MARCHA NUNCA CAMIÑARÁS SOA- 25 N. Os concellos de Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos únidos para visibilizar a luz da esperanza das mulleres contra a lacra da violencia.
Con motivo de conmemorar o 25 N, “ Día Internacional Contra a Violencia de Xénero” estes 5 concellos organizarán un evento transmunicipal, que visibilice a escuridade da violencia de xénero na nosa sociedade, pero cunha luz aberta a esperanza, esperanza en que as mulleres atacadas, nunca van a estar soas nese camiño, e que, todos xuntos seremos máis fortes para combatir esa “escuridade da violencia”.
Por este motivo, organízase unha marcha simbólica, atravesando “ o camiño da esperanza”, 12 horas CON xente camiñando ininterrumpidamente, cun facho de luz, “símbolo de que hai saída” e en memoria de tódalas vítimas desa lacra violenta; unindo os 5 concellos desta contorna, con preocupacións e sentires comúns, xuntando a máis de 100 relevistas na ruta, encabezando cada hora de marcha, cunha personalidade feminina galega, que dea amparo e folgo a esta reivindicación.
Ó comezo da marcha, ó chegar a cada municipio, e o remate da marcha realizarse un acto en cada concello, cunha lectura dun manifesto a prol da erradicación da violencia e á promoción do respecto entre xéneros, amenizado con músicas significativas. O mesmo tempo, acenderase “a Luz da esperanza” que permanecerá acesa en cada Concello durante toda a xornada do 25 N, simbolizando como o facho das Olimpiadas antigas, a tregua que se asinaba para a realización dos xogos.