1 of 23

Transformación, transporte e consumo da enerxía eléctrica

Autores:

José Luis Rojas Alonso

Pilar Ortega Pereiro

2 of 23

Produción e transporte da enerxía eléctrica

Para a produción e transporte de enerxía eléctrica, emprégase a corrente alterna, xa que esta é máis doada de producir e de transformar.

Na seguinte imaxe amósase todos os puntos que atravesa a corrente eléctrica dende que é producida ata que chega ao teu domicilio.

Cuestión: Cal é a voltaxe que hai non enchufes da túa casa? De que tipo é: alterna ou continua?

3 of 23

4 of 23

Produción e transporte da enerxía eléctrica

  • Na saída das centrais eléctricas hai unha intensidade de corrente (I) moi elevada. Para baixar a intensidade é preciso que a corrente alterna pase a través dun transformador.
  • O transformador é unha máquina capaz de manter a potencia(P) constante. Así que, se baixa a intensidade I deberá subir a tensión V (P=V*I=cte.)
  • Transmitir a electricidade a elevadas tensións e intensidades baixas permite minimizar as perdas económicas de enerxía eléctrica durante o seu transporte. (Pperdas=I2*R)
  • A maioría de motores en industrias, edificios, etc. funcionan con corrente alterna.

5 of 23

Transporte da enerxía eléctrica: Transformadores

  • Os transformadores realizan a transformación de corrente a través do seu dobre bobinado arredor dun núcleo ferromagnético.
  • N representa o número de espiras ou voltas de cableado en cada lado do transformador.
  • Canto maior sexa o número de espiras, maior será a voltaxe e menor a intensidade de corrente: N1/N2=V1/V2
  • Os campos magnéticos internos son os que, neste caso, manteñen a potencia de corrente eléctrica entre o bobinado N1 e o bobinado N2.

6 of 23

Transporte da enerxía eléctrica: Transformadores

  • Non só hai transformadores nas saídas das centrais eléctricas. Tamén os hai ás entradas das cidades. A súa misión é a contraria.
  • Estes transformadores reducen a voltaxe (V) para que non represente un perigo para os seres humanos.
  • Ao reducir a voltaxe(V), aumentan a intensidade de corrente(I).
  • Estes transformadores ubícanse moi a miúdo en subestacións subterráneas e non están á vista. Aínda que outras veces están na superficie debidamente sinaladas coa sinal de perigo eléctrico.

7 of 23

Transporte da enerxía eléctrica: Transformadores

Recopilartorio de fórmulas:

  1. P=V*I; Potencia (Watios), Voltaxe(Voltios), I(Amperios)

  • N1/N2=V1/V2=I2/I1 ; N (número de espiras é adimensional)

  • Pperdida=I2*R; Resistencia (Ohmios)

8 of 23

Transporte da enerxía eléctrica: Transformadores

  • Cuestión 1: Na saída dunha cental hai unha potencia de 106W e unha voltaxe 20KV. Cal será a súa intensidade?
  • Cuestión 2: Que voltaxe necesitarei para reducir a intensidade a unha terceira parte? Cantas veces máis bobinas terei que poñer saída do transformador?

9 of 23

Perdas por Efecto Joule.

Como xa dixemos as perdas que supón o transporte da enerxía eléctrica a través dun cable responden ao cadrado da intensidade que transportan e obedecen á seguinte fórmula:

Pperdida=I2*R

En base a este dato, resolve a seguinte cuestión:

Cuestión 3: Unha liña de transmisión transporta unha corrente de 500 A a través dun cable cunha resistencia de 0.2 Ω/km nun tramo de 50 km. Calcula:

  1. A potencia disipada en forma de calor por efecto Joule.
  2. A enerxía perdida nunha hora de operación en J, Kwh e calorías.

10 of 23

Transporte da enerxía eléctrica: Cables de transporte

  • Normalmente, nas instalacións eléctricas dentro das vivendas os cables adoitan ser de cobre debido á súa boa conductividade eléctrica e á facilidade para converterse en fíos longuísimos (ductilidade).
  • En troques, nas largas distancias (entre torretas de alta tensión), empréganse cables de aluminio con alma de aceiro para dar maior resistencia á instalación, aproveitando o menor peso do aluminio, aínda que a súa conductividade sexa a mitade ca do cobre.

