“ROLOS DE SALCHICHA “
DESPOIS DE BUSCAR VARIAS RECEITAS TÍPICAS DE AUSTRALIA DECIDÍMONOS POLOS “ ROLOS DE SALCHICHA”, UNHA RECEITA FÁCIL DE FACER E QUE PROBABLEMENTE GUSTARÍANOS A TODOS.
PUXEMOSNOS MANS A OBRA . O PRIMEIRO ESCRIBIR OS INGREDIENTES QUE PRECISABAMOS:
1.- MASA FOLLADA
2.- SALCHICHAS
3.- TOMATE
4.- QUEIXO
5.- OVO
AGORA É O TURNO DE APRENDER CALES SON OS PASOS QUE TEMOS QUE SEGUIR.
DESPOIS DE FALALO NA ASAMBLEA TIÑAMOS QUE ESCRILO , PERO COMO ERA MOITO TEXTO DECIDIMOS FACELO CO ORDENADOR ,RECORTALO E PEGALO .
A RECEITA XA ESTABA CASI REMATADA , TAN SÓ FALTABA PEGAR AS IMAXES DOS ALIMENTOS QUE PRECISABAMOS.
O SEGUINTE PASO FOI IR A TENDA A COMPRAR.
XA COA COMPRA FEITA PÓMONOS MANS A OBRA . ¡¡¡ IMOS COCIÑAR!!!
E DESPOIS DE METELAS NO FORNO ESTE FOI O RESULTADO
6º EDUCACIÓN INFANTIL
CUSCÚS
CON POLO
E
VEXETAIS
BUSCAMOS EN LIBROS E NA REDE DISTINTAS RECEITAS E, POR VOTACIÓN, ESCOLLEMOS:
CUSCÚS CON
POLO
E VEXETAIS
COMEZAMOS COÑECENDO OS INGREDINTES:
1 PAQUETE DE CUSCÚS
1 PEITUGA DE POLO
1 CARTÓN DE CALDO DE POLO
1 PEMENTO VERDE
1 PEMENTO VERMELLO
3 CENOURAS
1 CEBOLA
1 BOTE DE CHÍCHAROS
CURRY
ACEITE DE OLIVA
MANTEIGA
SAL
CADA EQUIPO ESCRIBIU A LISTAXE DOS INGREIENTES , EN ESTRUCTURA DE FOLIO XIRATORIO
LISTAXES DA COMPRA REMATADAS
TODO LISTO PARA IR FACER A COMPRA AO SÚPER
MANS Á OBRA: COMEZAMOS COA ELABORACIÓN:
COCADA,
unha receita
do Brasil
Os nomes
das distintas comidas do día
Debemos saber cal é o nome de cada unha das comidas e despois decidiremos que facer.
COÑECEMOS OS NOMES DAS COMIDAS DO DÍA
Buscamos unha receita
COCADA
Buscamos unha receita de América do Sur, por ser o continente que estamos visitando dentro do PDI do centro: “A volta ao mundo en 160 días. Coñecer para aprender”.
A seleccionada foi a COCADA do Brasil.
RECEITA DA COCADA
Ingredientes:
1º Traballamos a receita.
Lemos os ingrediente e intentamos
comprender que é cada un.
2º Escribimos os ingredientes que
precisaremos para as nosas cocadas.
Equipo Tiririri Equipo dos Superfutbolistas
LECTURA DA RECEITA
con Lectura Compartida
RECEITA DA COCADA
Preparación:
1º Seguimos coa nosa receita.
Agora é o momento da preparación.
Lemos como se prepara a cocada e
comprendemos o proceso..
2º Escribimos como prepararemos a
nosa receita.
ESCRITURA DOS INGREDIENTES E DA PREPARACIÓN
con Folio Xiratorio
Como facer efectiva a receita
Ingredientes
Para facer a receita é necesario saber as cantidades que precisaremos de cada ingrediente, pois a receita ven para 4 persoas e nós seremos doce.
Posteriormente deberemos calcular o diñeiro que precisaremos para a compra.
CÁLCULO DA CANTIDADE NECESARIA DE CADA INGREDIENTE
CÁLCULO DO QUE IMOS GASTAR NA COMPRA DO SUPERMERCADO
DE COMPRAS AO SUPERMERCADO
con bolsas reutilizables.
