AVALIACIÓN  ESCOLA INCLUSIVA
CUESTIONARIO PARA O EQUIPO DIRECTIVO
Sign in to Google to save your progress. Learn more
NOME DO CENTRO: CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE
Valores: 1:Nada e 5 Moito. Se descoñece a información marque "NI" (Necesítase información")
Dimensión A - Creando culturas inclusivas
1 Todas as persoas que chegan a este centro son benvidas.
2 O equipo educativo coopera entre si
3 O alumnado axúdase entre si
4 O Equipo educativo e o alumnado respéctanse mutuamente.
5 O equipo educativo e as familias/ titor e/ou titora legal colaboran.
6 O equipo educativo e as persoas que compoñen o consello escolar do centro traballan ben xuntos.
7  O centro escolar é un modelo de cidadanía democrática.
8 O centro escolar fomenta a comprensión das interconexións entre as persoas de todo o mundo.
9 As persoas adultas e o alumnado son receptivos á variedade de identidades de xénero
10 O centro escolar e a comunidade local apóianse entre si.
11 O equipo educativo vincula o que sucede no centro escolar coa vida do alumnado no fogar.
12 O centro escolar desenvolve valores inclusivos compartidos.
13 O centro escolar fomenta o respecto de todos os dereitos humanos.
14 O centro escolar fomenta o respecto da integridade do planeta Terra.
15 A inclusión enténdese como unha maior participación de todos e de todas.
16 As expectativas son altas para todo o alumnado.
17 Todo o alumnado é valorado por igual.
18 O centro escolar rexeita todas as formas de discriminación.
19 O centro escolar promove a convivencia e a resolución pacífica de conflitos.
20 O centro escolar anima ao alumnado e persoas adultas a sentirse ben consigo mesmos.
21 O centro escolar contribúe á saúde do alumnado e das persoas adultas.
Dimensión B - Establecendo políticas inclusivas
1 O centro escolar ten un proceso de desenvolvemento participativo.
2 O centro escolar ten un enfoque de liderado inclusivo.
3 Os nomeamentos e os ascensos son xustos.
4 A experiencia do equipo educativo é recoñecida e utilizada.
5 Axúdase a todo o equipo educativo a integrarse no centro escolar.
6 O centro escolar trata de admitir a todo o alumnado da súa localidade.
7 Axúdase a todo o alumnado novo a integrarse no centro escolar.
8 Os grupos de ensino e aprendizaxe organízanse de forma equitativa para apoiar a aprendizaxe de todo o alumnado.
9 O alumnado está ben preparado para desenvolverse noutros contextos non académicos.
10 O centro escolar é fisicamente accesible para todas as persoas.
11 Os edificios e os patios deseñáronse pensando en facilitar a participación de todos e de todas
12 O centro escolar reduce a súa pegada de carbono e o uso de auga.
13 O centro escolar contribúe á redución de residuos.
14 Todas as formas de apoio están coordinadas.
15 As actividades de desenvolvemento profesional axudan ao equipo educativo a responder mellor á diversidade.
16 O apoio ao alumnado de incorporación tardía que non coñece o galego coordínase con outros soportes pedagóxicos
17 O centro escolar apoia a continuidade da educación dos alumnos e alumnas que están en Centros de protección de menores
18 O centro escolar asegúrase de que as políticas sobre “necesidades educativas especiais“ se insiran en políticas de inclusión.
19 As normas de conduta están relacionadas coa aprendizaxe e desenvolvemento curricular.
20 Redúcense as presións de exclusión disciplinaria.
21 Redúcense as barreiras para a asistencia ao centro escolar.
22 Búscase eliminar os malos tratos entre iguais por abuso de poder (“Bullying”).
Dimensión C - Desenvolvendo prácticas inclusivas
1 O alumnado explora os ciclos de produción e consumo de alimentos.
2 O alumnado investiga a importancia da auga.
3 O alumnado estuda a roupa e a decoración do corpo.
4 O alumnado investiga sobre a vivenda e o medio urbano.
5 O alumnado aprende como e por que as persoas se moven arredor da súa localidade e polo mundo
6 O alumnado aprende acerca da saúde e as relacións interpersoais.
7 O alumnado investiga a Terra, o 
Sistema Solar e o Universo.
8 O alumnado estuda a vida na Terra.
9 O alumnado investiga sobre as fontes de enerxía.
10 O alumnado aprende acerca da comunicación e as tecnoloxías da comunicación.
11 O alumnado participa e crea arte, literatura e música.
12 O alumnado aprende sobre o traballo e a vinculalo co desenvolvemento dos seus intereses.
13 O alumnado aprende acerca da ética, o poder e o goberno.
14 As actividades de aprendizaxe planificáronse considerando a todo o alumnado.
15 As actividades de aprendizaxe fomentan a participación de todo o alumnado.
16 Promóvese o pensamento crítico no alumnado.
17 O alumnado participa activamente na súa propia aprendizaxe.
18 O alumnado aprende uns dos outros.
19 As clases desenvolven unha comprensión das similitudes e diferenzas entre as persoas.
20 As avaliacións fomentan os logros de todo o alumnado.
21 A disciplina baséase no respecto mutuo.
22 O equipo educativo planifica, ensina e revisa en colaboración.
23 O equipo educativo desenvolve recursos compartidos para apoiar a aprendizaxe.
24 O profesorado de apoio axuda á aprendizaxe e á participación de todo o alumnado.
25 As tarefas escolares son pensadas para contribuír á aprendizaxe de cada alumno e de cada alumna.
26 As actividades fora do horario lectivo están dispoñibles para todo o alumnado .
27 Os recursos da localidade son coñecidos e utilizados.
Moitas grazas pola vosa colaboración
          Entre todos melloramos o noso centro
Sin título
Submit
Clear form
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy