1 of 31

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Venres 11 de Febreiro

TICS 2º BACH

2 of 31

Ada Lovelace

(Londres, 10 de decembro de 1815 - 27 de novembro de 1852)

Considerada a primeira programadora informática da historia e a persoa que iniciou o sistema informático que coñecemos hoxe. Traballou con Charles Babbage, un matemático e científico británico na calculadora chamada máquina analítica. Entre as notas de Ada sobre esta máquina estaba o primeiro algoritmo destinado a ser procesado por unha máquina. O Departamento de Defensa dos Estados Unidos nomeou a 'Ada´´' unha linguaxe de programación na súa honra.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

3 of 31

Barbara S.Askins

( Belfast, Tennessee - 1939)

Barbara S. Askins é unha química estadounidense. É coñecida por inventar un método para mellorar negativos fotográficos subexpostos, é dicir, mellorar o contraste da imaxe e facer visible o que era invisible anteriormente. Para iso, a imaxe expoñíase a radioactividade, obtendo unha nova impresión, coñecida como auto radiografía. Este método foi utilizado pola NASA e a industria médica, e valeulle o título de National Inventor of the Year en 1978.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

4 of 31

Caroline Herschel

( Hanover, Alemaña, 16 de marzo de 1750– Hanover, 9 de xaneiro de 1848)

Caroline descubriu a ciencia grazas o seu irmán William, quen era a astrónomo persoal do Rey de Inglaterra. Mentres traballaba como asistente de William, converteuse nunha astrónoma brillante que descubriu novas nebulosas e cúmulos de estrelas. Foi a primeira muller en descubrir un cometa, a primeira muller cuxo traballo foi publicado pola Royal Society e a primeira muller británica en gañar un salario por realizar un traballo científico.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

5 of 31

Chien-Shiung Wu

(Liuhe, Jiangsu, 31 de maio de 1912 – Nova York, 16 de febreiro de 1997)

Foi unha das físicas máis importantes do século XX xa que participou no desenvolvemento da bomba atómica como parte do Proxecto Manhattan. Na década de 1950, dous físicos teóricos, Tsung- Dao Lee e Chen Ning Yang, pediron axuda a Wu para refutar o que en física coñécese como a lei de paridade, e os experimentos de Wu arruinaron esta lei. Ese momento clave para a ciencia valeulle a Yang e Lee un premio Nobel, pero non a Wu, quen quedou fóra a pesar de que a súa participación foi vital.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

6 of 31

Esther Lederberg

(Nova York, 18 de decembro de 1922 - Stanford, 11 de novembro de 2006)

Pioneira en xenética bacteriana, foi unha destacada microbióloga por ser a primeira en descubrir e illar o bacteriófago lambda, ou tamén chamado fago λ, un virus de ADN que infecta á bacteria Ecoli. En 1951 creou o método de replicación en placa, que permitiu estudar as bacterias en serie para comparar os cambios nos microorganismos por exposición a diversos factores ambientais. A pesar diso foi o seu marido quen obtivo o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1958.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

7 of 31

Henrietta Leavitt

(Lancaster, 4 de xullo de 1868 – Cambridge, 12 de decembro de 1921)

Astrónoma estadounidense que comezou a traballar medindo e rexistrando estrelas no Observatorio de Harvard, un dos poucos traballos no campo científico considerados apropiados para as mulleres. Leavitt descubriu un patrón entre o brillo dunha estrela e a súa distancia á Terra, o que lle permitiu demostrar o que se coñece como relación período-luminosidade, o que lle deu aos científicos a capacidade de calcular que tan lonxe está unha estrela da Terra, a súa luminosidade.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

8 of 31

Margarita Salas

( Canero, 30 de novembro de 1938​ - Madrid, 7 de novembro de 2019​)

Margarita Salas Falgueras foi unha bioquímica española. Licenciada en ciencias químicas, foi discípula de Severo Ochoa, con quen traballou nos Estados Unidos despois de facelo con Alberto Sols en Madrid e tamén co científico Eladio Viñuela. Iniciou o desenvolvemento da bioloxía molecular en España, e desenvolveu o seu traballo como profesora vinculada ad honorem do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid (CSIC- UAM). Tamén foi académica da RAE desde 2003, e censora da Xunta de Goberno desde 2008. En 2016 converteuse na primeira muller en recibir a Medalla Echegaray, outorgada pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

