As institucións de España
Manuel
O territorio de España
España está formada por:
A Península Ibérica únese ao continente polos Pireneos.
As Canarias están no Océano Atlántico, fronte as costas de África.
As Baleares están no Mar Mediterráneo e son 5 .
Ceuta e Melilla están no norte de África.
Os seus límites
Os naturais son os elementos da natureza, os políticos son "liñas" de separación de paises. Os límites de España son:
Norte: Con Francia, co Mar Cantábrico e con Andorra.
Sur: Co Mar Mediterráneo e co Océano Atlántico.
Leste: Co Mar Mediterráneo.
Oeste: Co Océano Atlántico
Como se organiza o seu territorio
España está formada por 17 comunidades e duas cidades autónomas.
As comunidades teñen parlamento, presidente e goberno autonómico.
As provincias teñen deputación provincial.
Os municipios teñen concellos.
A Constitución Española
É a lei mais importante de España. Recolle os seguintes aspectos:
O Xefe de Estado
O xefe de estado é o rei, este non toma decisións nin elabora leis, senón que acepta as decisións das cortes xerais.
O rei representa a España no estranxeiro, e é a máxima autoridade das forzas armadas.
As Cortes xerais.
Encárganse de elaborar e aprobar leis, está constituída por dúas cámaras: O senado e o Congreso dos Deputados.
O Goberno
A institución que dirixe o estado é o Goberno.
Decide os obxectivos, sociais e políticos e dirixe as relacións internacionais.
O presidente e elixido polo Congreso.
Os ministros son propostos polo presidente. Ocúpanse de colaborar con él en distintas áreas.
O Tribunal de Xustiza
Encárganse de facer cumprir as leis e xulgar aos que as incumpren.
O tribunal supremo encárgase de anular ou confirmar as decisións dos tribunais inferiores.
O tribunal constitucional encárgase de determinar novas leis, que se aproban polas Cortes ou polos parlamentos.
O Estatuto de Autonomía
Aprobouse en 1981, é a lei mais importante de Galicia, despois da constitución, nel defínense:
O nome da comunidade, a delimitación do seu territorio, os símbolos, as responsabilidades dos cidadáns é a organización das súas institucións.
O Parlamento Galego
Representa ao pobo. Está formado por deputados e deputadas, ten as seguintes funcións:
Elaborar as leis propias de Galicia.
Elixir ao presidente ou presidenta.
Aprobar os orzamentos de Galicia.
O presidente da Xunta
É elixido polo parlamento.
As súas funcións son as seguintes:
Representar a Galicia, presidir o Goberno Autonómico e elixir aos seus conselleiros e conselleiras.
A Xunta de Galicia
É o Goberno Autonómico de Galicia, está formado polo presidente e os seus conselleiros.
As súas funcións son as seguintes:
Aplicar as leis que aproba o parlamento e decidir como funcionan as áreas sobres as que Galicia ten competencias.