Repartimos os ingredientes por equipos e
fixemos notas para non esquecernos de nada.
COCIÑANDO
Cocadas
Chegou o momento grande, agora é a hora da verdade. Veremos como nos queda esta sobremesa.
HORA DE COCIÑAR
Botamos os ingredientes: leite condensado, coco e azúcar (despois de pesalo).
LEVAMOS AO FOGO e remexemos para que non se pegue, deixamos enfriar e lista para comer.
OS ALUMN@S DE 2º VIAXAMOS A BÉLXICA E COÑECEMOS….. OS GOFRES
Un bo día, recibimos unha carta de Pacho, falándonos doutro país europeo no que estivera de visita.
Ese país era Bélxica e contounos que alí facían un postre riquísimo chamado GOFRE. Picounos a curiosidade e…..
quixemos probalo!!!
No bolsillo de Pacho atopamos a receita:
e puxémonos mans a obra!!!
Fixemos unha lista dos ingredientes necesarios e dos prezos de cada un.
Visitamos o super coa lista e co diñeiro para facer a compra.
Eleximos os productos necesarios e comprobamos os prezos.
Traballamos o prezo total e o cambio que tiñan que darnos na tenda.
Na cociña…..
Preparamos os ingredientes e puxémonos….
MANS A OBRA!!
Preparamos tamén a ETIQUETA cos ingredientes para colocar no noso envoltorio:
Listos para levar para casa e disfrutar!!!
“BLINIS”
RECEITA DE 3ºE.P.
O alumnado de 3º viaxou por toda ASIA occidental,
na busca dunha receita para o proxecto.
Decidiuse que a máis sinxela de facer eran os “Blinis” rusos.
Unhas mini tortas que se serven de aperitivos e van acompañadas de queixo fresco, marmelada ou caviar.
Mans a obra
Grupos cooperativo
Tras a presentación das receitas, había que preparar o necesario para facela.
Plantilla receita: Eva Barceló
Que utensilios precisamos na cociña?
E para que?
Toca ir a compra!
Pero… que imos comprar?
1 ovo?
70gr de fariña?
Traballando en grupo resolvemos este problema escribindo a lista da compra.
Imos á tenda!
Cada equipo levaba a súa bolsa reutilizable e a lista do que lles facía falta.
Entraron, decidiron que producto coller, anotaron os prezos, fixeron a conta e pagaron.
Chegou o momento da verdade . . . A COCIÑAR!
Xa na cociña, recordamos todo o que necesitabamos por se faltaba algo e rapidiño a faenar.
Cada equipo elaborou a súa receita e os seus propios BLINIS.
O resultado foron uns sabrosos BLINIS RUSOS.
HISTORIA
Este mes o alumado de 4º estivo indagando sobre o Ano Novo Chino. Entre outras cousas descubriron que igual que nas nosas casas comemos cousiñas especiais o día de Fin de Ano, en China tamén o fan…
Así que decidimos escoller unha desas receitas para facela no cole.
A nosa favorita foi a de GALLETAS DE NOZ
GALLETAS DE NOZ
Postre popular do Ano Novo Chino, case toda a totalidade de China comparte o mesmo método de fabricación
1º Posta en marcha!
O primeiro que fixemos foi indagar na receita: ingredientes e pasos para a preparación.
Buscamos e apuntamos receitas e ingredientes e calculamos o prezo
A COMPRA!
Unha vez escollida a receita, fomos ao super!
Dividímonos en dous grupos e fomos ao súper a comprar. Pero coidando moito de non pasarnos do presuposto.
Preparación da receita
O que mais nos gustou…
Aquí temos un vídeo explicativo
INGREDIENTES
UTENSILIOS
Aquí temos un vídeo explicativo
Aquí temos un vídeo explicativo
ESPERAMOS QUE AS FAGADES NA CASA E AS DISFRUTEDES COMA NÓS
VIAXE CULINARIA POLA ÁFRICA OCCIDENTAL
DÁTILES RECHEOS
PLÁTANO CON CHOCOLATE.
