1 of 17

IES de Allariz

Curso 2021 - 2022

www.iesallariz.gal

2 of 17

PRESENTACIÓN

Onde está o centro

Datos do centro e organigrama

OBXECTIVOS PARA O ANO LECTIVO 2021 – 2022

ERASMUS +

3 of 17

Onde está o IES de Allariz?

Allariz é un municipio histórico situado no sueste de Galicia, na provincia de Ourense. Está ben comunicada co resto de Galicia e do Estado; por aire, por medio dos tres aeroportos galegos e por terra, a través do ferrocarril ou da estrada.

www.allariz.gal

Reserva da biosfera: Área de Allariz

www.areadeallariz.com

4 of 17

PRESENTACIÓN:

Datos do centro

Datos xerais:

  • 35 docentes
  • 270 alumnos/as

ESO:

  • 3 liñas de 1 a 3º e 2 en 4º

Bacharelato:

  • 2 liñas de bacharelato, ciencias e humanidades e ciencias sociais.

5 of 17

PRESENTACIÓN:

ORGANIGRAMA DO IES DE ALLARIZ

6 of 17

PRESENTACIÓN:

CARGOS DIRECTIVOS

EQUIPO DIRECTIVO

Directora: Silvia Gaspar García

Vicedirector: José Antonio Alonso Piñeiro

Xefa de Estudos: Belén Barril Gamonal

Secretario: Xosé Manuel Rodríguez González

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Xefa de Departamento: María Ángeles Miranda Babarro

7 of 17

OBXECTIVOS ANO LECTIVO 2021-2022:

1. Consolidar a organización e xestión do centro.

2. Manter un bo clima de traballo de toda a comunidade educativa.

3. Reforzar a educación para a igualdade baseada na non discriminación.

4. Consolidar o índice de titulación.

5. Reforzar a apertura do centro a unha dimensión europea dende a perspectiva da cultura propia.

6. Apostamos polas STEM.

8 of 17

Obxectivos 2021-2022:

  1. Consolidar a organización e xestión do centro:
  2. Solicitude de recursos
  3. Servizo de biblioteca adaptado á situación COVID-19: préstamos, clubs de lectura e hora de ler.
  4. Actividades complementarias e extraescolares dentro do Protocolo COVID-19
  5. Plan de Formación do profesorado:
    • Convivencia escolar e clima da aula. Centros saudables. Relacións coas familias.
    • Internacionalización dos centros educativos. Proxecto Erasmus+
    • Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.

9 of 17

Obxectivos 2021-2022:

2. Manter un bo clima de traballo de toda a comunidade educativa.

  • Potenciarase a participación do alumnado: Carreira Solidariedade, Patios Limpos e Aulas Limpas…
  • Actualizaremos as NOF (Normas de Organización e Funcionamento) e o Plan de Convivencia do Centro.
  • Traballo de habilidades sociais, dende o departamento de Orientación. Favoreceremos a resolución de conflitos pola vía conciliada.
  • Colaboración co CEIP Padre Feijoo de Allariz e co CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía.
  • Fomento das relacións do centro escolar e das familias.

10 of 17

Obxectivos 2021-2022:

3. Reforzar a educación para a igualdade baseada na non discriminación

Igualdade de Xénero:

  • Participación no Contrato-programa InclúeT. Romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres. Celebrarase a xornada do 25 de novembro, e a do 8 de marzo (Día da muller).
  • O equipo LGBT creado o curso 2019-2020 pola xefa de departamento de Filosofía, terá a súa continuidade, en formato online e presencial cando sexa posible, para visibilizar a diversidade afectivo-sexual e a identidade de xénero.
  • O instituto de Allariz continuará participando nas reunións da Mesa Interinstitucional contra a violencia de xénero, na que participa a directora do centro.
  • Alumnado e Profesorado de nova incorporación: velar pola integración e adaptación do alumnado e do profesorado que chega novo ao centro. Actualizaremos o Protocolo de Acollida do IES de Allariz.
  • Tempo de lecer:

Recreos Activos” levada a cabo dende o curso 2018 - 2019 dentro do programa Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD do Plan Proxecta, co título Allariz móvese moito máis e mellor.

