E ti
onde vives?
CEIP SERRA VINCIOS. PUNTO E FIN!
Esta é unha escultura de Antonio Navarro Santafé, saberías dicir onde está e que representa? (foto da wikipedia)
Desde a nosa casa ata...
Empezamos este proxecto desde a nosa casa, analizando parede a parede e, agora, só nos queda unha parte desta viaxe: a ruta da auga.
A auga que chega ás casas de Vincios provén do Monte Galiñeiro. No monte hai vetas de auga, mananciais, que nós empregamos para o noso consumo. A auga depúrase para poder bebela.
A auga de Gondomar provén do embalse de Zamáns e do Río Miñor, así como de comunidades de augas veciñais.
A auga de Vigo provén maioritariamente do embalse de Eiras (que capta a auga do río Oitavén), así como tamén do embalse de Zamáns, mananciais de Beade e Bembrive e de comunidades de augas veciñais.
Embalse de Zamáns
Nas nosas casas
Na casa hai tres tipos de tubaxes relacionadas coa auga:
Imos de viaxe
Para rematar o curso e este proxecto, imos realizar unha viaxe a Madrid. Saímos o luns, día 22 e regresamos o venres, día 26 (cinco días, catro noites).
A idea é visitar lugares de interese cultural e de ocio.
Para facer esta viaxe temos que organizala e realizar unha serie de xestións.
Fonte de Cibeles
1. Tócache a ti. De Vincios a Madrid por carreteira
De Vincios a Madrid. Preme na imaxe e irás á pantalla de google maps, aí podes poñer un punto de saída e un de chegada e ver, aproximadamente, canto tardas en chegar ato teu destino, cantos kilómetros hai e a ruta. Anota as provincias polas que pasas para ir á capital de España. E que diferenza horaria hai segundo vaias en coche ou en avión?
De Vincios a Madrid, de turismo
De Vincios a Madrid. Ummm! Por que lugares pasamos? Cando organizamos unha viaxe, sempre pensamos en sitios de interese para visitar, por se podemos parar polo camiño.
Preme na imaxe e logo en cada unha das ubicacións para ver a información dalgúns lugares, máis adiante tocarache a ti buscar sobre outros puntos turísticos.
Organizamos a viaxe 1
Fachada da universidade de Salamanca
Organizamos a viaxe 2
5. En Madrid, aloxarémonos no Hotel Quatro Puerta del Sol, en habitación doble e almorzo incluído. 6. Ao chegar dirixirémonos ao hotel, para deixar o noso equipaxe e sairemos a dar un paseo. Iremos ata a Porta do Sol, o Congreso dos Deputados e á Praza Maior; onde cearemos.
7. O martes, despois do almorzo faremos un percorrido polo “Madrid dos Austrias”. Comeremos no Mercado de San Miguel e voltaremos ao hotel.
Organizamos a viaxe 3
8. As 19:00 horas faremos unha merenda-cea, xa que temos as entradas para ir ao musical do “Rei León” no Teatro Lope de Vega, que comeza as 20:30 horas. A duración é de 2 h. 45 min. con 20 min. de descanso.
9. O mércores imos pasar o día na Warner. Colleremos un autobús na estación sur de Méndez Álvaro. As entradas inclúen, a visita ao parque e o autobús ida e volta. Para comer eleximos o menú exprés.
Organizamos a viaxe 4
10. O xoves, pola maña, faremos un tour (comida incluida) por Toledo. Os lugares que imos ver son: Porta da Bisagra, Mezquita Cristo de la Luz, Calzada romana, Catedral, Sinagoga Santa María La Blanca, Plaza Zocodover, Alcázar de Toledo, Sinagoga el Tránsito y Entierro del Conde de Orgaz.
Mira este video
Entierro del Conde Orgaz. El Greco
Organizamos a viaxe 5
11. O venres remata a nosa estancia en Madrid, pero antes de sair para casa, imos facer unha ruta para visitar, o Museo Thyssen, o Museo do Prado, o Xardín Botánico e San Jerónimo. Esta visita comeza as 10:00 da mañá e remata ás 14:00 horas. Despois iremos a comer e emprenderemos a viaxe de volta, sobre ás 15:30 horas.
