1 of 27

Arrancamos

coa

radio!!!

2 of 27

3 of 27

Elementos básicos:

  • Mesa de mezclas
  • Micrófonos
  • Auriculares
  • Ordenador ou gravadora
  • Cables

4 of 27

O funcionamento dunha radio (II)

A mesa é o “cerebro” da radio ela é quen distribúe a información e faino a través dos cables, que neste símil serían como os “nervios”.

A información pode entrar na mesa (input) ou saír (output).

Funcionamento básico: o micrófono envía información de entrada á mesa, esta envíalla por unha saída aos auriculares e por outra saída a unha gravadora ou a un ordenador

Input

Output

Output

Input

5 of 27

6 of 27

O funcionamento dunha radio (III)

  • No primeiro caso conectarase a saída da mesa á gravadora e nela tan só teremos que pulsar no botón de gravar ou record, identificado habitualmente cun punto vermello.
  • Para gravar cun ordenador empregaremos un programa de edición de audio como pode ser o audacity, cool edit pro, adobe audition, reaper, logic pro, pro tools, etc. A mesa envía a información ao ordenador polo cable USB.

Gravando un programa: para gravar na radio podemos empregar unha gravadora de son ou un ordenador.

O audacity pódese descargar de balde dende www.audacityteam.org

7 of 27

O funcionamento dunha radio (IV)

Mentres gravamos:

Mentres se está a gravar un programa de radio dentro do estudio todo se escoita mediante auriculares. Dentro del non existen altofalantes, porque se produciría un efecto chamado retroalimentación ou feedback.

Feedback: é un proceso no que a información entra e sae pola misma canle de xeito continuo. No caso do son remata por convertirse nun pitido intenso coñecido popularmente por “acople”.

Un símil nas imaxes sería o coñecido como o efecto droste, trátase dunha imaxe recursiva que se repite ata o infinito.

8 of 27

A radio como ferramenta

didáctica TIC

A radio implica imaxinación, maxia, música, expresión, comunicación, coñecemento, diversión, reflexión e tamén tecnoloxía, novidade e realidade social.

É unha ferramenta didáctica TIC tradicional pero que tivo pouca presencia na escola ata as dúas últimas décadas, na que se incorpora pola facilidade de emprego coa chegada da informática, de Internet e o abaratamento da tecnoloxía.

9 of 27

Tarefas coa radio escolar

  • Manexo dos equipos: habilidade técnica, actitudes de responsabilidade e tamén de experimentación
  • Locución: aprendizaxe do valor do emprego da voz, da música ou dos efectos sonoros
  • Elaboración dos guións de radio: sistematizar e sintetizar a información, darlle coherencia e fomentar a imaxinación e a creatividade
  • Tarefas de documentación e investigación
  • Tarefas de produción e organización

10 of 27

Mans á obra

o Tormenta de ideas.

o Debate.

o Toma de decisións (enfoque, tema, textos, músicas, efectos, roles das persoas…)

o Elaboración do guión (recomendable grupo en drive con arquivo compartido)

o Ensaiamos co guión.

o Gravamos.

o Escoitamos.

o Avaliamos (facemos propostas para futuros programas)

11 of 27

12 of 27

Propostas de actividades

    • Informativos de orde escolar
    • Concursos
    • Reportaxes ou documentais
    • Mesas redondas ou debates
    • Entrevistas a persoas do centro escolar ou da contorna
    • Programas musicais
    • Programas deportivos
    • Retransmisión de eventos escolares en directo
    • Crónicas
    • Programas de investigación
    • Contos narrados, radio teatro ou radio novelas
    • Magacines con espazos variados (cultura, humor, actualidade…)
    • Sonigramas (creación de historias a partir de sons)

13 of 27

Recursos e fontes

14 of 27

15 of 27

16 of 27

A locución

Simplemente mudando a nosa voz podemos transmitir:

  • Diferentes emocións.
  • O lugar onde nos atopamos.
  • Que tipo de personaxe somos.