9 of 31

Ida Tacke

( Lackhausen, Imperio Alemán, 25 de febreiro de 1896 - Bad Neuenahr- Ahrweiler, Alemaña Occidental, 24 de setembro de 1978)

A esta investigadora alemá atribúenselle grandes progresos tanto no campo da química como da física atómica. Descubriu dous elementos novos, o Renio e o Masurium que Dimitri Mendeleev predixo que formarían parte da táboa periódica. A comunidade científica ignorou a evidencia de Tacke ata que Perrier e Segre crearon artificialmente o elemento no laboratorio. De todos os xeitos, a Tacke atribúeselle ser a primeira persoa que pensou na posibilidade da fusión nuclear.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

10 of 31

Jocelyn Bell Burnell

( Belfast , 15 de xullo de 1943)

Susan Jocelyn Bell Burnell é unha astrofísica norirlandesa que, como estudante de posgrao, codescubrió a primeira radiosinal dun púlsar en 1967. A detección destas radiofontes, permitiu contrastar a teoría da evolución estelar. É unha das científicas máis influentes do Reino Unido, recibiu numerosos galardóns e atribúeselle un dos logros científicos máis significativos do século XX.​ O descubrimento, foi recoñecido pola concesión do Premio Nobel de Física de 1974, pero a pesar de que ela foi a primeira en observar os púlsares, Bell non foi un dos destinatarios do premio.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

11 of 31

Letitia Mumford Geer

(Nova York, 1852 – 18 de xullo de 1935)

Letitia Mumford Geer é unha enfermeira estadounidense que inventou a xiringa que se pode utilizar cunha soa man. Letitia Mumford Geer conseguiu mellorar de tal maneira este invento que ata a data a súa innovación non foi superada. Elemento esencial de calquera centro de saúde ou hospital do mundo, as xiringas hipodérmicas permiten desde a súa invención inxectar vacinas, antibióticos ou extraer sangue. O logro de Geer, que traballaba como enfermeira, foi deseñar e patentar, a primeira xiringa hipodérmica que podía utilizarse cunha soa man.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

12 of 31

Lise Meitner

(Viena, 7 de novembro de 1878 - Cambridge, 27 de outubro de 1968)

Lise Meitner foi unha científica austriaca que contribuíu aos descubrimentos do elemento protactinio e a fisión nuclear. Mentres traballaba no Instituto Kaiser Wilhelm sobre radioactividade, descubriu o isótopo radioactivo protactinio-231 en 1917. En 1938, Meitner e o seu sobriño e físico Otto Robert Frisch descubriron a fisión nuclear. Albert Einstein eloxiouna como a "Marie Curie alemá".

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

13 of 31

Mària Telkes

(Budapest, 12 de decembro de 1900 - 2 de decembro de 1995)

É coñecida por inventar o primeiro xerador termoeléctrico en 1947, e deseñou o primeiro sistema de calefacción solar para a Casa Solar de Dover, Massachusetts en 1953. Unha das súas especialidades foron os materiais de cambio de fase, incluídas os sales fundidos para almacenar enerxía térmica. Telkes é considerada unha das fundadoras dos sistemas de almacenamento de enerxía solar, polo que lla chama a “raíña solar”'.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

14 of 31

Marie Curie

(Varsovia, 7 de novembro de 1867- Passy, 4 de xullo de 1934)

Foi unha das científicas pioneiras no estudo da radiación. A súa investigación neste campo levouno a descubrir dous elementos, radio e polonio. Foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel, especificamente en Física, en 1903. Oito anos despois, en 1911, recibiu un segundo Premio Nobel, esta vez en Química, converténdose na primeira persoa en recibir dous Premios Nobel en categorías diferentes.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

15 of 31

Rita Levi-Montalcini

( Turín, 22 de abril de 1909 - Roma, 30 de decembro de 2012)

