responsabilidade e tamén de experimentación
  • Locución: aprendizaxe do valor do emprego da voz, da música ou dos efectos sonoros
  • Elaboración dos guións de radio: sistematizar e sintetizar a información, darlle coherencia e fomentar a imaxinación e a creatividade
  • Tarefas de documentación e investigación
  • Tarefas de producción e organización

9 of 23

Contido curricular na radio escolar

Por áreas e ciclos son moitas as partes do currículo que se poden encher:

  • Ed. Infantil: léxico, coñecemento da voz, entonación, prosodia, pronunciación, escoita, etc.
  • Lingua e literatura española e galega: todo tipo de tipoloxía textual, comprensión de textos, expresión escrita, expresión oral, mellora de todas as competencias relacionadas coa lingua en xeral, etc.
  • Lingua estranxeira: ademais dos aspectos anteriores están actividades específicas de listening.
  • Coñecemento do medio natural e social: documentais, reportaxes sobre o medio ambiente da contorna, investigación científica, fauna e flora, biografías de persoeiros ilustres, funcionamento das institucións da contorna, etc.
  • Educación artística e musical: calquera competencia relacionada coa educación musical se pode traballar coa radio ao igual que as artísticas relacionada con dramatizacións, sonigramas, etc.
  • Educación física: orientacións sobre o coidado do corpo e costumes saudables, etc.
  • Matemáticas: actividades e xogos numéricos, concursos, aspectos da vida cotiá con carácter matemático, etc.
  • Educación social en valores: traballos relacionados con eventos sociais, día da muller traballadora, violencia de xénero, convivencia, valores éticos, etc.

10 of 23

Competencias clave e a radio escolar

  1. Competencia en comunicación lingüística
  2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  3. Competencia dixital
  4. Aprender a aprender
  5. Competencias sociales e cívicas
  6. Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor
  7. Conciencia e expresiones culturais

11 of 23

Caso de éxito a través da radio escolar (II):

O fomento da lectura

12 of 23

Caso de éxito a través da radio escolar (II):

O fomento da lectura

13 of 23

Propostas de actividades

    • Informativos de orde escolar
    • Concursos
    • Reportaxes ou documentais
    • Mesas redondas ou debates
    • Entrevistas a persoas do centro escolar ou da contorna
    • Programas musicais
    • Programas deportivos
    • Retransmisión de eventos escolares en directo
    • Crónicas
    • Programas de investigación
    • Contos narrados, radio teatro ou radio novelas
    • Magacines con espazos variados (cultura, humor, …)
    • Sonigramas (creación de historias a partir de sons)
    • Gravacións musicais
    • Dobraxe de cine, series ...

14 of 23

Guión dun programa de radio

Non existe unha forma única de facer un guión de radio e segundo se vaia traballando aparecerán unhas necesidades ou outras dependendo do tipo de programa. Un exemplo podería ser o seguinte:

TEMPO

QUE SUCEDE?

QUEN FALA?

QUE DI?

30”

Sintonía do programa

10”

Presentación

Xana

Benvido todo o mundo a un novo programa de “Que sucede no teu cole?”

5”

Música de tambores

10”

Introducción

Xana

Hoxe temos con nós a Xoán que nos vai a falar das obras que se están levando a cabo no noso centro, cóntanos Xoán, como van esas obras?

10”

Información

Xoán

Bos días Xana, pois aquí estamos cos teitos levantados e imos xa para dúas semanas que o cole está convertido nun auténtico almacén.

10”

Despedida

Xana

Moitas gracias pola información Xoán, seguiremos ao tanto do que está a acontecer no centro e despedímonos xa ata o próximo programa. Ata logo!

15 of 23

O funcionamento dunha radio (I)

Compoñentes básicos:

  • Mesa de mezclas
  • Micrófonos
  • Auriculares
  • Ordenador ou gravadora
  • Cables

16 of 23

O funcionamento dunha radio (II)

A mesa é o “cerebro” da radio ela é quen distribúe a información e faino a través dos cables, que neste símil serían como os “nervios”.

A información pode entrar na mesa (input) ou saír (output).

Funcionamento básico: o micrófono envía información de entrada á mesa, esta envíalla por unha saída aos auriculares e por outra saída a unha gravadora ou a un ordenador

Input

Output

Output

Input

17 of 23

O funcionamento dunha radio (III)

  • No primeiro caso conectarase a saída da mesa á gravadora e nela tan só teremos que pulsar no botón de gravar ou record, identificado habitualmente cun punto vermello.
  • Para gravar cun ordenador empregaremos un programa de edición de audio como pode ser o audacity, cool edit pro, adobe audition, reaper, logic pro, pro tools, etc. A mesa envía a información ao ordenador polo cable USB.

Gravando un programa: para gravar na radio podemos empregar unha gravadora de son ou un ordenador.

O audacity pódese descargar de balde dende www.audacityteam.org

18 of 23

O funcionamento dunha radio (IV)

Mentres gravamos:

Mentres se está a gravar un programa de radio dentro do estudio todo se escoita mediante auriculares. Dentro del non existen altofalantes, porque se produciría un efecto chamado retroalimentación ou feedback.

Feedback: é un proceso no que a información entra e sae pola misma canle de xeito continuo. No caso do son remata por convertirse nun pitido intenso coñecido popularmente por “acople”.

Un símil nas imaxes sería o coñecido como o efecto droste, trátase dunha imaxe recursiva que se repite ata o infinito.

19 of 23

Caso de éxito a través da radio escolar (III)

A radio na aula de Audición e Linguaxe

20 of 23

Os podcasts

Que é un podcast?

O ficheiro de son (mp3, wav, ogg, aiff…) resultante do noso programa de radio, que se colga en Internet.

Que é unha canle podcast?

As gravacións súbense a unha plataforma como Ivoox, Soundcloud ou Spreaker que nos permiten integralos na nosa web, blog, wiki, etc, creando unha canle de podcast.

21 of 23

O streaming

Que é?

É un fluxo de datos continuo que nos permite reproducir en directo contidos audiovisuais mediante Internet.

Que medios hai para facer streaming?

Hoxe en día as grandes plataformas como Facebook ou Youtube permiten facer emisións en directo vía streaming. Ademais existen outras específicas de radio como poden ser Mixlr ou Spreaker.

22 of 23

Convención sobre os Dereitos d@s Nen@s

No artigo 12 estableceuse que tod@s @s nenos e nen@s teñen dereito a expresar libremente a súa opinión en todos os asuntos, e ser escoitados naqueles que lle atinxen.

Polo tanto teñen dereito a participar nas diferentes áreas da súa comunidade.

23 of 23

Fontes

Javier Prado Espiñeira

javier.prado@edu.xunta.es

www.espora.eu