MARIA AUREA

A RAIÑA DA GAITA GALEGA

En Muntián, unha pequena aldea do concello de Cartelle, nace no ano 1897 unha nena que chegaría a ser coñecida como a “raiña da gaita galega”.

  • Quen poría unha gaita por primeira vez nas súas mans?
  • Quen lle ensinaría a tocala desa maneira?

Nada ou case nada se sabe destas cuestións. Só sabemos que dende moi noviña, ós 10 anos de idade, comezou a tocar a gaita como unha verdadeira artista.

A raíña da gaita galega

O seu nome é María Aurea Rodríguez. Áurea é a primeira muller gaiteira que se coñece. Seguramente houbo moitas outras, pero delas nada se sabe, e de Aurea temos documentación.

Ós 13 anos xa era orfa de pai e nai.

Aurea era a maior de 6 irmáns varóns:

  • Castor
  • Felisindo
  • Manuel
  • Eliseo José
  • Benigno(o benxamín)

Que panorama tan duro para Áurea!

Na súa aldea, a xente vivía da agricultura e da gandería. Estes eran traballos duros e moi difíciles para unha nena.!!! Aurea era unha nena orfa, nunha aldea remota, e nunha época moi complicada, onde as mulleres tiñan moi poucas oportunidades.

Que podía facer nese mundo unha nena orfa con cinco irmáns pequenos???

  • Aurea tiña un talento especial,
  • tiña muito coraxe e valentía,
  • tiña unha gaita e
  • tiña que sacar adiante a cinco irmáns pequenos.

Mixturouno todo con moito arte e creou o grupo :

Os Maravillas.

Este grupo tivo un enorme naquela época

Composición inicial de OS MARAVILLAS de Cartelle:

CASTOR, AUREA, FELISINDO, MANUEL E ELISEO.

Aurea fundou Os Maravillas no ano 1910, e púxolle o nome da súa parroquia: parroquia das Marabillas.

Os Maravillas era un quinteto composto por Aurea e os seus catro irmáns maiores: Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo. Benigno debía ser moi pequerrecho daquela.

Comezaron tocando dúas gaitas, un requinto, un tambor e un bombo, tal e como se pode comprobar no anuncio que insiren na páxina de La Región no ano 1920.

CARTEL PUBLICITARIO DE OS MARAVILLAS PUBLICADO NA PRENSA DE 1920.
Fonte: La Región 1920

Os Maravillas foi un dos grupos mais famosos nos anos 20 en Galicia. Recorrían a xeografía galega tocando nas festas mais importantes de Galicia. Moitos xornais e revistas da época falaban do enorme éxito deste grupo. Por exemplo:


La Integridad (15-07-1921), con motivo das festas do Carme, podíase ler:

“A las diez de la mañana harán su entrada en el parque del Establecimiento los célebres artistas ‘Los Maravillas’ de Montian que dirige la enxebre gaitera Srta. Áurea Rodríguez.

Diario de Vigo (05-08-1922) anuncia a presenza de Os Maravillas nas festas máis importantes da cidade de Pontevedra, as da Peregrina:

Por la comisión municipal de festejos, han sido contratados los célebres gaiteiros ‘Los Maravillas’ de Cartelle que dirige la inteligente y simpática Srta. Áurea Rodríguez. Darán conciertos los días 12, 13 y 14 del corriente. De Pontevedra saldrán para las fiestas de Lugo”.

Panorámica Da Festa De Inauguración Do Aserradeiro Garrido Amenizada Polo Grupo Os Maravillas

Sábese tamén, que polos anos 20 cobraban 15 pesetas por un día de actuación, que daquela era moito diñeiro.

Tan ben tocaban que a súa fama traspasou Galicia e chamaranos para facer unha serie de concertos en Madrid.

Alí tamén tiveron moi boas críticas en todo os xornais.

Aurea con dous dos seus irmáns na festa de inauguración do Aserradeiro Garrido.

Todos os medios de comunicación escritos resaltaban as excelencias do grupo Os Maravillas.

Pero o que mais sorprendía era que este grupo estivese dirixido por unha intelixente e guapa muller.

Foi cando se gañou o título de “Raíña da Gaita Galega”

A comenzos da década de 1930 Aurea, Benigno e Castor vanse a Arxentina onde seguen cosechando enormes éxitos.

A prensa arxentina tamén eloxia o arte de Aurea tocando a gaita.

CASTOR, ÁUREA, MANUEL E ELISEO EN ARXENTINA .

A partir de aquí pouco máis se sabe de Aurea.

A última noticia é dunha actuación que fixo en Venezuela no ano 1945.
Descoñécese que fixo a partir deste momento, se volveu a Galicia ou onde faleceu.

O que temos ben claro e que

Aurea foi unha Auténtica Pioneira

e sempre foi rompendo moldes pola vida.

Siaba Crespo, Jimena

aurea gaiteira.pptx - Google Slides