Visita ao Museo del Prado
Preme na imaxe e verás un vídeo sobre o Museo do Prado, debaixo deste, hai máis vídeos sobre grandes obras que se albergan no museo. Ve o vídeo das Meninas e da Sagrada Familia del pajarito.
Organizamos a viaxe 6
12. De camiño iremos a Ávila, onde faremos un percorrido dunha hora, arredor da Muralla medieval.
13. Ás 18:00 horas reemprendemos a viaxe de volta. 14. Ás 20:00 horas pararemos quince minutos, para facer un descanso. 15. Ás 21:30 horas pararemos para cear, aproximadamente unha hora. 16. Chegada a Vincios e fin da viaxe.
Presentación das tarefas
Recolle todos os tócache a ti nun só documento de varias páxinas, tal como se fose unha guía de viaxe.
infoviaje. Imagen
E xa es un experto/a en planificar viaxes!
2.Tócache a ti
3.Tócache a ti
En Madrid fomos a visitar a Porta do Sol, o Congreso dos Deputados e a Praza Maior cando chegamos. Despois, paseamos polo Madrid dos Austrias, do que xa viramos a Praza Maior e comemos no Mercado de San Miguel.
Tamén visitamos o Museo Thyssen, pasamos pola fonte de Neptuno, fomos ao Museo do Prado, ao Xardín Botánico e a San Jerónimo.
1.- Escolle unha fotografía de cada un destes lugares de interese e fai unha breve descrición de cada un deles. Do Madrid dos Austrias, ademais da Porta do Sol, a Praza Maior e o Mercado de San Miguel, busca información da Praza de Oriente onde se ubican o Palacio Real e o Teatro Real e da Catedral da Almudena. Pon o título de cada cidade .
Fonte de Neptuno, wikipedia
4.Tócache a ti
Alcázar de Toledo,
wikipedia
5.Tócache a ti
A) El depósito de nuestro coche lleno lleva 50 litros. El litro de gasolina cuesta 1,189 €. ¿Cuánto nos costó llenar el depósito?
B) Nuestro coche consume cada 100 km, 7,4 litros. ¿Nos llegarán los 50 litros para llegar a Madrid sin tener que repostar?
C) ¿Cuál será el gasto total en gasolina para todo el viaje (ida y vuelta)?
6. Tocache a ti
Consulta el documento de los precios y calcula los gastos de este viaje. Precios
Vamos por partes:
1º.- Calcula el precio del hotel para las 4 noches, por persona.
2º.- Calcula el dinero que gastas en comer 4 días. Recuerda que la comida del jueves está incluída en el precio del tour por Toledo.
3º.-Calcula lo que gastas en cenar 5 días.
4º.- Anota el precio de la entrada de la Warner, el de la visita guiada a Toledo y el del autobús Madrid-Toledo (ida y vuelta).
5º.- Anota el precio de la entrada del Rey León.
7º.- Suma todas las cantidades y tendrás el total. Añádele 25 € de gastos varios (refrescos, helados,...) y no olvides el gasto en gasolina.
7. Tócache a ti
Calcula los kilómetros que hemos recorrido en total. Ten en cuenta las visitas a otras ciudades, aunque las hayamos hecho en autobús. No olvides que algunos son trayectos de ida y vuelta.
Xogamos coa auga. Creamos pompas de xabón
Xogamos coa auga.
Chegamos ao final de curso. Espero que aprenderades moito ao longo do proxecto e que o pasarades ben. Nós aprendemos unha morea de cousas. A auga é un elemento imprescindible nas nosas vidas, hai que ser consciente de non malgastala pero… podemos tamén xogar un pouquiño con ela sen malgastar moita con estes xogos de xardín que vos presentamos. Pasádeo ben en familia.