Sophie é unha nena que, xunto ao seu avó, percorren o Camiño de Santiago. Na súa mochila leva sempre un caderno no que escribe as súas aventuras.
Un día chegou un paquete e unha carta ao cole. Viña do Cebreiro!!!
A carta era de Vilma (a bibliotecaria amiga de Sophie), nela coméntanos que quere animar a Sophie para que faga o Camiño Inglés. Pídenos que fagamos algo especial para ensinarllo a Sophie e convencela.
Aquí vai a nosa proposta e os “pasos” que seguimos.�
Antes de comezar, tivemos que procurar, analizar e seleccionar información relacionada co Camiño Inglés e sobre todo, coa etapa de Ordes a Oroso.
Entre outras moitas cousas, descubrimos que…
Nunha casa chamada Casa Maldonado parou o rei Felipe II en 1554 cando viña de visitar Compostela e se dirixía a Inglaterra para casar con María Tudor. Como recordo do seu paso hai un escudo tallado, cunha torre e tres flor de lis (sería o primeiro escudo de Ordes).
A parroquia de Poulo foi moi importante.
A igrexa de San Xian de Poulo ten unha cruz cumial (é unha cruz de orixe celta que leva un anel que a rodea) moi antiga, que lembra ás de Irlanda ou Gran Bretaña.
Por alí pasaba o Antigo Camiño Real construído sobre unha vella vía romana. Por este camiño viaxaron moitas persoaxes ilustres.
Descubrimos que, hai miles de anos, a xente vivía en castros. Por exemplo o Castro de Casanova, o Castro de Buscás…
Tamén houbo torres, castelos, cabaleiros e condados , como o de Trastámara. Pero… de todo iso, xa pouco queda .
Por estas terras houbo bandoleiros e ladróns que asaltaban a peregrinos e viaxeiros.
En 1140 constrúese o Hospital de Bruma na que os viaxeiros, podían protexerse, durmir e repoñerse para despois, seguir hacia Santiago.
Do antigo Hospital só queda a capela de San Lourenzo. Preto do lugar onde estaba o Hospital de Bruma, agora, hai un albergue de peregrinos, o “Albergue de Bruma”.
Ordes ten unha gran tradición gandeira e téxtil.
está sufrindo unha forte crise.
Descubrir a actual situación, fíxonos pensar en que sería una boa idea facer o noso traballo como homenaxe a esta gran tradicíon téxtil por iso imos ...
“COSER O CAMIÑO”.
Todos estes ríos fan que o solo sexa moi bo para o cultivo de grelos, tanto que vén xente de todas partes a mercalos.
Na actualidade, as cousas cambiaron.
Por Ordes pasan moitos ríos e regatos que van a desaugar ao Río Tambre.
Un deles, o río Cabrón, nace en Ardemil preto da Salgueira.
…O CAMIÑO INGLÉS , ESTRADAS, RÍOS, LINDES…
…casas, igrexas, cruceiros, pazos…
…UN GRANDE EQUIPO!!!!!!
AQUÍ ESTÁ O RESULTADO FINAL DO NOSO TRABALLO
GRAZAS!!!
THANK YOU !!!
Ao noso profe Xan, que nos axudou e orientou en todo momento. No seu blog “ Historias de Ordes” atopamos información moi interesante.
WEBGRAFÍA:
BIBLIOGRAFÍA: