25 de novembro
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
En 1999, a ONU declarou o 25 de novembro como o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, en lembranza do asasinato das IRMÁS MIRABAL, coñecidas como “as bolboretas”
Estas tres mulleres dominicanas de entre 26 e 36 anos, loitadoras pola liberdade fronte á ditadura, foron asasinadas por esbirros do ditador Trujillo.
O 25 de novembro de 1960, os corpos das tres irmás apareceron no fondo dun barranco, no interior dun jeep xunto ao condutor. Tras ser matadas a golpes, metéronas dentro do vehículo para simular un accidente e encubrir o seu asasinato.
O 9 de outubro de 2012, MALALA YOUSAFZAI, de quince anos, recibiu tres disparos, un deles na cabeza, cando regresaba a casa no autobús da escola. Os autores do atentado foron talibáns que lle dispararon por opoñerse publicamente ás restricións á educación das mulleres no seu país natal, Pakistán.
Malala afirmou nunha entrevista televisiva, tras sobrevir ao intento de asasinato, que “unha muller é poderosa, pero cando recibe educación é aínda máis poderosa. Os talibáns non queren que as mulleres formen parte da sociedade, e cren que o único traballo da muller é cociñar, coidar a familia, parir e alimentar os seus fillos”
Malala recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014, con 17 anos.
MULLERES MUSULMÁS
MASHA AMINI foi arrestada o 13 de setembro de 2022, pola "Policía da Moral de Iran”. Esta muller de etnia kurda de 22 anos, levaba mal posto o hijab (velo que tapa o cabelo).
O castigo por non levar o velo pode ser a detención, o cárcere, penas de multa ou latigazos. Incluso levando o pano pode considerarse unha violación da lei de vestimenta que se vexa parte do cabelo ou o uso de roupa de cores, axustada ou que non cubra completamente brazos e pernas.
Amini foi detida e golpeada reiteradamente ata que a mataron. Nada máis coñecer a noticia, miles de manifestantes saíron ás rúas de Irán reclamando a igualdade de dereitos entre homes e mulleres e o fin da censura do corpo e da sexualidade feminina.
As protestas continúan en Irán, neste mes de novembro de 2022, baixo o berro de MULLER, VIDA, LIBERDADE, lema que serve de inspiración para esta exposición.
MULLERES MUSULMÁS
MUTILACIÓN XENITAL FEMININA (ABLACIÓN)
A mutilación xenital feminina, ou ablación é o proceso de eliminación, total ou parcial do clítoris xunto cos labios vaxinais internos e externos. Realízase antes da pubertade, co obxectivo de que a muller non poida sentir placer.
Nacións Unidas estimou, antes da pandemia, que máis de 200 millóns de mulleres e nenas de todo o mundo foron obxecto de mutilación, e outras 3 millóns corren o risco de sumarse cada ano a esta macabra lista.
WARIS DIRIE, modelo e escritora de Somalia, mutilada aos 3 anos de idade, conta a súas impresións: “Estaba lista para a ablación, esperaba un longo coitelo, pero o que sacou da bolsa foi unha diminuta coitela de navalla, rota. Notei sangue seca no seu fío desigual. A muller cuspiu na navalla e secouna co seu vestido; mentres a limpiaba, o meu mundo escureceu, pois miña nai vendoume os ollos cun pano”
AS MULLERES COMO CAMPO DE BATALLA
Dende sempre, durante as guerras as mulleres son doblemente vítimas delas, primeiro como persoas que sofren as calamidades de calquera acción bélica, incluíndo a súa morte; e tamén pola súa condición de mulleres, xa que son vistas polos soldados inimigos como botín de guerra, sendo torturadas, asasinadas, violadas ou, en moitos casos, convertidas en esclavas sexuais.
Estampa da obra de Goya, Os desastres da guerra, realizada entre 1810 e 1814, durante a guerra contra os franceses.
Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) o xeneral golpista Queipo de Llano dende a emisora de Radio Sevilla arengaba as súas tropas, como fixo o 23 de xullo de 1936, ás 10 da mañá, dicindo:
“Nuestros valientes […] han demostrado […] lo que significa ser hombres de verdad. Y de paso también a sus mujeres. […] Ahora por lo menos sabrán lo que son hombres y no milicianos maricones. No se van a librar, por mucho que berreen y pataleen”
Atila en Galicia, Castelao (1937)
AS MULLERES COMO CAMPO DE BATALLA
«Había seis “mulleres de entretemento” para a nosa unidade. Unha vez ao mes comprobábase que non tiñan enfermidades de transmisión sexual. As coreanas eran para os mandos. Así que os soldados rasos atacaban as aldeas raptando mulleres, violando e matando», declarou o antigo soldado xaponés Matsumoto.
Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) o exército xaponés estableceu un sistema de escravitude sexual, secuestrando mulleres que eran obrigadas a prostituírse todos os días. Estímanse que unhas 200.000 mulleres foron forzadas a vivir esta situación no transcurso da ocupación xaponesa do leste de asiático (China, Corea, Filipinas, etc.). Moitas destas xóvenes suicidaronse para non ter que sufrir esas torturas.
Lee Ok-seon , unha coreana raptada, cando tiña 15 anos, foi obrigada a manter relacións sexuais cunha media de 50 soldados ao día. Con máis de 80 anos lembraba: «Dicían que me ían matar. Golpeábanme e pateábanme de cotío... chegaron a dicir que acabarían conmigo».
AS MULLERES COMO CAMPO DE BATALLA
Durante a guerra de Bosnia (1992-1995) entre 20.000 e 50.000 mulleres foron violadas. A violación e a escravitude sexual non foi algo casual.
Foi unha política e un instrumento sistemático de guerra co obxectivo de destruir a dignidade das mulleres e extender o terror nas comunidades.
Varias mulleres bosnias, en 2002, declararon ante o Tribunal Penal Internacional para a ex-Iugoslavia sobre a súa tortura e escravitude en diferentes campos de concentración, logrando que a violación como arma de guerra se considerase un crime contra a humanidade.
AS MULLERES COMO CAMPO DE BATALLA
Mulleres bosnias chegando, nun camión, a un campo de concentración (1993)
Borislav Herak, primeiro miliciano serbio condenado por xenocidio recoñeceu que “o campo de concentración de “Sonja” era un hotel. Cando viña a prensa, escondiamos as mulleres no garaxe. Así non podían descubrir que alí había un cárcere de mulleres; non podían intuír que alí se levaban a cabo as violacións.
Grazas a valentía de ANA ORANTES, ao expoñer publicamente na televisión andaluza, en 1997, a súa relación co seu maltratador durante os 40 anos que estiveron casados, conseguíuse que se remodelara o Código Penal do noso país e aprobar a Lei contra Violencia de Xénero (2004).
Foi queimada viva polo seu ex-marido días despois das súas declaracións.
No que vai de 2022 morreron 37 mulleres por violencia machista en España.
Dende 2003, cando se comenzaron a recompilar datos, 1.167 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas.
NIN UNHA MENOS!
Estes son só algúns exemplos de violencia contra as mulleres, mais as cifras falan por si mesmas:
A desigualdade
é
violencia
E é un problema de todxs
Fonte: [24/11/2022] https://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-against-women/facts-and-figures