INCUMPRIMENTO DO PROTOCOLO COVID NO ENSINO GALEGO
A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia pon ao dispor o buzón de correos Covid-19 para que nos poidades comunicar todas as incidencias relacionadas coa crise sanitaria e a actividade nos centros de traballo.

Pódesnos facer chegar de maneira anónima (ou identificándote se o desexas, para que podamos contactar contigo) calquera irregularidade que detectes nun centro da nosa comunidade (instalacións que non cumpran as medidas de seguridade establecidas, falta de material hixiénico-sanitario, actuacións que non se axusten ao protocolo de seguridade e saúde laboral en vigor, etc.)

A partir da información que nos fagades chegar, actuaremos. Se nola enviades de forma anónima contactaremos co centro escolar para contrastar co equipo directivo a información recibida. Se vos identificades e facilitádesnos unha forma de contactar convosco/ as, farémolo e ampliaremos a información. En ambos os casos denunciaremos estas situacións onde proceda.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of CCOO. Report Abuse