A clase de Tecno 5º volveu facer as maletas para facer unha viaxe culinaria polo continente africano…
Cada equipo de traballo encargouse de investigar, a través de diferentes fontes, comidas típicas dos países da África Occidental. Despois, entre todxs,eleximos dúas que nos parecían ricas e fáciles de preparar:
dátiles recheos de Marrocos e postre de plátano de Guinea Ecuatorial.
Cando xa tivemos claro o que queriamos cociñar, cada un/ha de nós escribiu as receitas no seu caderno.
O seguinte paso foi facer unha listaxe da compra cos ingredientes e os seus prezos, para saber canto diñeiro tiñamos que levar á tenda.
entendemos a utilidade das matemáticas na vida cotiá: os prezos representados con números decimais, as medidas de cantidade e volume, etc.
Logo tocou calcular os cartos que iamos precisar e distribuir os ingredientes por equipos de compra.
Co moedeiro cheo e as bolsas reutilizables preparadas, saímos do cole rumbo á tenda. Desfrutamos moito do paseo. Ata atopamos un amigo moi agarimoso polo camiño!!
Cada equipo entrou á tenda por quendas para mercar os seus produtos.
É importante revisar que nos cadren as contas!
Xa no cole, preparamos os ingredientes para empezar a cociñar. Lembramos tamén o importante que é seguir en orde as instrucións das receitas.
Ao rematar de preparar os dous postres cada un/ha elaborou o seu propio envoltorio para levar á casa o cociñado. Para iso utilizamos papel de forno e papel de xornal reutilizado.
bo proveito!!
SINCRONIZADA: unha receita da gastronomía mexicana
Buscamos en diferentes fontes e seleccionamos as seguintes:
Buscamos os ingredientes de cada receita
Para a Sincronizada necesitamos:
Corn dogs:
Macarróns con queixo ó estilo americano:
Sincronizada:
.
Macarróns con queixo ó estilo americano:
Corn dogs:
Decidimos convidar ás nosas mestras para probar a nosa receita, polo que tivemos que calcular os ingredientes para 18 persoas… Fixemos os cálculos e así quedaron as cantidades:
A receita Sincronizada Tiña un custo de 34,78€
A receita dos “macarróns con queixo ao estilo americano” tiña un custo de 19,74€.
A receita dos “Corns dogs” era dun custo de 31,29€
Cada equipo valorou como era de saudable a súa receita.
Os diferentes equipos fixeron un prato para coñecer os diferentes tipos de alimentos que contiña a súa receita.
Tamén valoramos os posibles alérxenos dos ingredientes de cada receita.
E buscamos alternativas para cada un deles.
Para os intolerantes á lactosa propuxemos leite ou queixo sen lactosa e para os alérxicos ao glute propuxemos outros cereais sen trigo.
DEFENDEMOS A NOSA RECEITA E DEBATEMOS ENTRE EQUIPOS, POÑENDO EN COMÚN OS CUSTOS, COMO ERA DE SAUDABLE E O TEMPO QUE LEVARÍA FACELA.
A GAÑADORA FOI… SINCRONIZADA!!
FOMOS A TENDA A COMPRAR OS INGREDIENTES NECESARIOS:
-TORTIÑAS
-XAMÓN
-QUEIXO
FORON 72 REBANDAS DE QUEIXO, 36 DE XAMÓN e 36 TORTAS
E MARCHAMOS FACER A COMPRA…
Manexamos os cartos e pagamos nós!
PRIMEIRO SACAMOS DÚAS TORTIÑAS PARA CADA UN E DESPOIS, EN PARELLAS, FOMOS COCIÑALAS NA PRANCHA.
COLOCAMOS A TORTIÑA NA PRANCHA, DESPOIS BOTAMOS 2 PORCIÓNS DE QUEIXO E POLO MEDIO UNHA DE XAMÓN. POR ÚLTIMO, DOBRAMOS á METADE.
RESULTADO FINAL E EMPAQUETADO…
Deixamos que arrefriaran un pouco para gardalas nunhas bolsiñas e poder levalas A casa
DIFUSIÓN DA NOSA RECEITA
Para que as familias coñezan
o noso traballo elaboramos unha presentación entre todos/as
CURSO 21/22
CEIP DE LEIRADO