1 of 12

2 of 12

Aida Tarrío e as irmáns xemelgas Olaia e Sabela Maneiro son tres mulleres cantareiras galegas que forman o trío Tanxungueiras.

3 of 12

As irmáns Olaia e Sabela naceron o 1 de xuño de 1990 en Santiago de Compostela.

Sendo moi pequenas a súa familia trasladouse a Teo onde foron a escola e aprenderon a tocar a pandeireta.

Iniciáronse na música tradicional galega ós catro anos na Asociación cultural A Mámoa de Luou.

4 of 12

Aida Tarrío naceu en 1997 en Ribeira na provincia da Coruña onde comezou a tocar a pandeireta con 10 anos de idade.

No ano 2014 Aida foi estudar a Santiago e ingresou na Asociación onde tocaban Sabela e Olaia.

Ó empezar a tocar xuntas nas foliadas da zona decidiron formar un grupo.

5 of 12

Por se non o sabedes unha foliada tamén chamada serán, ruada, fiadeiro ou baile é unha festa popular na que están presentes o baile e a música tradicional galega.

 

Unha curiosidade! No ano 2022 o concello de Teo acordou homenaxear ó grupo dándolle o seu nome á área recreativa de Luou que se chamará “Parque das Tanxugueiras”.

6 of 12

O seu primeiro concerto foi na Esmorga Folk de Bandeira na provincia de Pontevedra no ano 2016.

7 of 12

A comezos de 2017 fixéronse “virais” nas redes sociais cun vídeo no que aparecían cantando “As panadeiras” e facendo percusión coas mans.

8 of 12

Na primavera de 2018 editaron o seu primeiro álbum co mesmo nome do grupo: Tanxugueiras.

Este álbum gañou o premio MIN de música independente de disco en galego.

9 of 12

Tamén gañaron o premio Martín Códax da Música na categoría de música tradicional galega e folk en 2019.

Este mesmo ano editaron o seu segundo álbum chamado Contrapunto.

10 of 12

Entre os anos 2020 e 2021 reciben un feixe de premios e recoñecementos.

Van evolucionando cara a fusión entre música tradicional e sons do trap e da música electrónica.

11 of 12

En 2022 participan no Benidorm Fest que é un festival no que se escolle ao representante de España en Eurovisión.

Presentaron o tema Terra, canción baseada no ritmo tradicional dunha muiñeira.

Foron as máis votadas polo público pero non gañaron…

  O IMPORTANTE É PARTICIPAR!!

12 of 12

Ese ano publicaron o seu terceiro álbum chamado Diluvio.

Outra curiosidade para rematar: sabedes de onde ven o nome do grupo?

Ven do nome dado ás leiras onde hai teixugos ou tanxugos e de aí tanxugueiras.

NON HAI FRONTEIRAS!!!