Neurobióloga italiana, Premio Nobel deFisioloxía ou Medicina en 1986. En 1952, logrou illar unha substancia extraída de tumores en ratos que, trasplantándola en embrións de pito, provocou un vigoroso crecemento do seu sistema nervioso. O descubrimento que agora se coñece como factores de crecemento nervioso permitiu comprender mellor problemas médicos como as deformidades, demencia senil, a cicatrización tardía das feridas e as enfermidades tumorales.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

16 of 31

Rosalind Franklin

( Londres, 25 de xullo de 1920- Londres, 16 de abril de 1958)

Rosalind Elsie Franklin foi unha química e cristalógrafa británica. Os seus traballos con imaxes por difracción de raios X tiveron gran importancia no progreso de campos diversos. Foron clave para revelar a estrutura dos carbóns e o grafito,​ así como do ARN e varios virus, aínda que a maior transcendencia tívoa a súa achega para a comprensión da estrutura do ADN, grazas á imaxe chamada Fotografía 51, que tivo un profundo impacto nos avances científicos da xenética. As súas investigacións sobre a estrutura do carbón e dos virus foron recoñecidos en vida. A súa morte prematura impediu que puidese gozar do recoñecemento pola súa achega ao descubrimento da estrutura do ADN.

GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS

17 of 31

Amanda Theodosia Jones

(19 de outubro de 1835, East Bloomfield - 31 de marzo de 1914, Brooklyn)

Foi unha poeta e inventora estadounidense, profesora e activista polos dereitos das mulleres. No século XIX logrou eliminar o aire dunha lata, inventando así o envasado ao baleiro sen precocción de conservas, mellorando así a súa calidade ao consumilas.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

18 of 31

Anna Connelly

( Budapest, Hungría 12 de decembro de 1900 - 2 de decembro de 1995)

Ideou unha ponte de rieles metálicos, de moi baixo custo, que puidese conectar dous edificios veciños e, ademais, unha campá que alertase dos incendios aos veciños dos arredores. Este sería o xerme das escaleiras de incendios, fóra dos edificios, tan típico de Nova York hoxe.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

19 of 31

Ángela Ruíz Robles

(28 de marzo de 1895, Villamanín - 27 de outubro de 1975, Ferrol)

Este docente desenvolveu unha enciclopedia mecánica que perseguía o obxectivo de transmitir coñecementos dunha maneira máis interactiva. O libro contaba con botóns, bobinas, luces e diapositivas que contribúen a unha maior comodidade e predisposición á aprendizaxe do alumno.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

20 of 31

Bette Nesmith Graham

(23 de marzo de 1924, Dallas, Texas - 12 de maio de 1980, Richardson) Mecanógrafa de profesión, inventou o que ela chamou "Mistake Out" para poder corrixir pequenos erros dun texto dunha forma rápida e eficaz. Despois de que a marca IBM rexeitase comercializalo, decidiu vendelo desde a súa propia casa co nome Liquid Paper.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

21 of 31

Florence Lawrence

( Hamilton, Ontario, Canadá; 2 de xaneiro de 1886 – West Hollywood, California, Estados Unidos; 28 de decembro de 1938)

Florence Lawrence foi unha inventora e actriz canadense. A miúdo faise referencia a ela como «A primeira estrela de cinema» da historia. Pero máis aló de ser unha das caras coñecidas do Hollywood da época, Lawrence era tamén unha apaixonada do motor. A súa destreza na mecánica e a súa paixón polos automóbiles leváronlle a deseñar un dispositivo capaz de indicar se o vehículo tiña intencións de virar.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

22 of 31

Hedy Lamarr

(Viena, 9 de novembro de 1914 - Casselberry, Florida, 19 de xaneiro de 2000), Hedwig Eva Maria Kiesler, coñecida como Hedy Lamarr foi unha actriz de cinema e inventora austriaca. Foi co-inventora xunto a George Antheil da primeira versión do espectro alargado que permitiría as comunicacións inalámbricas de longas distancias. Viaxando a Londres, coñeceu ao xefe do estudo de Metro- Goldwyn- Mayer, Louis B. Mayer, quen lle ofreceu un contrato de cinema en Hollywood. Converteuse nunha estrela de cinema coa súa actuación en Alxer (1938). Foi honrada cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 1960.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

