O SOL.
Saray Mariño Moraña.
1º Bachiller D.
-Introdución.
-Datos sobre o Sol e a Terra.
-Composición do Sol.
-Funcións do Sol.
-Partes do Sol.
O Sol é a estrela máis cercana á Terra e o maior elemento do Sistema Solar.
As estrelas son os únicos corpos do Universo que emiten luz.
O sol tamén é a nosa principal fonte de enerxía, que se manifesta, sobre todo, en forma de luz e calor.
Datos sobre o sol A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 695.000 km. 6.378km.
Periodo de rotación de 25 a 36 23,93horas.
sobre o eixe: días.
Masa comparada coa 332.830 1
Terra:
Temperatura media 6.000ºC 15ºC
superficial:
Gravedad superficial na 274 m/s² 9,78m/s²
fotosfera:
O Sol contén máis do 99% de toda a materia do Sistema Solar e exerce unha forte atracción gravitatoria sobre os planetas e fainos xirar ao seu redor.
O Sol formouse hai 4.500 millóns de anos e ten combustible para 5.000 millóns máis. Despois, comezará a facerse máis e máis grande ata convertirse nunha xigante vermella.
Finalmente fundirase polo seu propio peso e convertirase nunha anana branca, que pode tardar un trillón de anos en arrefriarse.
Solo podemos ver a capa exterior.
Chámase fotosfera e ten unha temperatura de 6.000ºC, con zonas máis frías (4.000ºC) que chamamos manchas solares.
A enerxía solar créase no interior do sol, donde a temperatura chega aos 15 millóns de grados, cunha expresión altísima , que provoca reaccións nucleares.
Libéranse protóns (núcleos de hidróxeno), que se funden en grupos de catro para formar partículas alfa (núcleos de helio).
Cada partícula alfa pesa menos que os catro protóns xuntos.
A diferencia expúlsase cara a superficie do Sol en forma de enerxía.
Un gramo de materia solar libera tanta enerxía como a combustión de 2,5 millóns litros de gasolina.
O sol tamén absorbe materia.
É tan grande e ten tal forza que a miúdo atrae aos asteroides e cometas que pasan cerca del.
Naturalmente, cando chegan ao sol, desintégranse.
O sol consta de varias partes:
Núcleo; é a zona do Sol onde se produce a fusión nuclear debido á alta temperatura, é dicir, o xenerador da enerxía do sol.
Zona radiativa; as partículas que transportan a enerxía intentan escapar ao exterior nunha viaxe que pode durar 100.000 anos debido a que éstos son absorbidos continuamente e remitidos en outra dirección distinta á que tiñan.
Zona convectiva; en esta zona prodúcese o fenómeno de conveción, é dicir, columnas de gas quente ascenden á superficie, arrefríanse e volven a descender.
Fotosfera; é unha capa delgada, de uns 300km, que é a parte do Sol que vemos, a superficie.
Dende aquí irrádiase luz e calor ao espacio.
A temperatura é duns 5.000ºC. Na fotosfera aparecen as manchas escuras e as fáculas, que son rexións brillantes arredor das manchas.
Cromosfera; só pode ser vista, en totalidade, nunha eclipse solar. É de color vermella, de densidade moi baixa e temperatura altísima, de medio millón de graos. Está formada por gases enrarecidos e en ela existen fortísimos campos magnéticos.
Coroa; capa de gran extensión, temperaturas altas e baixa densidade. Está formada por gases enrarecidos e xigantescos campos magnéticos que varían a súa forma.