CAMPAMENTO TECNOLÓXICO'22 A ESTRADA
CAMPAMENTO TECNOLÓXICO en A Estrada

Desde AA40ESTUDO presentamos o noso campamento tecnolóxico para este Verán 2022.

Ofrecemos a primeira semana de xullo para que os vosos fill@s se divirtan e aprendan, realizando talleres de programación, electrónica, robótica, así como outras actividades educativas relacionadas coa temática de cada semana. Estas xornadas celebraranse na nosa sede en A Estrada, na rúa ulla, 4.

Adaptaremos os obradoiros ó nivel dos asistentes, podendo asistir sen coñecementos previos.

Cremos que é unha moi boa opción para as mañáns do verán, onde os vosos fill@s ademáis de pasalo moi ben, poderán descubrir e potenciar as súas habilidades nas diferentes actividades tecnolóxicas relacionadas coa robótica educativa, e que lle serán de gran axuda no seu futuro para a realización de calquer enxeñería técnica.

Poderán asistir nen@s a partir dos 6 anos ata os 16. Faremos agrupacións por niveis de coñecementos.


¡RESERVA A TÚA PRAZA!       ¡SON LIMITADAS!       ¡10 ALUMN*S MÁXIMO!


Sign in to Google to save your progress. Learn more
ONDE ESTAMOS
AA40ESTUDO

"AULA A ESTRADA"
                                        Rúa Ulla, 4
                                        36680 - A ESTRADA (PO)

www.facebook.com/AA40ESTUDO/

http://www.aa40estudo.com/

DATAS E HORARIOS
As datas son as seguintes:

- Semana 1: Do 4 ao 9 de xullo
- Semana 2: Do 11 ao 15 de xullo

O horario será de 9h a 14h, a primeira hora é un pouco de recepción onde os menores irán completando actividades pendentes e teremos flexibilidade para que poidades recoller ós vosos fill@s ata as 14.30

PREZOS
- 100 euros por semana menos descontos.

Descontos
- 20% para alumnos.
- 10% para antigos alumnos ou que viñeran anteriormente a outro campamento.
- 10 euros de desconto extra en total para a segunda semana.

-Para 3 membros da mesma unidade familiar que veñan as dúas semanas o terceiro membro poderá asistir de forma gratuita.

-Para 2 membros da mesma unidade familiar onde un é alumno e outro non, serán considerados a hora de cobro como antigos alumnos.

-Para 2 membros da mesma unidade familiar onde un é exalumno e o outro é un novo alumno, serán considerados a hora de cobro como novos alumnos.

Os descontos NON son acumulativos salvo os 10 euros da segunda semana que se aplicarán o total do pago, é importante antes de facer o ingreso consultar a que descontos se tería dereito, na paxina hai unha taboa orientativa de prezos, para outros casos consultar.

Para efectuar a reserva de praza
IMPORTANTE: Para formalizar a reserva de praza será necesario efectuar o ingreso do importe correspondente e enviar o xustificante por correo electrónico a: aa40estudo@gmail.com

Se non podedes enviarnos o xustificante por mail podedes achegarvos a nosa aula de A Estrada ou chamarnos por teléfono para que o poidamos consultar.

Isto é importante porque faremos a reserva da praza en función da ORDE DE CHEGADA de dita confirmación.

Nº DE CONTA para o ingreso: (BBVA) ES47 0182 0787 4702 0161 0402

TITULAR: AA40ESTUDO, SC

IMPORTE: O que resulte das semanas que se vai asistir, irmáns e descontos posibles.

OBSERVACIÓNS: Nome da / do asistente.

Podes apuntarte fácilmente cubrindo o SEGUIENTE FORMULARIO ou chamando o: 622 -874-434
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy