CEIP DE QUIROGA
SAMAIN 2015
Historia do Samaín
QUE ERA O “SAMHAIN” CELTA?
COMO CELEBRABAN A NOITE DO SAMAÍN?
Para guiar aos mortos ata as casas dos seus parentes, prendían fogatas con ramas de SERBAL e TEIXO e deixaban comida e doces fora das casas e nas encrucilladas dos camiños.
Tamén baleiraban cabazas para porlles dentro candeas e iluminar deste xeito as súas casas, pero tamén para asustar aos seus inimigos
O Imbolc
A primeira destas festas celebrábase a principios de febreiro, cando as primeiras flores empezan a crecer, e era dedicada á deusa Imbolc ou Brigit, á que se consagraban os animais sobreviventes ao paso do inverno, en especial ás femias, posto que era tempo xa de procrear para o futuro inverno.
Segunda festa celebrábase o 1 de maio. Esta festa dedicábase a Belenos, o deus do lume. Neste día o lume era usado para purificar co seu fume aos animais e a todo o pobo. Acendíanse fogueiras no alto dos cerros (para os celtas isto tiña moita importancia: era moi forte a unión que sentían coa natureza, e desde o alto, podíase observar toda a grandeza da nosa nai Terra), e apagábanse estas ao día seguinte.
Celebrábase a comezos de agosto e dedicábase a Lug en Irlanda, Lugus nas Galias e Lleu en Escocia. Aínda que esta divinidade coñécese por diversos nomes, era o deus da luz. Esta festa era a que máis carácter agraria tiña, celebrándose unha acción de grazas pola fertilidade dos animais e pola abundancia das reservas alimenticias.
Samain
A última e máis importante festa celta tiña lugar o 1 de novembro. Este día significaba o día de ano novo e á súa vez indicaba que comezaba unha etapa: o inverno.�O ano celta divídese en dous grandes períodos: o período de verán, que vai desde o Beltane (1 maio) ata o Samaín (1 de novembro), e o inverno (desde o Samaín ata o Beltane seguinte). �
CRISTIANIZACIÓN DA FESTA
Como ocorre na historia das festas, son moitas as que tiveron que cambiar coa chegada do cristianismo. E o mesmo ocorre co ano novo celta. A Igrexa quixo quitar esta festa, e no seu lugar pon a festa de Todos os Santos en conmemoración de todos os santos anónimos Púxose nesa data para evitar que coincidise a celebración polos mortos o mesmo día (o día de todos os defuntos é o 2 de novembro). Finalmente é no século VIII cando se institúe oficialmente a festividade de Todos os Santos polo episcopado franco (sendo grazas a Alcunio, conselleiro de Carlomagno, a gran difusión). No século IX o emperador Ludovico Pío, a petición do Papa Gregorio IV, esténdea por todo o reino franco, instituíndose durante a Idade Media en máis países. É no ano 1475 cando o Papa Sixto IV faina obrigatoria.�
TRADICIONS DO SAMAIN
O LUME
O lume era moi importante para os celtas. Naqueles tempos a xente, nesta noite, prendía fogueiras para evitar os malos espíritos (este costume sobrevive nos nosos días na noite de San Xoán). Cando chegaba a mañá, os druídas daban unha faísca da fogueira a cada familia para que fixeran o seu propio lume e manter quente a casa e liberalos dos malos espíritos.
OS DISFRACES
Os celtas acostumaban a disfrazarse con peles de animais o 31 de outubro para non ser descubertos polos espíritos que, segundo eles, esa noite revivían. De aí o actual costume de disfrazarse este día.
A LENDA DA CABAZA
A lenda máis coñecida
destas festas é a de Jack,
o Lanternas. Trata dun
irlandés trouleiro, rañas e
moi astuto que logra enganar ao demo en dúas ocasións.
A SANTA COMPAÑA
Son os espectros dos mortos, que as doce da noite reúnense á porta da Igrexa para iniciar seu percorrido.
CELEBRÁBASE ESTA TRADICIÓN EN QUIROGA?
LECTURAS RECOMENDADAS
LECTURAS
RECOMENDADAS
Carlos Reigosa
CASTELAO