1 of 14

XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS

É a maneira de agrupar as películas tendo en conta os temas ou historias que narran e as súas características.

2 of 14

Os xéneros cinematográficos poden dividirse en dous grandes grupos:

  • DOCUMENTAlS

É básicamente un rexistro de acontecementos, que pode abarcar calquera área do coñemento humano.

  • FICCIÓN

Neste tipo de películas os cineastas recurren á imaxinación para contar una historia a partir dun argumento, que pode estar baseado nun feito real, derivarse dun conto ou novela ou ser produto exclusivo da mente do guionista

3 of 14

TIPOS DE DOCUMENTAIS

  • Científicos: utilizan unha linguaxe dirixida a especialistas da materia que tratan, abordando os temas con métodos científicos.
  • De divulgación científica: abordan temas desde o punto de vista científico, pero cunha linguaxe sinxela.
  • Históricos e biográficos: narran feitos históricos no primer caso e, no segundo, a vida de personaxes.
  • Educativos:utilízanse con fins didácticos ou de ensinanza.

4 of 14

FICCIÓN

  • Western
  • Comedia
  • Drama
  • Fantástico / de ciencia ficción
  • Musical
  • Suspense ou Thriller
  • Históricas ou De época
  • De terror
  • Animación

5 of 14

Western

  • Son películas

de indios e vaqueiros.

Neste xénero destacan directores como John Ford ou actores como John Wayne.

6 of 14

�����Comedia

Caracterízanse pola ausencia de problemas e por ter finais felices; abundando as situacións cómicas e a frivolidade.

Destacan como actores cómicos Charles Chaplin (Charlot) e logo Mario Moreno (Cantinflas).

CANTINFLAS- EL ANALFABETO

(Fai clic para ver a película)

7 of 14

Drama

¡QUE BELLO ES VIVIR!

Son películas que abordan conflitos persoais e sociais cunha resolución realista. Contan historias que tratan cuestións decisivas na vida, coma o amor, os celos, o desamor, a necesidade de cariño, a dor, etc.

8 of 14

FANTÁSTICO

  • Fantástico ou de ciencia ficción

Son narracións imaxinarias que tratan temas que impactan á sociedade sobre os avances científicos e tecnolóxicos da humanidade explorando o descoñecido.

9 of 14

Musical�Os elementos principais desta clase de películas son a música, o canto e o baile. A música convértese na parte máis importante da película, ben porque estea concebida en torno a ela (West Side Story, Mouline Rouge), ou porque ten moita importancia, como en “Sonrisas y lágrimas”. A súa orixe é a Comedia musical de Broadway.

MUSICAL

(Pincha para ver)

10 of 14

Suspense ou Thriller

  • Son as películas nas que hai moita emoción, suspense ou misterio.

Con frecuencia suceden en lugares exóticos, tales como cidades estranxeiras, desertos ou en alta mar. Os heroes destes filmes son "tipos duros" acostumados ao perigo, como oficiais de policía, espías, soldados, mariñeiros ou pilotos.

11 of 14

Históricas ou De época

  • ALEJANDRO MAGNO

Caracterízanse por estar ambientadas nunha época histórica determinada, tanto se os feitos e personaxes representados son reais coma se son imaxinarios, pero cribles.

12 of 14

De terror

Comprende as películas que provocan no espectador medo, angustia ou horror mediante personaxes humanos, animais ou obxectos mecánicos e monstruos imaxinarios que resultan ameazantes ou destrutores para os protagonistas.

13 of 14

De animaciónO cine de animación non está realizado gravando o movemento real, senón que se producen as imaxes individualmente unha por unha (mediante debuxos, modelos,obxectos e outras múltiples técnicas), de xeito que ao proxectarse consecutivamente se produza a ilusión de movemento.

As principais técnicas de animación son:

  • Debuxos animados
  • Stop-motion
  • Animación infográfica .

12 imaxes por segundo

14 of 14

�http://recursos.cnice.mec.es/media/cine/actividades/cine4.swf��

http://recursos.cnice.mec.es/media/cine/bloque4/index.html#���

Para coñecer máis sobre os xéneros cinematográficos ou avaliar os teus coñecementos podes visitar: