ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2024-2025 MÓVETE!

INFORMACIÓN DE INSCRICIÓNS
As solicitudes de inscrición realizaranse na web municipal www.concellodeares.gal, no apartado das Actividades Deportivas Municipais 2022-2023. Estes son os prazos que rexen o proceso de inscrición:
EMPADROAD@S: Do 19 ao 26 de agosto.
NON EMPADROAD@S: Do 27 de agosto en adiante ata completar grupos.
A disponibilidade de praza e o comezo das actividades notificiarase individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.
MATRÍCULAS
Do 9 ao 16 de setembro, ambos inclusive, farase o pagamento da matrícula e da mensualidade destas actividades. Estes son os prezos de matrícula estipulados:
EMPADROAD@S: 10,13 €
NON EMPADROAD@S: 18,99 €

Todas as cuestións relacionadas co funcionamento das actividades/escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente.

Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.

As/os usuarios/as do Ximnasio Municipal disporán dun carné que permitirá o acceso á sala e que se amosará na conserxería do Pavillón antes do acceso ao recinto.

O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación ou transferencia bancaria (os recibos emitiranse entre o 5 e o 10 de cada mes) na conta que se indicará unha vez sexa confirmada a praza e aactividade.

As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na Escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola/actividade haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas ca xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenerara.

Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola/actividade do curso anterior, deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.

As actividades deportivas desenvolveranse do 9 de setembro de 2024 ao 30 de xuño de 2025 e só interrumpirán o seu funcionamento as datas festivas locais ou nacionais

É responsabilidade de cada usuario/a a aptitude física necesaria para participar nas actividades/escolas convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.

O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade/escola por non ter o número suficiente de participantes (estímase en 10 o número de mínimo de inscritos/as para que dea comezo e/ou continúe unha escola /actividade) e de facer todas as modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.

Para máis información e inscricións, podes consultar o apartado dedicado ás actividades municipais deportivas en www.concellodeares.gal ou contactar a través do correo electrónico:  deportes@concellodeares.com

DESCONTOS DE COTAS

- 3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % na matrícula + 50% na cuota da escola /actividade de menor importe.
- Familia numerosa: 50 % na matrícula + 50 % en todas as escolas/actividades.
- Familias carentes de recursos económicos (solicitude previa, comprobación e informe feito polos Servizos Sociais municipais): De balde.

AUTORIZACIÓN DE IMAXES

A inscrición implica que o Concello poida difundir libremente a imaxe dos participantes nas actividades, sempre baixo unha utilización sen ánimo de lucro, co obxectivo de difundir e promocionar a programación municipal, intentando salvagardar a imaxe dos menores durante o seu funcionamento. Se non consinte a cesión dos dereitos de imaxe, pode facer a súa rectificación ou cancelación no correo electrónico deportes@concellodeares.com.

PROTECCIÓN DE DATOS

Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o tratamento dos datos facilitados polo Concello de Ares só cos fins asociados á xestión deste formulario. As persoas solicitantes poder exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo deportes@concellodeares.com ou vía postal a Av. Saavedra Meneses 12 15624, Ares.         


Sign in to Google to save your progress. Learn more
ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS
DATOS XERAIS DO SOLICITANTE
Nome
*
Apelidos *
DNI
Data nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Idade *
Enderezo *
Localidade *
Código postal *
Empadroado *
Teléfono *
Correo electrónico *

Alerxias ou intolerancias

Solicitante menor de idade *
DATOS AUTORIZACIÓN MENORES
Cumprimentar só se o solicitante é menor de idade
Nome e apelidos de quen autoriza
DNI de quen autoriza
Autorización de imaxes
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy