1 of 18

Departamento de Orientación C.E.I.P. Sada y sus Contornos

IMOS Á ESO

2 of 18

ESQUEMA SISTEMA EDUCATIVO LOMCE

3 of 18

CONDICIÓNS DE ACCESO Á E.S.O.

  • Todos os alumnos/as que superen a E.P.

  • Alumnos/as que aínda non superadas todas as aprendizaxes, estas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente a nova etapa.

  • Alumnado que teña esgotadas as medidas de repeticións

4 of 18

  • É unha etapa educativa obrigatoria e gratuita entre 12 e 16 anos. (Aínda que se pode permanecer nela ata os 17 ou 18 anos)

  • Comprende 4 cursos

  • Cada curso contén 32 horas lectivas semanais.
  • Cada asignatura está impartida por un profesor diferente.

5 of 18

MATERIAS 1º ESO

MATERIA

HORAS

Lingua Galega e Literatura

3h./4h?

Lingua Castelá e Literatura

3h./4h?

1ª Lingua Estranxeira

3h.

Matemáticas

4h.

Xeografía e Historia

3h

Bioloxía e Xeoloxía

3 h

Educación Física

2h

2ª Lingua estranxeira / reforzo

2h.

Educación Plástica, Visual e Audiovisual

2h

Tecnoloxía e Dixitalización

3h

Titoría

1h

Relixión/ Proxecto competencial

1h

6 of 18

Asignaturas novas este curso coa LOMLOE

Proxecto competencial: trátase de aprender a través do traballo por proxectos temas relacionados co medio ambiente, a saúde, as distintas culturas... A través do pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo, a comunicación e negociación, a creatividade, etc . Para o seu desenvolvemento empregaranse moito os soportes audiovisuais e informáticos. Non trata contidos curriculares asociados á relixión nin a ningunha materia da etapa.

2.ª Lingua estranxeira: Francés (polo xeral, aínda que tamén pode ser escollido o inglés ). Algúns alumnos poden estar exentos desta materia ao presentar algunha dificultade de aprendizaxe. No seu lugar reciben un Reforzo Educativo.

Tecnoloxía e Dixitalización : nesta materia aprenderedes a facer un uso responsable das tecnoloxías, das Redes, e tamén a deseñar proxectos tecnolóxicos, máquinas, robótica, programación,...

Titoría: un profesor de calquera das materias anteriores pode ser o voso titor/a. É unha figura fundamental, ao igual que o foi en EP. Nesta hora elixiredes ao voso delegado, podedes aportar as vosas ideas, inquedanzas, intentar resolver algún conflito de forma pacífica, axudar a algún compañeiro,... E o voso titor, para todo isto, tamén pode abrir debates, actividades de auto coñecemento (sobre a forma de estudar, de organizarse para o tempo de lecer, para coñecervos entre vós, sobre as vosas emocións, os cambios na entrada na adolescencia, etc.); ou organizar obradoiros de acoso escolar, redes sociais, consumo, prevención de adicións, primeiros auxilios, ...

7 of 18

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN

Hai tres avaliacións como en primaria: en Nadal, en Semana Santa e e na primeira semana de xuño (avaliación parcial).

Pero tamén hai unha avaliación final arredor do 20-22 de xuño.

Os que aproben todo na avaliación parcial poderán facer algún exame máis, pero só para subir a nota, nunca para baixar. Tamén poderán facer actividades de repaso e ampliación.

Os que non aproben todo terán unha nova oportunidade para facelo e así xa ter todo o verán libre!

Promoción: para pasar de curso debes ter todas as materias aprobadas; ou ben ter suspendido 1 ou 2 materias; ou sempre que se reúnan algunhas condicións (media igual/superior a 5, expectativas de recuperación, que as materias suspensas non impidan progresar ou que a promoción sexa considerada como beneficiosa para o alumno).

Para acadar o Título de ESO terás que ter aprobadas todas as materias, se ben, e se así o considera o profesorado, poderíase titular no caso de que se cumpran algunhas condicións (media igual ou superior a 5, obxectivos/competencias acadadas).

8 of 18

PRAZO DE MATRÍCULA�COMEZO DO CURSO�MATERIAL...

TEDES QUE ESTAR ATENTOS Á PÁXINA WEB DO IES

9 of 18

IES ISAAC DÍAZ PARDO

10 of 18

A ESO É MOITO MÁIS DIFÍCIL?

NON!

PERO IMPLICA UNHA SERIE DE CAMBIOS, PRINCIPALMENTE NO RITMO DE ENSINANZA E ADAPTACIÓN A CADA MESTRE E MATERIA, QUE REQUERIRÁ UN MAIOR ESFORZO E ORGANIZACIÓN POLA TÚA PARTE.

11 of 18

O mellor é SABER ORGANIZARSE

  • Fai un plan de actividades con horarios concretos.
  • Aproveita as clases, atende, pregunta dúbidas, traballa...
  • Organízate, non deixes todo para o final
  • Acude ao titor/a ou ao profesor/a sempre que o necesites

12 of 18

13 of 18

Fai os deberes, repaso o dado no día en cada asignatura, estuda para o exames, avanza en traballos pendentes.

14 of 18

15 of 18

  • PERO NO INSTITUTO NON TODO É ESTUDIAR...

  • Desfruta cos teus compañeiros dos momentos de ocio: recreos, competicións deportivas, actividades novidosas ...

  • Participa nas actividades complementarias que se organizan: festas culturais, excursións ...

16 of 18

RESTRINXE O USO DO MÓBIL E PANTALLAS

Acorda tempo e momentos de uso coa túa familia. Non teñas o mobil na habitación mestres durmes ou estudas.

17 of 18

SEMPRE PODEREDES CONTAR CON NÓS

18 of 18

Desexámosvos unha feliz e grata andaina nesta etapa que comeza !!!!