ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, ESCOLAS DEPORTIVAS CONVENIADAS e OUTRAS ACTIVIDADES
NORMAS FUNCIONAMENTO

Todas as cuestións relacionadas co funcionamento das Escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente a través do teléfono, correo electrónico ou cita previa.
 
Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.

No caso de non acharse ben ou ter febre non deberán acudir ás actividades, avisando de tal circunstancia no telefono do pavillón 981468562.
 
As/os usuarios/as do Ximnasio Municipal disporán dun carné que permitirá o acceso á sala e que se amosará na conserxería do Pavillón antes do acceso ao recinto.
 
O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación bancaria (os recibos emitiranse entre o 5 e o 10 de cada mes) ou por transferencia bancaria na conta de ABANCA ES75 2080 0211 6131 1000 0055. As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na Escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas ca xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenere.
 
Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola do curso anterior, deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.

As escolas interrompirán o seu funcionamento nos períodos de vacacións escolares así como nas datas sinaladas no calendario como festivas.
 
É responsabilidade de cada usuario/a a aptitude física necesaria para participar nas actividades convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.
 
O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade por non ter o número suficiente de participantes (estímarase un mínimo según a actividade e o espazo da mesma) para que dea comezo e/ou continúe unha Escola ) e de facer todas as modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.
 
Para máis información e inscricións viistar a web www.concellodeares.com ou contactar a través do correo electrónico:  deportes@concellodeares.com / pavillonares@sedega.com


INSCRICIÓNS

ESCOLAS DEPORTIVAS 2020-2021: Do 2 de novembro ao 31 de maio de 2021.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN: En liña a través da web municipal do Concello de Ares
WEB: www.concellodeares.com.
EMPADROAD@S: Do 10 ao 20 de outubro.
NON EMPADROAD@S: sempre que haxa prazas disponibeis. Do 21 ao 25 de outubro.
As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición.

PAGO DE MATRÍCULA E MENSUALIDADE:
Unha vez sexa confirmada a praza polo Servizo de Deportes. Do 1 A0 10 DE CADA MES.

DOCUMENTOS:
Formulario de inscrición en liña, documentación que se solicite.

PREZO DE MATRICULA:
9,57 € empadroad@s en Ares
17,93 € non empadroad@s
(Na actividade de vela non haberá matrícula pois será preciso federarse para tomar parte na Escola)
As persoas que estiveran inscritas e cos pagamentos ao día, nalgunha das Escolas Deportivas no pasado mes de marzo, non pagarán a matrícula

DESCONTOS E EXENCIÓNS DE COTAS:
3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar; 50% na matrícula + 50% na cuota da escola de menor importe.
Familia numerosa: 50% na matrícula + 50% en todas as escolas.
Familias carentes de recursos económicos (previa comprobación polos Servizos Sociais municipais) De balde.
ESCOLAS DEPORTIVAS 2020-2021
DATOS XERAIS DO SOLICITANTE
Nome e Apelidos *
DNI
Data nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Idade *
Enderezo *
Localidade *
Código postal *
Empadroado *
Teléfono *
Correo electrónico *
Solicitante menor de idade *
DATOS AUTORIZACIÓN MENORES
Cumprimentar só se o solicitante é menor de idade
Nome e apelidos de quen autoriza
DNI de quen autoriza
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy