Presentación do Plan de Acción 2024
Un proceso diferente
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Índice
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Índice
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
1. Revisión do marco estratéxico
Novo calendario democrático e proceso da Grande Conversa
Na AX 2023 aprobouse a proposta dun novo calendario democrático que, durante este curso, levounos ao proceso participativo da Grande Conversa. O resultado deste proceso serviranos como base para refundar o marco estratéxico da cooperativa.
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Índice
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Obxectivos 2024
Plan de Acción
2. Obxectivos 2024
Plan de Acción 2024
Os obxectivos que o Equipo Técnico considerou prioritarios para o plan de acción deste curso son os seguintes:
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
2.1 Aumentar o número de contratos
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Aumentar o número de contratos | Intención, contexto e proxectos |
Criterio de éxito: incorporar 10 000 novos contratos á cooperativa durante este curso. | Viabilidade da cooperativa |
Proxectos de captación e retención de contratos |
2.2 Diversificar a actividade da cooperativa
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Diversificar a actividade da cooperativa | Intención, contexto e proxectos |
Criterio de éxito: incorporar novos servizos que aporten unha marxe de contribución positiva que se complemente coa fonte de ingresos actual das actividades de comercialización e xeración. | Sustentabilidade da cooperativa |
Consolidar proxectos como GURB, Generation kWh, representación de plantas... |
2.3 Desprazar o consumo ás horas máis económicas
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Desprazar o consumo eléctrico comercializado ás horas de aprovisionamento máis económicas | Intención, contexto e proxectos |
Criterio de éxito: mellorar a % de consumo das usuarias nas horas de aprovisionamento. | Redución do risco de aprovisionamento. |
Deseño dunha nova estrutura tarifaria que inclúa a tarifa social, así como a revisión e mellora de servizos de asesoramento como Infoenergia. |
Índice
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Proxectos 2024
Plan de Acción
3. Proxectos 2024
Plan de Acción
Plan de Acción 2024
Para acadar os obxectivos anteriores, o Equipo Técnico considerou prioritarios 19 proxectos.
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
4. Proxectos en fase de consolidación
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Descrición proxectos 2024 | |
GURB | Proxecto para persoas e entidades socias de Som Energia que queiran autoproducir enerxía. GURB é un servizo de autoconsumo compartido que facilita o autoconsumo a persoas que por motivos técnicos ou económicos non serían quen de facelo soas. A diferencia das comunidades enerxéticas, GURB permite autoconsumir a través dunha comunidade cidadá de enerxía, sen inversión inicial e sen preocupacións pola xestión nen polo mantemento da planta. |
GENERATION KWH | Generation kWh é un modelo innovador de achegas baseado no retorno enerxético e non no financeiro. É unha vía que ten a cooperativa para obter financiamento para construír e por en marcha plantas de produción de enerxía eléctrica de fontes renovábeis. Fai posible que a persoa ou entidade socia interesada obteña enerxía renovable a prezo de custe de xeración das plantas de Som Energia. |
FLUX SOLAR | O Flux Solar permite obter, a iniciativa da comercializadora, un dereito de desconto nas facturas de electricidade grazas aos excedentes que non puideron ser compensados polo mecanismo de compensación simplificada de excedentes establecido no RD 244/2019. É unha ferramenta que Som Energia ofrece en todos os contratos con autoprodución, individual ou colectiva, que se acollan á modalidade de compensación simplificada de excedentes. |
4. Proxectos en fase de consolidación
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Descrición proxectos 2024 | |
SERVIZO DE REPRESENTACIÓN | A representación no mercado é un servizo que asume todas as xestións cos diferentes axentes implicados para vender no mercado eléctrico a enerxía producida por unha instalación de produción renovable. Som Energia encárgase de vender a electricidade no mercado grosista e de pagarlla ás propietarias das plantas produtoras segundo a súa produción. Do mesmo xeito, a comercializadora encárgase de mercar a electricidade no mercado grosista e de facturala ás súas clientas. |
AUTOCONSUMO VIRTUAL DINÁMICO (AuVIDI) | AuVIDI é un sistema de reparto virtual dinámico. Está destinado a entidades e empresas que deben ou queren repartir directamente a enerxía xerada por unha ou máis plantas de xeración na factura de varios puntos de subministro, alén das limitacións marcadas no RD 244/2019, que regula o autoconsumo colectivo. |
