1 of 17

O eixe do noso corpo: A columna vertebral

Por:

Manuel Pazos Santomé I.E.S. Illa de Tambo

Miguel Barrera Novas Patricia González Joaquín

José Faílde Domínguez

2 of 17

Índice

-Que é a columna vertebral? -Partes da columna vertebral -Por que é tan importante? -Traumatismos -Enfermidades relacionadas con ela -Como podemos protexela? -Conclusións -Bibliografía -Agradecementos

3 of 17

Que é a columna vertebral?

Columna vertebral, espiña dorsal ou raquis é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un óso​ situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e a espalda, até a pelvis a cal lle da soporte.

Actúa tamén como un conduto de comunicación para o cerebro, dos sinais que se transmiten e se reciben a través da médula espiñal.

4 of 17

Partes

A continuación imos tratar as partes da columna vertebral, que son: -Cervicais: Sitúanse no pescozo, permitindo a súa mobilidade, entre cranio co cal soporta o seu peso e as vértebras torácicas.

-Torácicas: Están a continuación das cervicais. Son máis grosas e menos móbiles que aquelas.

-Lumbares: Situadas entre as vértebras torácicas e o óso sacro. Son as máis voluminosas.

-Sacro: Un óso corto composto por cinco pezas soldadas. Atópase entre as vértebras lumbares e entre o coxis. Transmite o peso do corpo á cintura pélvica.

-Coxis: Composto de tres a cinco pezas óseas separadas ou unidas. Atópase debaixo do óso sacro. Serve de apoio para ligamentos e músculos.

5 of 17

Vertebras cervicais

Sitúanse no pescozo, permitindo a súa movilidade, entre o cranio, soportando o seu peso, e as vértebras torácicas. Nos humanos hai 7 e se denominan C1 (atlas), C2 (axis), C3, C4, C5, C6 y C7 (vértebra prominente).

Poseen forámenes transversos polos que pasan a arteria e a vena vertebral.

As dúas primeiras (atlas e axis) teñen unha estrutura especial, polo que se denominan atípicas. A séptima vértebra chamase vértebra prominente polo seu tamaño.

6 of 17

Vertebras torácicas

Son as 12 vértebras da parte central da columna vertebral. Están a continuación das cervicais e son menos móviles que estas. A elas continúanlle ás vértebras lumbares. Da primeira ata á última, cada vértebra é máis grande ca a anterior.

A súa función é darlle soporte as costelas, con axuda dalgúns músculos e articulacións. A maioría destas vértebras son típicas, xa que presentan: corpo, arco vertebral e sete apófisis para as unións musculares e articulares.

7 of 17

Vértebras lumbares

Son os segementos macizos da columna vertebral e son máis voluminosas canto máis abaixo se atopen. O disco intervertebral é espeso, ocupando un terzo do corpo vertebral. Estas vértebras son 5 e están situadas na rexión lumbar, entre as vértebras torácicas e o óso sacro.

A vértebra L1 apunta na mesma dirección ca a vértebra T12, polo que se soen confundir. Comparada coa primeira, a vértebra L2 ten moito máis grosor. Dende o punto de vista biomecánico, a vértebra L3 é o centro de gravidade do corpo. A vértebra L5 atópase en contacto co óso sacro.

Entre a articulación da L4 e L5 fase a punción para a extracción do líquido cefalorraquídeo pola súa fácil abertura. A extracción de este líquido serve para comprobar se hai marcadores do alzheimer.

8 of 17

Óso sacro

É un óso, corto simétrico, oblicuo, central, composto por cinco pezas e con forma de pirámide cuadrangular. As súas ás sacras únense á pelvis. Atópase entre a vértebra L5 e o cóxis e contribúe a formar a columna vertebral.

Insértase en diversos músculos: o músculo ilíaco na base, o músculo piramidal na cara anterior, o músculo isquiococcigeo nos tramos laterais, na cara posterior únese aos músculos dorsal ancho, longisimo e iliocostal; e no transverso espinoso únese ao glúteo maior.

O promontorio sacro articúlase coa última vértebra lumbar e marca a frontera da entrada á pelvis.

9 of 17

Coxis

É un óso corto impar, central, simétrico, en forma de triángulo, con base, vértice, dúas caras laterais e dous bordes. Está composto por 3 a 5 pezas unidas.

Sitúase despois de óso sacro, ao que está unido por unha articulación fibrocartilaxinosa. Serve de apoio para numerosos ligamentos e músculos.

