Request edit access
Inscrición actividades extraescolares - CEIP Isidro Parga Pondal - 2024/2025
Coma os pasados anos desexamos organizar unhas actividades extraescolares que respondan as necesidades das familias e do alumnado. É por isto que a oferta que aquí se presenta sempre se proxecta pensando en ambos axentes, fieis a educación integral, valorando a diversidade e tratando de adaptarnos a evolución da sociedade.

Polo ben de todas/os solicítase ás usuarias/os deste servizo que fagan unha previsión das actividades que desexan para os seus fillos/as e os inscriban o antes posible. Desta maneira é posible que se manteña toda a oferta de actividades, exista unha maior cantidade de grupos e poidamos ademais homoxeneizalos. 


Dirección das actividades extraescolares: CEIP Isidro Parga Pondal, Rúa do Saber, Oleiros (A Coruña).
Ponte en contacto con nós no: (34) 681002182 ou escribe a actividades@anpabidueiro.es


CONDICIÓNS XERAIS E REQUISITOS DE ADMISIÓN

Inscricións online a partir do día 24 de abril do 2024. Todos os inscritos/as teñen garantido a súas actividades. Únicamente no caso de non xuntar o alumnado suficiente se pechará o grupo e sempre terá unha alternativa no horario escollido e no grupo de idade  correspondente para facilitar a conciliación familiar. Neste caso avisarase as familias con antelación.

A data de inicio das actividades extraescolares é o 16/09/2024 (O inicio das actividades extraescolares para o alumnado de 4º de Educación Infantil será cando remate o periodo de adaptación).

Dirixido a todo o alumnado das etapas de Educación Infantil e Primaria. Tratarase de agrupar os educandos por idades o máis próximas posibles.


Prezos por actividade:
- 4 actividades: Socios (50€) Non socios (70€)
- 3 actividades: Socios (40€) Non socios (60€)
- 2 actividades: Socios (30€) Non socios (45€)
- 1 actividade:   Socios (19€)    Non socios (25€)

* 10% desconto 2º irmán e seguintes
* Na primeira cuota cobraránse 9€ dedicados ao seguro anual (obrigatorio).


*No caso de que non dispoñamos das instalacións do centro ou non teñamos o número mínimo de alumnado por grupo (8), é posible que non se realice a actividade. En calquera dos casos contactaremos coas familias para informar antes do inicio das clases ordinarias.


Insistirase na responsabilidade dos pais á hora de traer aos fillos/as. Neste sentido As Mariñas confía en que as familias cumpran coa súa obriga. En caso de que algunha familia incorra en algunha  irresponsabilidade, As Mariñas non se pode facer responsable, xa que pola nosa parte executaremos todas as medidas indicadas polas autoridades competentes.

De igual xeito, a ANPA do CEIP Isidro Parga Pondal e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, non terán ningún tipo de responsabilidades, xa que non son organizadores destas actividades, a ANPA só fará de enlace entre As Mariñas e as familias asociadas, e a Xunta só deixa as súas instalacións, deste xeito o nivel da súa implicación nestas actividades é só de colaboración.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome do/a alumno/a *
Apelidos do/a alumno/a *
Idade do/a alumno/a
Curso escolar *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report