5. Proxectos novos
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Descrición proxectos 2024 | |
PLAN DE MÁRKETING | Estes proxectos buscan actualizar a estratexia comunicativa da cooperativa: redeseñar a marca, renovar a web, potenciar e aumentar as canles de comunicación actuais e definir a nosa «socia/clienta potencial» a través dun estudo de mercado para determinar que é o que nos diferencia como cooperativa comercializadora de electricidade. Elaborarase un catálogo dos servizos de Som Energia para identificar o que queremos promover e como. Por exemplo, no caso da publicidade, aparecer nos medios de comunicación, nas redes sociais, etc. O obxectivo de todas estas accións é gañar novos contactos e chegar a quen non nos coñece. |
REBRANDING | |
CATÁLOGO DE SERVIZOS | |
5. Proxectos novos
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Descrición proxectos 2024 | |
BALANCE DE CUSTOS | Aplicaranse melloras na automatización do control dos ingresos e dos gastos na compra de electricidade que permitirán facer un balance global da cooperativa e un balance por tipoloxía de contrato. Empregaranse ferramentas de big data para facer unha análise horaria do balance contable. |
VULNERABILIDADE ENERXÉTICA E TARIFA SOCIAL | Crearase, dentro do Equipo Técnico, un grupo de traballo para recoller todo o traballo feito ata agora e definir as vindeiras accións contra a vulnerabilidade enerxética. Tamén se analizará a posibilidade de ofrecer unha tarifa social. |
6. Proxectos en fase de análise/estudo
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Descrición proxectos 2024 | |
FLUX SOLAR (CONTINUACIÓN) | Unha vez desenvolvida a ferramenta básica, que foi ofertada a todas as persoas e entidades con autoconsumo e compensación simplificada, buscamos consolidar e mellorar a ferramenta así como investigar novas funcionalidades ou aplicacións para futuros servizos. |
FOMENTO DA INTERCOOPERACIÓN | Estruturaremos todos os mecanismos de colaboración e intercooperación en curso, unificaremos os criterios para a activación de mecanismos e definiremos un espazo web propio para fomentar e visbilizar esta aposta cooperativista. |
COMPRAS COLECTIVAS �REDE DE INSTALADORES, ASESORAMENTO E NOVOS PRODUCTOS | Estase revisando o modelo de compras colectivas, que aspira a ofrecer a posibilidade de executar instalacións fotovoltaicas e outros produtos de eficiencia enerxética. Incorpórase o asesoramento a bloques de pisos para autoconsumos colectivos. |
INFOENERXÍA | Tras rematar a colaboración técnica co provedor Beedata, o Equipo Técnico está a estudar como seguir ofrecendo ese servizo internamente ás persoas e entidades socias á vista dos obxectivos de desprazamento de consumos. |
7. Outros proxectos para máis adiante
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Descrición proxectos 2024 | |
ESTRUTURA TARIFARIA | Unha vez executado o proxecto de mellora da elaboración do balance de custos, e mediante comisións de traballo mixtas (Equipo Técnico, Consello Reitor e socias) iniciaranse proxectos para estudar as tarifas que ofertamos e os cambios que son necesarios. |
NOVA WEB/APP | Os procesos de márketing, rebranding e catalogación de servizos servirán como base para renovar a páxina web e mellorar a experiencia de usuaria. Deste xeito será máis doada e accesible a chegada de novas persoas e entidades á cooperativa. |
MELLORA UX/UI | |
ASESORÍA ENERXÉTICA, FLEXIBILIDADE, AUTOCONSUMO COLECTIVO... | Novos servizos en produtos e mercados emerxentes |
8. Proxectos imperativos
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop
Descrición proxectos 2024 | |
PLAN ESTRATÉXICO 2025-2030 | A cooperativa precisa dotarse dun marco estratéxico actualizado para seguir sendo referente e disruptiva tanto no sector da enerxía como na sociedade. Este plan acompañará ao Equipo Técnico e ao Consello Reitor no establecemento de obxectivos e proxectos nos vindeiros anos. |
ANÁLISE DOBRE MATERIALIDADE E INFORME DE SUSTENTABILIDADE | A partir do 2025, a cooperativa estará obrigada a informar, con acordo á normativa CSRD, e segundo unha análise de dobre materialidade; sobre aspectos como o goberno, a sustentabilidade nas actividades, etc. Este informe de sustentabilidade presentarase de maneira anual. |
GRUPOS DE TRABALLO NA COMISIÓN NACIONAL DOS MERCADOS E DA COMPETENCIA | Participación activa nos grupos de traballo que convoca a CNMC, reguladora do sector e do mercado eléctrico, en especial sobre os contratos ATR de comunicación distribuidora-comercializadora e sobre novas figuras relacionadas co autoconsumo e co sistema de peaxes. |
NOVO MODELO DE ATENCIÓN | Seguimos revisando o modelo de atención a socias e usuarias para continuar ofrecendo un servizo de excelencia, próximo e directo no trato. |
Moltes gràcies!
Moitas grazas!
Eskerrik asko!
Moitas grazas!
25/05/2024 — AG2024 — assemblea.somenergia.coop