Unha característica do coxis é que hai un gran número de tumores que se poden involucrar ao coxis.

10 of 17

Por que é tan importante?

A columna vertebral é moi importante debido a que realiza varias funcións, principalmente intervén como elemento de sostén estático e dinámico, protexe á medula espiñal e axuda a manter o centro de gravidade dos vertebrados.

Tamén permite ao ser humano poder desprazarse en posición “de pé” sen perder o equilibrio e serve tamén como soporte ao cranio.

Outra función é que da inserción a moitos músculos, ligamentos e tecidos que van a producir forzas sobre ese esqueleto.

11 of 17

Enfermidades relacionadas coa columna vertebral

Cabe distinguir entre dous tipos de enfermidades: -Conxénitas. Condicións coas que un nace ou que herda de seus proxenitores. -Dexenerativas. Enfermidades que se adquiren a medida que se envellece.

12 of 17

Enfermidades conxénitas

-Ausencia de vértebras: Algúns bebés nacen sen unha vértebra ou dúas. Esta ausencia de vértebras lumbares e/ou sacro é relativamente rara.

-Columna bífida: Condición conxénita de desenvolvemento que está causada polo cerre incompleto do tubo neural embrionario, que é unha estrutura presente no embrión, do cal se orixina o SNC. Hai varias clases, que varían en gravidade; pode ser pechada quirúrxicamente, pero isto non devolve á parte afectada as súas funcións normais

13 of 17

Traumatismos

-Hernias (lumbar, cervical, dorsal): as hernias da columna aparecen a miúdo en varios dos membros dunha mesma familia, polo que poderían ser consideradas conxénitas. Poden ser tratadas frecuentemente de forma exitosa cunha intervención cirúrxica.

-Luxacións, que afectan ás articulacións. Tamén destacan as subluxacións, que poden involucrar a rotura dun ligamento sen que haxa ningunha lesión ósea.

-Lesión medular: Pode ser completa ou incompleta.

Incompleta: Prodúcese unha pérdida motora e sensitiva incompleta, que pode ser permanente ou non.

Completa: Prodúcese unha completa parálise inmediata, pérdida de toda sensibilidade e función reflexa. Neste tipo de lesións, a neumonía é a causa de morte en xente con estas lesións, sobre todo os que usan respiradores.

14 of 17

Enfermidades dexenerativas

-Osteoporose. A máis común deste xénero. Afecta máis a mulleres que a homes. Esta enfermidade fai adelgazar os ósos até eventualmente rompelos. Pode previrse tomando alimentos ricos en calcio e en vitamina D. -Espondilose. Causada principalmente polo desgaste crónico da columna cervical. Inclúe tanto discos como xunturas. Pode haber un crecemento anormal dos ósos das vértebras. As persoas activas e que fan moito exercicio son máis propensos. -Artrite. É a inflamación dunha ou máis articulacións. Hai máis de 100 tipos de artrite. Basicamente, esta enfermidade reduce a cantidade de cartilaxe presente nas articulacións dos discos intervertebrais, producindo dor, inchazón e rixidez. A artrite pode ser pasaxeira se a inchazón desaparece, pero se perdura, trátase de artrite crónica. -Estenose: estreitamento anormal da columna. Pode aparecer en calquera das súas zonas. Os síntomas inclúen dor, insensibilidade, sensación de cóxegas ou o adormecemento dunha extremidade e a perda de control motor. A localidade da estenose determina que área do corpo vese afectada.

15 of 17

Como protexer a nosa columna?

A columna vertebral, malia ser o noso eixe de movemento, é relativamente fráxil. Por tanto, hai que protexela. Hai cinco liñas de actuación para facelo:

-Practicar estilos asimétricos de natación (Crol e lombo).

-Facer exercicios de forza (adestramentos de circuíto), moi importante os abdominais, xa que así non se carga a parte lumbar.

-Facer exercicios de flexibilidade.

-Evitar durmir cara abaixo.

-Revisións ao dentista. (Moitos problemas de lombo preséntanse como dor nos dentes).

16 of 17

Agradecementos

-Felipe Buceta Fernández

-José Manuel Parcero Santos

-Patricia González Joaquín

17 of 17

Bibliografía

-Wikipedia.org

-Columna vertebral.net

-Fisoterapia-online.com

-MedlinePlus

-clinicalascondes.cl

-guiamorfologiadacs.com

-msdmanuals.com