Instrumentos meteorolóxicos
INSTRUMENTOS METEOROLÓXICOS
Os grupos de 1º da ESO B e C construíron un conxunto de instrumentos para medir distintos parámetros do tempo atmosférico.
As condicións á hora de fabricar ditos instrumentos eran:
Tiñan que estar feitos con materiais reciclados ou reutilizados
Tiñan que funcionar, e dicir, que deberían medir realmente o seu parámetro
Non tiñan que ter unha grande precisión, pero si deberían discriminar algúns valores
1
2
3
Un barómetro é un instrumento que serve para medir a presión atmosférica é dicir, o peso da columnade aire por unidade de superficie exercida pola atmosfera.
A forma máis habitual é observar a altura dunha columna de líquido cuxo peso compense o da atmosfera.
Barómetro
Unha veleta, catavento ou viraventos é unha bandeiriña, manga de tea ou lámina que sinala a dirección do vento.
Utilízase nas estradas para indicar o sentido e forza do vento e nas estacións meteorolóxicas.
Veleta ou viraventos
O termómetro de máximas e mínimas ou termómetro de Six é un termómetro usado en meteoroloxía e horticultura para rexistrar as temperaturas máis altas e máis baixas do día
Termómetro
L.A. trip
O pluviómetro é un instrumento usado nas estacións meteorolóxicas para a recollida e medición das precipitacións.
A cantidade de auga caída exprésase en milímetros de altura.
Pluviómetro
O higrómetro é un aparello empregado para a medición do grao de humidade do aire, entendida esta como a medida do vapor de auga presente nun gas, ou a cantidade de auga contida noutros medios como o chan ou as plantas.
Isto realízase por medio de sensores que perciben e indican a súa variación.
Higrómetro
Un anemómetro é un instrumento para medir a velocidade do vento. Tradicionalmente consta de varias pas a modo de muíño que van xirando segundo a forza do vento, e dunha cinta de transmisión do movemento a un medidor de velocidade liñal. A velocidade do vento utilízase para facer predicións do clima, polo que as estacións meteorolóxicas contan con eles.
Anemómetro
FIN