Inscrición Xornadas Saúde e Benestar
O Concello da Guarda comeza cos preparativos dunha nova actividade dirixida ao público xeral e que este ano versará sobre a Saúde e o Benestar.
A proposta “I Xornadas sobre saúde e Benestar” permitirán, de xeito participativo, implicar á poboación da vila no coñecemento e ampliación de información sobre diversos temas de saúde do día a día.
Grazas á participación de empresas e profesionais sanitarios, as xornadas contarán con charlas, conferencias e debates abertos, nos que se tratará e falará sobre temas de interés xeral vencellados á saúde e ó benestar.
Dende o Concello da Guarda se lanza un convite a todos os empresarios e profesionais da saúde e do benestar, nunha convocatoria aberta a participar nesta novidosa actividade, que permitirá, por unha banda, potenciar e promocionar as empresas adicadas á saúde e ao benestar da vila e, por outra banda, manter encontros con profesionais sanitarios de diversas ramas.
¿Eres empresario/a ou profesional da saúde e do benestar?
👉 Inscríbete aquí