1 of 32

​

GUIA DE

USUARIOS

CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE

2 of 32

ÍNDICE

  1. Servizos
  2. Horario
  3. Normas
  4. Préstamos
  5. Acceso online
  6. Comunicacións
  7. Contavenres

​

8. Caixa de suxestións

9. Uso dos ordenadores 10. Espazos

11. Colocación dos libros

12. Outros materiais

13. Alumnado axudante 14. Profesorado

3 of 32

1. QUE PODO FACER NA BIBLIOTECA?

  • Ler.
  • Coller libros para levar para a casa.
  • Buscar información nos ordenadores ou nos libros de saber e coñecer.
  • Realizar traballos de investigación.
  • Solicitar que se compre un libro.
  • Escoitar música.

​

​

4 of 32

Construír cos legos Xogar (supervisión do titor/a)

​

​

​

Preparar teatro/contacontos.

​

​

​

5 of 32

2. CANDO PODO VISITALA?�

  • A biblioteca está aberta durante toda a xornada escolar.

​

  • Durante as sesión lectivas de 9:00 a 14:00h. Na hora reservada polo teu titor/a.

​

  • Durante o recreo: de 11:30 a 11:50h.

​

  • Polas tardes en horario de 16:00 a 18:00h.

​

SEMPRE QUE ESTES NA BIBLIO, DEBERÁS ESTAR ACOMPAÑAD@ DUN MESTRE/A.

​

​

6 of 32

3. QUE NORMAS DEBO CUMPLIR?

  • FALA BAIXIÑO.
  • ANDA AMODIÑO.
  • Garda a MERENDA para o patio. Non se come na biblioteca.
  • Fai caso as INDICACIÓNS do persoal responsable e axudantes.
  • Agarda a que esté un mestre/a ou o alumnado voluntario para entrar.
  • Cando devolvas un libro, entrégao ao mestre/a ou a un axudante de biblio para que o devolvan no programa KOHA.

​

7 of 32

  • Trata co máximo COIDADO os libros e as revistas. Eres o responsable dos libros que levas en préstamo. Se os deterioras deberás repoñelos.
  • Deixa os libros, cadeiras, mesas e demais mobiliario COLOCADO.
  • APAGA OS ORDENADORES seguindo todos os pasos, nunca no botón da CPU directamente.

​

​

8 of 32

  • Durante o tempo de recreo debes
  • Chegar con PUNTUALIDADE: 11:30, para non entorpecer as actividades que poidan estar previstas para ese día.
  • Deixar os libros prestados na caixa de

“GARDALIBROS”, e recollelos ao subir do patio.

​

  • Baixar ao patio ás 11:50 coa merenda para incorporarte ás filas a tempo.
  • Se ves só a facer o préstamo podes entrar e saír ao rematar. Saíndo en orde. Non está permitido quedar no corredor, nin acceder ás aulas.

​

HORA DE ENTRADA: 11:30 HORA DE SAÍDA: 11:50

​

9 of 32

4. COMO FAGO UN PRÉSTAMO?

  • Indica o teu nome e apelidos á persoa encargada no mostrador da biblioteca.
  • Podes levar para casa 1,2 ou 3 libros ou revistas.
  • Prazo máximo de devolución 15 días.
  • Devolve o teu libro no mostrador comunicando que queres devolvelo.
  • Os libros serán colocados nas estanterías polo mestre/a responsable nese momento.

*Todos os libros prestados e devoltos deberán ser anotados no programa KOHA do ordenador.

*En caso de estravío ou de devolvelo en mal estado, deberás mercar un novo exemplar.

10 of 32

5. COMO SEI SE HAI O LIBRO �QUE QUERO?

  • No blog da biblioteca https://biblioseoanin.blogspot.com/ pódese consultar se hai un libro na biblioteca, se está disponible ou onde está colocado. Só hai que facer clic no icono de “catálogo”, na columna da esquerda.

​

​

​

11 of 32

Escribe no buscador o título ou o autor/a do libro que buscas e

​

​

​

​

​

​

​

​

12 of 32

Comproba que no estado aparece: Dispoñible.

​

Consulta a súa ubicación mirando en Notas: Terceiro ciclo

​

Localiza o libro na estantería segundo a Signatura: 834.G COS esc

​

​

​

​

​

​

​

​

13 of 32

6. COMO ESTAR INFORMADO DAS ACTIVIDADES?

​

Blog:

https://biblioseoanin.blogspot.com/

podes consultar todas as actividades previstas, ver as fotos subidas, comentar as entradas, buscar libros no catálogo da nosa biblioteca, … É MOI IMPORTANTE A VOSA PARTICIPACIÓN!

​

Correo: biblioseoanin@gmail.com

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

14 of 32

No expositor móvil poderás atopar as novidades ou os libros relacionados coa temática relacionada coas datas ou celebracións próximas.

​

15 of 32

7. CONTAVENRES

• Os venres na hora do recreo son tempos de contos.

• Tod@s poden contar contos: mestres/as, alumnos/as, familias...

• Podes acudir como oínte ou preparar o teu propio conto (contar

de xeito oral, ler, dramatizar, teatro de títeres, teatro de sombras,

kamishibai, presentación ... ).

• Unha vez teñas preparado o conto reserva unha data para a súa

representación. O día da estrea informarás polas aulas do público

ao que vai destinado.

• Animamos ao profesorado a que participe, contando conto ou

invitando ao seu alumnado a participar, axudandolles na preparación

do mesmo.

​

16 of 32

8. PODO FACER SUXESTIÓNS?

CAIXA DE SUXESTIÓNS

Se queres facer alguna suxestión, queixa ou agradecemento tes a túa disposición un buzón de cor verde que pon “SUXESTIÓNS”.