  • Este curso levaremos a cabo o programa Apuntámonos a non beber: do Plan Proxecta co título A Mocidade de Allariz apúntase a non beber.

11 of 17

Obxectivos 2021-2022:

4. Consolidar o índice de titulación.

  • Atención á diversidade: traballarase para unha detección precoz do alumnado con altas capacidades, dificultades ou con Necesidades Educativas Especiais.
  • Este curso mantéñense os desdobramentos en todos os cursos da ESO.
  • En relación á materia de segunda lingua estranxeira, Francés ou Portugués, será cursada por todo o alumnado de 1º e 2º da ESO, podendo estar exento o alumnado que presente NEE.
  • Impartirase apoio educativo, por parte das mestras especialistas de Pedagoxía terapéutica.
  • Para mellorar a atención de NEE participamos no Contratos-programa Recupéra-T, no que está inclúido ARCO+ (dirixido ao alumnado de 1 a 3º ESO).
  • Recuperación das materias pendentes: procurarase a súa recuperación o antes posible, mesmo preferentemente na 1ª avaliación.
  • Calendario de exames. O alumnado e as súas familias poderán consultar as datas dos exames a través da www.iesallariz.gal.

12 of 17

Obxectivos 2021-2022:

5. Reforzar a apertura do centro a unha dimensión europea dende a perspectiva da cultura propia.

  • Respecto ao galego: traballaremos a prol da recuperación do uso da lingua e da promoción da cultura de nós no ámbito escolar dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
  • Internacionalizamos o noso IES:
    • Este curso impartiremos a sección bilingüe en Inglés de Xeografía e historia en 3ºESO e 4ºESO.
    • Contamos cunha lectora de inglés vida de EEUU a xornada completa.
    • Proxecto Erasmus +

13 of 17

ERASMUS +: Reservas da biosfera. 100% sostenibilidade aeropónica.

  • Países asociados : Francia, Bélxica, Portugal e Croacia.
  • Mobilidades : Profesorado e alumnado.
  • Duración do proxecto : 18 meses. (31/12/2021 - 1/07/2023)
  • Financiación: 75.262 €.
  • Lingua oficial do proxecto : inglés. Linguas dos intercambios : as linguas estranxeiras estudadas no noso centros: francés, portugués e inglés.

14 of 17

ERASMUS +: Reservas da biosfera. 100% sostenibilidade aeropónica.

  • Obxectivos :
    • Ensinar a desarrollar especies autóctonas utilizando as técnicas do cultivo aeropónico, 100 % sostible, nas aulas.
    • Fomentar o uso da mobilidade sostible.
    • Ensinar ao alumnado a sinalizar, a través de coordenadas GPS, zonas de vertidos incontrolados, que necesitan limpeza e compartir esta información co Concello mediante o deseño dun "Espazo virtual verde" na web do consistorio.
    • Aprender a coidar e valorar a Reserva da Biosfera.
    • Participar activamente nas xornadas formativas (reciclaxe sostible, abono verde...) e de limpeza da Reserva da Biosfera.
    • Descubrir a riqueza que nos aporta ser "ciudadáns/ás europeos/as" a través dos intercambios escolares, e as actividades conxuntas con outros centros europeos que propoñemos.

15 of 17

Obxectivos 2021-2022:

6. Apostamos polas STEM

  • Retomaremos o Programa do Plan Proxecta “O Monte Vivo” levado a cabo no curso 2019 - 2020, no que trataremos a xestión forestal e creación dun viveiro de especies arbóreas autóctonas: Coidemos, preservemos e aprendamos co noso monte Alaricano.
  • Charlas e actividades do IGFAE coa colaboración de departamento de Física e Química.

16 of 17

  • www.iesallariz.gal
  • ies.allariz@edu.xunta.gal
  • Teléfonos: 988788001 e 988788005

17 of 17

GRAZAS pola atención!