17 of 27

18 of 27

Consellos para guións (I)

Escribe como falas: Os mellores locutores e locutoras son os que se expresan con maior naturalidade.

Pensa que a túa audiencia está formada por persoas : Dirixímonos directamente aos oíntes con expresións como "Quererás saber" ou “preguntarasche" e NON "Os oíntes quererán saber". Deste xeito o receptor pensará que lle falan só a el, co que a mensaxe terá maior impacto.

Escribe oracións curtas: é mellor escribir dúas oracións curtas que unha longa e complexa.

19 of 27

Consellos para guións (II)

  • Non escribas palabras longas se as curtas teñen o mesmo significado: na radio, se queremos ser entendidos pola maior parte da audiencia, é mellor que utilicemos palabras sinxelas.
  • Usa a forma activa dos verbos
  • Le o que escribiches en voz alta : é a única maneira de oír como soan as nosas palabras.
  • Resalta o máis importante do teu guión: en cada frase, resaltamos as palabras que queiramos destacar dicíndoas máis alto ou con máis enerxía. Así, os locutores do guion de radio acordaranse de salientalas ao momento de dicilas. Tamén podemos facer outro tipo de indicacións no guión para lembrar cando debemos facer unha pausa, por exemplo.

20 of 27

https://www.agareso.org/gl/a-radio/

21 of 27

Sonigramas

sonigrama 66

Espazo dos grupos de Lingua galega e literatura de 4º de ESO do IES David Buján de Cambre.

Curso 2017-2018

22 of 27

Sara Mesías, 4º A

Os ruídos despertáronme de novo, ben, minto... hai tempo que estou desperta, pero os ollos pechados... como se iso me protexese deste frío. Cantos días van? Sete, oito, dez días? Ou pode que só dez minutos. Necesítoa, e á xente dálle igual, eles non saben o frío qu teño, o cega que me sinto...

Pola ventá desta habitación de motel soan as gaivotas... algo que antano me enamoraba, agora só quero iso, é o único que necesito... pero gustaríame voar coma elas cara o sol, para quentarme... teño frío. Levántome da cama, non sei como. Abro a mochila... non, non queda nada... tento cos meus últimos folgos quentar as mans. Pero vence este frío, que me tira na cama facendo soar os seus gastados resortes. É o último que escoito antes de que a canción de Björk me peche os ollos para sempre.

SONIGRAMA_66_Sara.mp3

23 of 27

Tania Codesido, 4º A

Subo ao coche e pecho a porta . Ao meu lado é el o que conduce. Ollo para el de cando en vez para asegurarme de que segue comigo. De súpeto o motor do coche detense e aínda que el tenta facelo arrancar non o logra. Ao lonxe soan as gaivotas e os seus chíos mestúranse coa musica da radio. O coche continua sen arrancar e aínda por riba comeza a chover. Soa un espertador cada vez mais preto. Esperto. Na radio comeza a soar “Dreamer”. Sorrío para os meus adentros. A radio nin imaxina o moito que atinou esta vez.

sonigrama Tania

24 of 27

Prema na imaxe da dereita para poder o sonigrama.

25 of 27

Sintonía da radio ou do programa

Introdución do noso programa: un presentador/a danos a benvida e introduce aos

participantes do programa

O noso centro: deberedes explicar a localización do centro e información básica sobre as instalacións e equipamentos dos que dispoñemos.

Os dereitos de/para todas: teredes que falar dos dereitos información/ formación, cultura, sociedade inclusiva...

Día a día: : falaredes das actividades que se van levando a cabo e as que van chegando novas ..

O noso cole: falaredes das redes e medios cos que conta o noso cole.

Despedida: o mesmo presentador/a despide o programa lembrando en que lugar de Internet pode ser escoitado

Sintonía da radio ou do programa

26 of 27

27 of 27

http://bit.ly/rapazada20