  • Nel podes:

- Solicitar algún libro que vos gustaría ter na nosa biblioteca

- Propoñer unha actividade

- Reservar data para realizar un contacontos

  • Etc

AS VECES VIAXARÁ POLAS AULAS NA HORA DE LER.

17 of 32

9. PARA QUE PODO USAR OS ORDENADORES?

  • Durante o tempo de recreo está permitido o uso de ordenadores para:
  • Consultar o catálogo da biblioteca.
  • Consultar enciclopedias ou diccionarios.
  • Acceder ao blog da biblioteca.

​

​

18 of 32

  • *A navegación por internet non está exenta de riscos por tanto deberás ter en conta as orientacións seguintes:
  • Sempre usarás Internet en presenza do bibliotecario (profesorado ou axudantes)
  • Non debes dar os teus datos personais a ninguén a través da rede. Non facilitar dirección, nin teléfono ou nomes e apelidos.
  • Non usar chats nin o correo
  • Non enviar datos persoais a concursos ou páxinas web descoñecidas.

​

* Non está permitido modificar a configuración dos equipos en ningún sentido. Así como dañar ou eliminar programas, bases de datos, documentos ou archivos que pertencen á biblioteca ou a outros usuarios.

​

CALQUERA INCIDENCIA COMENTAR AO BIBLIOTECARIO/A.

19 of 32

10. CÓMO SE ORGANIZA A BIBLIOTECA?

​

​

  • ZONA DE PRÉSTAMO
  • ZONA DE LECTURA
  • ZONA DE CONSULTA E TRABALLO EN EQUIPO
  • ZONA DE XOGOS
  • ZONA DE TEATRO

20 of 32

ZONA DE PRÉSTAMO

INFANTIL

5º e 6º

CURSO

INFORMACIÓN

3º e 4º

CURSO

ZONA DE LECTURA

ESCENARIO

1º e 2º

CURSO

Xogos

Legos

ZONA DE ORDENADORES

CÓMIC POESÍA ENGLISH MÚSICA

TEATRO

SAÍDA

ALMACÉN

BAÑO

Teatro

ENTRADA

21 of 32

11. COMO ESTÁN COLOCADOS OS LIBROS?

​

​

LIBROS

DE

FICCIÓN

​

82

​

LIBROS

DE

INFORMACIÓN

​

22 of 32

LIBROS DE FICCIÓN

NARRATIVA: 82-N Narrativa

  • Están clasificados segundo o nivel lector. Levan unha pegatina rectangular de diferente cor segundo a idade á que van dirixidos.

​

  • Prelectores (Alumnado Infantil)

​

  • Primeiros lectores (1º e 2º curso)

​

  • Lectores en marcha (3º e 4º curso)

​

  • Lectores avanzados (5º e 6º curso)

23 of 32

LIBROS DE FICCIÓN:

​

​

​

​

​

​

​

​

​

82-C Cómic

MÚSICA

82-T Teatro

INGLÉS

82-P Poesía

24 of 32

Os libros de información están colocados por temas. (CDU)

​

Teñen unha pegatina cadrada de cor cun debuxo. Cada unha corresponde a un tema.

LIBROS DE

INFORMACIÓN

25 of 32

Os libros de ficción están ordenados alfabéticamente segundo o apelido do autor/a.

​

A letra G. despois do número indica que están en galego.

26 of 32

Todos os libros teñen unha etiqueta (tejuelo) que contén:

  • 1º. Número da CDU
  • 2º. As tres primeiras letras do primer apelido do autor.
  • 3º. As tres primeiras letras do título.

​

​

​

​

27 of 32

12. OUTROS MATERIAIS

TABLETS

LIBROS CON PICTOS

KAMISHIBAI

MICROS

BOLSAS TEMÁTICAS

PARA AS FAMILIAS

CROMA

XORNAIS E REVISTAS

RADIO

DISFRACES

28 of 32

Solicitar usuario e contrasinal ao personal de biblioteca.

PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DIXITAL.

29 of 32

13. ALUMNADO AXUDANTE ( 6º)

O alumnado axudante acudirá con puntualidade á biblioteca o día que lle toque. Na porta da biblio hai un horario coas quendas. Presentarase como axudante á persoa responsable da biblioteca nese momento e collerá o seu colgante de axudante para estar identificado.

​

TAREFAS

  • Axudar a que se cumpran as normas.
  • Facer o préstamo.
  • Colocar e ordenar correctamente os libros nos andeis.
  • Asesorar nas lecturas.
  • Buscar os libros que pidan os usuarios/as.
  • Axudar no control dos ordenadores.
  • Recoller e arranxar os libros que estean estragados.
  • Facer as tarefas que me pidan as mestras da biblioteca.
  • Axudar a ordenar antes de saír (cadeiras, libros, apagar os ordenadores).

​

​

​

30 of 32

14. PROFESORADO

  • O profesorado ten un número de USUARIO co que acceder a KOHA.

​

  • Para realizar o préstamo de libros para a súa aula seguirá as indicacións sinaladas na folla plastificada situada na carpeta da biblioteca.

​

  • Poderán levarse un máximo de 30 libros por mestre e o prazo de devolución será de 1 mes.

  • O profesorado será o encargado de facer o préstamo co seu alumnado no horario establecido ao inicio de curso seguindo o mesmo procedemento.

​

  • Calquera incidencia ou consulta comunicala ao equipo de biblio ou deixar unha nota no mostrador.

31 of 32

32 of 32

XA ESTÁS LISTO/A PARA ACUDIR Á BIBLIOTECA!

AGARDÁMOSTE!

​