TRÁNSITO PARA PAIS/NAIS DE E.PRIMARIA A E.SECUNDARIA
CONSELLOS PARA SOBRELEVAR ESTE CAMBIO
PREÁMBULO
CONSELLOS PARA SOBRELEVAR OS CAMBIOS
IMOS CON ESES CAMBIOS
“EMPEZAMOS”
CONSELLO1 �Como docente, vou a dar algunhas pautas necesarias para afrontar ese cambio de Primaria a Secundaria, aínda que moitos destes consellos deben sembrarse en 4º de Primaria para que ó chegar á puberdade xa sexan realidades efectivas:�1.AXUDALLE A XESTIONAR O SEU TEMPO �Como medida organizativa, crea horarios, establece rutinas e pautas que lle axuden a controlar o tempo que destina a cada cousa. En 1º de ESO pedirache autonomía, debes concedela, pero á vez usala empatía para que comprenda que confías nel/a,pero que non debe fallarte intencionadamente. Se abusa da confianza, o privilexio de xestionar o seu tempo perdese. Recorda que psicolóxicamente o adolescente necesita comprobar ese ‘estímulo – respuesta’. Déixalle ser o dono do seu tempo, con determinación.��
CONSELLO 2
ESCOITA, FALA E, ÁS VECES, PREGUNTA
A súa vida está cambiando e necesita sentirse que pertence e a un grupo, o último que quere é que o seu grupo primario (a familia) lle rexeite, pero á súa vez precisa de espazo. É bo falar cos vosos fillos/as, pero non interrogalos, deixar que os temas fluian.Se queres saber cómo se sinte pode que a pregunta directa sexa algo “invasiva”,mellor comenta cómo te sintes ti e conversade .
En vez de preguntar,ofrece a túa propia resposta a unha pregunta elíptica.
CONSELLO 3
TRABALLA O RAZOAMENTO E O PENSAMENTO CRÍTICO
Xa comentamos que Piaget marca este aspecto como fundamental. As cousas xa non poden ser “ porque sí” ou “porque o digo eu que son o teu pai/nai ” senón que debemos darlle razóns de peso, argumentadas desde o diálogo.
Desa forma lle ensinamos a xustificar as súas decisións, as cales o fillo/a tamén aprenderán a argumentar. Deben saber por qué actúas así
CONSELLO 4 ��NON DESCONECTES DOS SEUS ESTUDOS �Xeralmente,moitas familias implicanse menos a medida que crecen os seus fillos/as,�e é unha equivocación. As súas materias aumentan de dificultade,e iso xenera ás veces inseguridade.Os nenos/as necesitna que os acompañedes e que os apoiedes nos seus fracasos se realmente esforzanse . De igual maneira, hai que argumentarlle os motivos dos seus sus erros e debilidades, porque a nivel académico tamén lle axudarán.
CONSELLO 5
OBSERVA NA DISTANCIA
A partires dos 12 anos demandan o seu espazo e queren que non controlemos as súas amizades. Desde o diálogo é positivo que lles deixemos esa “correa” máis solta, pero facéndolles partícipes do voto de confianza que damos, non se trata de soltalos e mirar ó outro lado . Debemos deixarlles ,pero á vez estar pendentes, observando desde a distancia, para analizar posibles sinais de alarma (alteracións nos horarios de sono , tendencias a aillarse ,cambios de humor sen sentido ou condutas moi diferentes ás que tiña hai pouco tempo). Antes de acusar, debemos charlar cos nosos fillos/as , non interrogalos, senón falar , por exemp, de cómo nos sentíamos á súa idade, cómo tivemos axuda dos nosos pais/nais, e como gustarianos que nos axudaran, para logo preguntarlles qué podemos facer.
CONSELLO 6
XESTIONA A PAGA
Na preadolescencia chega o momento de que aprenda a administrar unha pequena cantidade de diñeiro. É importante non darlle moito, senón o básico para aquelas cousas que consideremos, é dicir, para o transporte público, almorzo ou o esencial. Desa forma evitaremos que poida utilizalo para comprar tabaco, por exemplo, o cal é algo que algún día probará. Tres máis dous son cinco, nunca seis.
CONSELLO 7�TABACO, ALCOHOL E OUTRAS SUSTANCIAS �É posible que un día chegue olendo a tabaco e sempre será porque “ os seus amigos fuman e él non”. Novamente, debemos evitala acusación indiscriminada e buscala confianza e empatía. Pensa que estará averiguando a manera de ser aceptado no seu grupo, e o tabaco lle fai “ser maior”.�É bo contarlle a nosa experiencia durante a xuventude ou desagradable que foi o primer beso a unha persoa fumadora, por exemplo. Unha boa alternativa ante estes hábitos é o exercicio físico
�DEPORTE, DEPORTE E MÁIS DEPORTE �É unha maneira de promover unha vida saludable, pois xenerará o seu sentido de pertenza a un grupo e lle axudará a comprender valores como o esforzo, o sacrificio e a superación.�Cada adolescente é dunha maneira, pero todos necesitan que a súa familia lles acompañe nesa metamorfose que implica pasar dunha etapa a outra, tanto persoal como académica, e que neste caso van da mán unha e outra . Pero como pais/nais sempre podedes acudir ós profesionais expertos e especializados para buscar respostas, e especialmente solucións. �O máis importante é sembrar confianza, respecto e empatía antes de chegar á puberdade e , unha vez nela , facer uso do diálogo e tomar o noso propio exemplo para ofrecerllo como punto desde o que partir cara adiante xuntos..� �
CONSELLO 8
MOITAS GRAZAS !
Para calquera dúbida :
R. / José María Penabad López, s/n -
15320 - As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Teléfono 881 93 00 01 - Fax 881 93 00 16
http://www.edu.xunta.es/centros/iescastrodauz
VÉMONOS
NO MES DE SETEMBRO ¡¡¡¡¡¡¡¡