Érase unha vez un monstro que vivía tranquilamente na ladeira oeste dunha montaña.
Na ladeira este da montaña vivía outro monstro.
Os monstros falábanse ás veces a través dun burato da montaña.
Pero non se viran nunca.
Unha tarde o primeiro monstro dixo polo burato:
- ¿Viches que bonito? Vaise o día.
-¡Panoio! ¡ Non me chames zoupón que me enfado! – saltou o outro monstro.�E ficou tan desgustado que case non puido durmir.
O outro monstro estaba tamén moi anoxado, e durmiu moi mal.
Á mañá seguinte o primeiro monstro sentíase fatal despois da mala noite que pasara.�Achegouse ao burato e berrou:�-¡ Esperta, marulo, que se acaba a noite!
-¡Non sexas estúpido, cerebro de mosquito! – contestou o segundo - Iso é que vén o día.� E agarrou unha pedra e tirouna por riba da montaña.
Tamén esta pedra fallou.�- ¡ Non tés nada que facer, pailaroco, peludo, narigudo! Ouveou o segundo monstro, e arrebolou un pedroulo que desmouchou o cume da montaña.
-¡ E ti es unha sobreira vella e renegrida! �– replicou o segundo monstro.�Esta vez, por variar, deulle unha patada a unha pedra enorme.
A medida que avanzaba o día as pedras ían sendo cada vez máis grandes e os insultos cada vez máis longos.
Os dous monstros seguían ilesos, pero a montaña íase desintegrando
- ¿Es un zoquete peludo, cebón, cabeza oca e mandón! – berraba o primeiro monstro tirando unha nova rocha xigantesca
- ¡E ti es un flan temblón, modorro, apestoso e cobardica!-grilaba o segundo monstro arrebolando outra rocha aínda máis grande.
Esa rocha rematou por destruír o que quedaba da montaña e os dous monstros víronse por primeira vez.
Isto ocorreu precisamente cando empezaba un novo solpor.
-¡Incrible! – dixo o primeiro monstro soltando a rocha que tiña entre as mans-. Aí chega a noite. Tiñas razón.
-¡Asombroso! – fungou o segundo monstro deixando caer o seu pedroulo-. Tes razón, é o día que se vai.
Pois foi bastante divertido- riu o primeiro monstro.�-¿Verdade que si? riu o segundo-¡Mágoa da montaña!