23 of 31

Josephine Cochrane

(8 de marzo de 1839, Condado de Ashtabula - 3 de agosto de 1913, Chicago) Baseándose nas patentes de Houghton, Richards e Alexander construíron o seu lavalouzas. Como novidade, incluía auga quente a presión e un motor para facer virar a roda coas placas. Así, podía lavar automaticamente ata 200 pratos en dous minutos, que se secaban con aire quente nos propios estantes.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

24 of 31

June McCarroll

(Condado de Lewis, Nova York, 30 de xuño de 1867 – 30 de marzo de 1954) June McCarroll foi unha enfermeira e médica estadounidense. É considerada polo Departamento de Transportes de California autora da idea de pintar liñas brancas (marcas viarias) para separar os carrís de tráfico nas estradas. ​A autoría reclámana tamén a Administración Federal de Estradas e o Departamento de Transporte de Michigan​ ao pintar con anterioridade estas liñas dous homes en Michigan.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

25 of 31

Katharine Burr Blodgett

(10 de xaneiro de 1898, 12 de outubro de 1979 Schenectady, Nova York, Estados Unidos)

Na fábrica da General Electric xunto a Langmuir, traballou en experimentos con recubrimentos moleculares aplicadas á auga, aos metais e ao vidro que permitiron crear os cristais anti- reflectores, hoxe usados en lentes, cámaras de fotos, telescopios, etc.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

26 of 31

Margaret Knight

(York ( Maine), 14 de febreiro de 1838 - Framingham ( Massachusetts), 12 de outubro de 1914)​

Margaret Eloise Knight foi unha inventora estadounidense. O seu invento máis coñecido é a bolsa de papel de fondo plano, que aínda se utiliza. Foi chamada "a inventora americana máis famosa do século XIX".

GRANDES MULLERES INVENTORAS

27 of 31

Margaret Wilcox

(1838 ,Chicago)

En novembro de 1893, con 34 anos de idade, patentou o sistema de calefacción para autos, o cal levaba o aire directamente do motor para non sufrir as frías temperaturas nos pés. Nun principio, era unha simple apertura pequena que deixaba pasar o aire e que non permitía regular a temperatura do interior do coche. Aos poucos, este sistema foi mellorándose e é unha opción indispensable nos coches hoxe en día

GRANDES MULLERES INVENTORAS

28 of 31

Marion Donovan

(15 de outubro de 1917, Fort Wayne - 4 de novembro de 1998, Nova York) Esta inventora e emprendedora estadounidense quería solucionar o problema que tiñan as mulleres de lavar os cueiros constantemente despois do seu uso, polo que patentou unha funda impermeable para cueiros que evitaba o paso dos ouriños á roupa do bebé.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

29 of 31

Mary Anderson

(Alabama, 19 de febreiro de 1866 – Monteagle (Tennessee), 27 de xuño de 1953)

Mary Anderson foi unha promotora inmobiliaria, rancheira e viticultora estadounidense. Considerada a inventora do limpiaparabrisas. En novembro de 1903 concedéuselle a súa primeira patente para un dispositivo de limpeza de parabrisas controlado desde o interior do vehículo.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

30 of 31

Melitta Bentz

(31 de xaneiro de 1873 – 29 de xuño de 1950)

Amalie Auguste Melitta Liebscher, foi unha inventora e emprendedora alemá, que desenvolveu o filtro de café en 1908. En 1908 a Oficina de Patentes Imperial outorgáballe a patente, e en 1909, na Feira de Leipzig conseguían vender uns 1.200 filtros de café. En 1932, Melitta cedía a maior parte da compañía aos seus dous fillos, pero mantívose á fronte das condicións laborais dos seus empregados.

GRANDES MULLERES INVENTORAS

31 of 31

Stephanie Kwolek

(New Kensington, 31 de xullo de 1923 − Wilmington, 18 de xuño de 2014)

Traballou con polímeros de baixa temperatura que ao disolverse podían converterse en fibras delgadas. Nun dos seus experimentos chegou a resultados que considerou erróneas pero foron ó principio do que anos mais tarde se converteu na base do afamado Kevlar.

GRANDES MULLERES INVENTORAS