OS DEREITOS
DO NENO
Mario Verdeal García, 6º D
A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) é un tratado internacional, firmado por 195 países, que recolle os dereitos económicos, sociais, culturais, civís e políticos de todos os nenos. Foi aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, e por iso cada 20 de novembro celébrase o Día Universal do Neno.
OS DEREITOS DO NENO
A organización das Nacións Unidas que traballa para garantir o cumprimento dos dereitos da infancia é o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF).
A Convención sobre os Dereitos do Neno está composta por 54 artigos. A súa aplicación é unha obrigación dos gobernos, pero tamén é responsabilidade do resto da sociedade, como os pais, os profesores, os profesionais da saúde, os xuíces, os medios de comunicación ou os propios nenos e nenas.
OS DEREITOS DO NENO
OS DEREITOS DO NENO
A pesares de que a Convención dos Dereitos do Neno é obrigatoria para todos os menores de 18 anos, hoxe en día aínda se producen terribles incumprimentos dos dereitos fundamentais do neno en todo o mundo.
Vexamos algúns exemplos:
Cada minuto, 10 bebés morren ao nacer en todo o mundo, por non recibir unha atención sanitaria adecuada. Isto supón uns 5,5 millóns de mortes por esta causa cada ano.
OS DEREITOS DO NENO
Artigo 6: Todo neno ten dereito á vida e é obrigación do Estado garantir a súa supervivencia e desenvolvemento.
Máis de 600 millóns de nenos en todo o mundo viven na pobreza extrema.
Nos países desenvolvidos, a crise económica sufrida desde o ano 2008 deixou a 2,6 millóns de nenos na pobreza. O número total de menores que viven na pobreza no mundo desenvolvido elévase xa a uns 76,5 millóns.
Artigo 27: Todo neno ten dereito a beneficiarse dun nivel de vida adecuado para o seu desenvolvemento .
OS DEREITOS DO NENO
Uns 18.000 nenos menores de 5 anos morren diariamente de fame en todo o mundo, fundamentalmente nos países pobres.
Artigo 3: Corresponde ao Estado asegurar unha adecuada protección e coidado dos nenos, cando os pais e nais, ou outras persoas responsables, non teñen capacidade para facelo.
OS DEREITOS DO NENO
Uns 1.400 nenos menores de cinco anos morren diariamente no mundo a causa de enfermidades relacionadas coa falta de auga potable, saneamento adecuado e hixiene.
Artigo 24: Os nenos teñen dereito a gozar do máis alto nivel posible de saúde e a ter acceso a servizos médicos, con especial énfase naqueles relacionados coa atención primaria de saúde, coidados preventivos e diminución da mortalidade infantil.
OS DEREITOS DO NENO
Polo menos 58 millóns de nenos de entre 6 e 11 anos non van á escola. Deles, uns 25 millóns (15 millóns de nenas e 10 millóns de nenos) moi probablemente non poñerán un pé nunha escola na súa vida.
Artigo 28: Todo neno ten dereito á educación e é obrigación do Estado asegurar polo menos a educación primaria gratuíta e obrigatoria .
OS DEREITOS DO NENO
Un total de 19 países no mundo recrutan a nenos soldado para loitar en conflitos armados. Cada 20 minutos morre un neno nestes conflitos.
Artigo 38: Os estados non recrutarán menores de 18 anos para envialos a loitar en conflitos armados.
OS DEREITOS DO NENO
Actualmente, hai no mundo máis de 27 millóns de nenos obrigados a vivir en campos de refuxiados ao ter que fuxir da guerra e a violencia nos seus países.
Artigo 22: Proporcionarase protección especial aos nenos considerados refuxiados ou que soliciten o estatuto de refuxiado, e é obrigación do Estado cooperar cos organismos competentes para garantir a devandita protección e asistencia .
OS DEREITOS DO NENO
Cada 6 minutos morre un neno no mundo por mor da violencia e o maltrato exercida contra eles.
Artigo 19: É obrigación do Estado protexer aos nenos de todas as formas de malos tratos, e establecer medidas preventivas e de tratamento respecto diso.
OS DEREITOS DO NENO
Cada ano, máis de 15 millóns de nenas en todo o mundo convértense en esposas de homes maiores que elas a pesar de non ser maiores de idade. Delas, 1 de cada 3 son vítimas de violencia emocional, física ou sexual polos seus maridos. Moitas delas dan a luz sendo aínda menores.
Artigo 9: É un dereito do neno vivir co seu pai e a súa nai.
Artigo 18: É responsabilidade primordial de pais e nais a crianza dos nenos.
Artigo 34: É dereito do neno ser protexido da explotación e abuso sexuais.
OS DEREITOS DO NENO
Polo menos 168 millóns de nenos e nenas de todo o mundo traballan, dos que 85 millóns fano nas peores formas de traballo infantil.
Artigo 32: É obrigación do Estado protexer ao neno contra o desempeño de calquera traballo nocivo para a súa saúde, educación ou desenvolvemento; fixar idades mínimas de admisión ao emprego e reglamentar as condicións do mesmo.
OS DEREITOS DO NENO
Estímase que hai máis de 1 millón de nenos en todo o mundo privados de liberdade polas forzas da orde. Nalgúns casos están detidos por cometer un delito, pero tamén porque acompañan a un familiar detido ou que solicita asilo noutro país, por mendigar, por non ir á escola, ou por motivos como a raza, a relixión, a etnia ou a nacionalidade.
Artigo 37: Ningún neno será sometido á tortura, a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes, á pena capital, á prisión perpetua e á detención ou encarcelación ilegais ou arbitrarias .
OS DEREITOS DO NENO
OS DEREITOS DO NENO
Artigo 4: É obrigación do Estado adoptar as medidas necesarias para dar efectividade a todos os dereitos recoñecidos na CDN .
Artigos 46 – 54: Os Gobernos e organizacións internacionais deben colaborar para o cumprimento dos dereitos dos nenos
Máis da metade das vítimas de desastres naturais no mundo son nenos. Debido en parte á inacción dos estados fronte ao cambio climático, o número de desastres naturais triplicouse desde a década de 1970.