11 of 23

Necesidades enerxéticas mínimas nunha vivenda sostible

  • As vivendas que empreguen exclusivamente enerxías alternativas e non vaian a vender parte da enerxía sobrante, deben facer un estudio previo das necesidades enerxéticas mínimas que tenñen.
  • A partir deses datos farase unha adecuada elección das fontes de enerxía alternativas que empregarán para satisfacer a súas necesidades.
  • Para isto deberán ter en conta as características meteorolóxicas e xeolóxicas da superficie onde van construír a vivenda e tamén a súa orientación para servirse ao máximo do “aproveitamento pasivo”
  • A potencia contratada é o máximo de potencia que pode soportar unha instalación e está directamente relacionada coa potencia dos electrodomésticos e do xeito no que xestionemos a simultaneidade do seu uso.

12 of 23

Necesidades enerxéticas mínimas nunha vivenda

Se conectamos ao mesmo tempo varios electrodomésticos que superen a potencia contratada, saltará algún interruptor do cadro eléctrico que hai na entrada da vivenda.

13 of 23

Eficiencia Enerxética

  • Co obxectivo de manter un desenvolvemento sostible, a Unión Europea aprobou en 2002 unha lei de certificación de eficiencia enerxética para os edificios de nova construcción.
  • Cada edificio que se venda ou alugue debe posuír este “ certificado enerxético”.
  • Os parámetros enerxéticos a considerar para asignar a calificación son:
    • A demanda enerxética de calefacción e refrixeración.
    • De auga quente sanitaria
    • Emisións de CO2

14 of 23

Eficiencia Enerxética

  • No cálculo deses parámetros hai que ter en conta:
    • Número de plantas do edificio.
    • Modelo constructivo.
    • Porcentaxes acristaladas.
    • Orientación da fachada principal.

15 of 23

Eficiencia Enerxética

  • Os ministerios de Industria, Enerxía, Turismo e Fomento son os que determinan as cualificacións profesionais requeridas para subscribir os certificados de eficiencia enerxética.
  • Un exeñeiro técnico valorará os anteriores requisitos e asignará unha certificación enerxética para o edificio que estará determinada por unha letra sendo A a de maior eficiencia e G a de menor.

16 of 23

Eficiencia Enerxética

17 of 23

A factura da luz- Conceptos

18 of 23

A factura da luz- Potencia contratada

  • É a máxima cantidade de enerxía que podemos usar á vez sen que salten os plomos. Exprésase enquilovatios (kW).
  • Funciona como unha especie de "tarifa plana": pagamos a mesma cantidade cada mes, independentemente de se usamos moito ou pouco esa potencia.
  • Exemplo: Se contratas 4 kW de potencia, poderás utilizar varios electrodomésticos á vez ata alcanzar ese límite. Se superas esa potencia, o sistema de seguridade da casa pode cortar o subministro para evitar sobrecargas.

19 of 23

Factura da luz- Enerxía consumida

O termo de enerxía refírese ao consumo real de electricidade e exprésase en quilovatios hora (kWh).

Este concepto indica cantos kWh se consumiron durante o período de facturación e cóbrase en función do uso real da enerxía.

Canto máis consomes, máis pagas.

Exemplo práctico: Se nun mes consumiches 300 kWh e o prezo do kWh é de 0,15 €, o termo de enerxía será de 300 x 0,15 = 45 €

20 of 23

Factura da luz- Períodos tarifarios

Os periodos tarifarios son franxas horarias nas que o prezo da enerxía cambia. Dependendo da tarifa que teñas contratada, o custo da enerxía pode ser máis baixo ou máis alto nuns periodos que noutros. Poden ser:

  1. Punta: as horas nas que a electricidade é máis cara, normalmente coincidindo coas horas de maior demanda (por exemplo, entre as 10:00 e as 14:00 e as 18:00 e as 22:00).
  2. Chaira: horas intermedias, onde o prezo é máis moderado.
  3. Val: as horas máis económicas, normalmente pola noite e pola mañá cedo (por exemplo, 00:00 a 8:00)

21 of 23

Factura da luz- Impostos e cargos

Ademais dos termos de potencia e enerxía, a factura inclúe outros cargos, como:

• Imposto sobre a electricidade: unha porcentaxe que se aplica

ao total do consumo e da potencia.

• IVE: o Imposto sobre o Valor Engadido que se aplica á suma de

todos os conceptos anteriores.

22 of 23

Factura da luz- Outros conceptos

Alugueiro do contador: se non es propietario do contador de luz, pagarás un importe mensual polo seu alugueiro.

Peaxes de acceso e distribución: son custos regulados que se utilizan para manter e mellorar a rede eléctrica. Son parte do que pagamos para que a electricidade poida chegar ás nosas casas

Outros conceptos: Déficit (71%), TNP(transportes non peninsulares 27%), Recore (incentivos renovables, coxeración e recollida de residuos 0,7%)

23 of 23

A factura da luz