ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL NO CONCELLO DE CHANTADA
A Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio emitiu unha orde para que as entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. Dita estratexia esta cofinanciada con fondos europeos de desenvolvemento rexional (FEDER) no marco operativo Feder Galicia 2014-2020.

O concello de Chantada está a elaborar a súa Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para contribuír a mellorar o seu comportamento fronte o cambio climático, con base no estado ambiental actual. A estratexia está relacionada, principalmente, coa redución dos gases de efecto invernadoiro (GEI) e a adaptación aos efectos adversos do cambio climático.

Para a posta en marcha da Estratexia é necesaria a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático, buscar a súa corresponsabilidade, de xeito que modificando os seus hábitos, reduzan emisións de GEI e demanden ao resto de axentes (empresas, administracións, etc) unha maior consideración desta problemática nas súas actividades.

A continuación axúntase unha enquisa que resulta imprescindible para o desenvolvemento da Estratexia e que nos permite analizar aspectos como o grao de información e coñecemento sobre o cambio climático, o grao de responsabilidade que está disposto a asumir o cidadán e as tarefas a levar a cabo para lograr a mitigación do cambio climático.

A elaboración da estratexia ambiental do municipio ten como principais obxectivos os seguintes:
-Reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e adoptar as medidas de adaptación necesarias co fin de reducir a vulnerabilidade aos riscos climáticos.
-Sensibilizar á poboación e fomentala súa participación na loita contra o cambio climático.
-Implicar ao goberno local na tarefa, transversalizando a problemática do cambio climático en tódalas políticas do concello.
-Protexer e recuperar hábitats e sistemas naturais e deter a perda da biodiversidade.
-Acadar metas ambientais:
o Garantir un aire, auga e solo limpo e saudable.
o Xestionar de xeito responsable os recursos naturais e os residuos.
o Protexer a natureza e a biodiversidade, un valor único que se debe potenciar.
o Enfoque común de: equilibrio territorial e mobilidade.
o Limitar na medida do posible a influencia do cambio climático.

Proxecto cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A) DATOS PERSOAIS
Residencia: ¿É vostede residente de Chantada?
Sexo:
Idade
Situación laboral
B) CUESTIÓNS DE ÍNDOLE XERAL
O cambio climático é moi preocupante
A actividade humana é a causante do Cambio Climático
Teño suficiente información acerca dos temas de medio ambiente
Poño en práctica medidas domésticas para economizar a auga
Evito utilizar o meu vehículo por razóns medio ambientais
Participo en accións a favor do medio ambiente (limpeza de praias, parques, plantación de arbores,…)
Utilizo o transporte público para desprazarme pola localidade
Vou a pé ou en bici nos desprazamentos curtos
Utilizo puntos limpos ou chamo ao Concello para desfacerse de aparatos eléctricos
Conto con paneis solares na casa
Emprego bombillas de baixo de consumo no meu fogar
Separo o lixo domestico (orgánico, papel, plástico, vidrio, pilas)
A principal consecuencia do cambio climático para vostede é:
C) CAMBIO CLIMÁTICO
Dentro das áreas de acción seguintes, valore a importancia de cada actuación fronte á loita contra o cambio climático, sendo 1 "pouco importante", 5 "moi importante", e de 2 a 4 para situacións intermedias:
C.1) Aforro e eficiencia enerxética
Redacción dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible.
Creación de camiños escolares seguros.
Impulso do uso da bicicleta (rutas, sendas peonís, …)
Regulación do uso e acceso do vehículo privado.
Fomento dos aparcadoiros disuasorios.
Aposta polo uso de vehículos eléctricos.
Renovación do alumeado público
Outras iniciativas para este apartado...
Your answer
C.2) Enerxías renovables e biocarburantes
Fomento de aproveitamentos da biomasa forestal
Fomento de aproveitamento de subprodutos e residuos para xeración de enerxía
Potenciación das enerxías renovables
Outras iniciativas para este apartado...
Your answer
C.3) Sectores primarios: forestal e agropecuario
Promoción da gandería e agricultura ecolóxica
Promoción de prácticas agrarias que incrementen o uso de materia orgánica no solo
Accións preventivas de incendios forestais
Plans de forestación de terreos abandonados e restauración de zonas danadas ou contaminadas
Plans de emerxencia
Plans de xestión de bosques
Outras iniciativas para este apartado...
Your answer
C.4) Aire
Implantación de medidores ambientais da calidade do aire
Implantación ou mellora de medidores ambientais metereolóxicos (temperatura,…)
Ampliación das zonas verdes e boscosas
Outras iniciativas para este apartado...
Your answer
C.5) Auga
Estudos do risco de enchentes e plans de inundacións
Ampliación e/ou mellora das instalacións co obxectivo de coñecer a evolución dos caudais.
Plans especiais de actuación en situacións de seca (balsas de rego...)
Recuperación e mantemento dos ríos.
Equilibrio entre recursos e demandas do Plan Auga
Outras iniciativas para este apartado...
Your answer
C.6) Residuos
Redes de control de calidade das augas e verquidos
Promoción da redución de xeración de verquidos, separación na orixe e reciclaxe
Redes de alerta temperá para a protección civil e emerxencia
Outras iniciativas para este apartado...
Your answer
C.7) Turismo
Promoción de rutas turísticas
Promoción da arquitectura e posta en valor dos lugares de interese.
Creación de aplicacións turísticas
Outras iniciativas para este apartado...
Your answer
C.8) Administración pública
Implantación da administración electrónica.
Incorporación de criterios medioambientais na contratación pública.
Implantación de sistemas de xestión ambiental no concello.
Outras iniciativas para este apartado...
Your answer
C.9) Difusión e sensibilización
Cursos de certificacións enerxéticas de edificios.
Obradoiros fronte ao cambio climático.
Difusión do concepto de “pegada de carbono”.
Actuacións de potenciación da reciclaxe.
Campañas de recollida selectiva.
Xornadas de prevención de residuos.
Campañas contraincendios.
Formación para proteccion civil.
Participacion pública a traves de webs, talleres sectoriais,etc.
Outras iniciativas para este apartado...
Your answer
SUXESTIÓNS
Indica aquí outras cuestións que consideres necesarias para a elaboración da presente Estratexia
Your answer
www.monfortedelemos.es
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms