IES DO CASTRO �- VIGO-
ACOSO ESCOLAR.
Calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo recibida por un alumno ou unha alumna por parte dun, dunha ou de máis iguais, de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluído o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurda no ámbito escolar.
CIBERACOSO ESCOLAR.
Modalidade de acoso producido a través das TRIC (Tecnologías en la Relación la Información y Comunicación), como poden ser a mensaxaría instantánea, as redes sociais ou internet en xeral. Pode incluír a difusión de rumores a través da rede, a publicación de información falsa, a suplantación da identidade, o acoso sexual ou o envío de mensaxes ameazantes, humillantes ou insultantes a través de internet…
Moitas das accións vinculadas ao ciberacoso, sempre que sexan cometidas coa intención de acosar directamente a vítima, poden ser consideradas delitos. Algúns exemplos son os seguintes:
Publicación de imaxes comprometidas ou de datos delicados.
Por iso, para determinar se hai ou non acoso ou ciberacoso escolar cómpre analizar globalmente as circunstancias de cada caso, as repercusións da problemática creada para as persoas implicadas e a súa evolución no tempo, para poder emitir un xuízo de valor concluínte e fundamentado respecto da existencia ou non de acoso.
Describimos algunhas das posibles características, sendo a continuidade no tempo unha condición indispensable para ser considerado acoso ou ciberacoso escolar:
TIPOS DE ACOSOS:
Acoso físico: pode ser directo (sobre a propia vítima: golpes, empurróns, beliscos etc.) ou indirecto (danos ás súas propiedades ou a outras persoas próximas a ela –irmán/s menores.
Acoso verbal: pode ser directo (insultos, alcumes, ofensas, berros, burlas, humillacións etc.) ou indirecto (difusión de rumores negativos, discriminación etc.).
Acoso psicolóxico: ameazas, intimidación, manipulación, chantaxe ou extorsión. Este tipo de acoso tamén abrangue a exclusión social, a través da cal se impide a participación e/ou a inclusión da vítima, ou se ignora a súa presenza no grupo.
Acoso sexual: calquera acto violento ou agresión baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico.
TIPOS DE MALTRATO:
Persoas implicadas.
Vítima
Persoa acosadora
As persoas espectadoras
TRATA SEMPRE AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS COMO CHE GUSTARÍA QUE TE TRATASEN A TI
Practica os valores positivos :
●Sé dialogante. O diálogo é a mellor forma de resolver as diferenzas entre persoas.
● Respecta as normas, tanto as do centro como as do grupo. Facilitan a convivencia.
● Sé tolerante. Respecta as persoas, independentemente das súas ideas, crenzas ou formas de manifestarse.
● Practica a solidariedade. Todas as persoas necesitamos dos demais.
● Sé xusto na valoración dos feitos que observes. Sé imparcial.