Participa no mercadillo da Festa do Segundo Aniversario de Rede CRIA o vindeiro domingo 9 de xuño cubrindo este formulario.
Imos convocar a moitas familias e profesionais para pasar un día enteiro de actividades, charlas, talleres, zona libre para nenos e tamén teremos unha zona de mercadillo. Será no Centro Cultural As Pedriñas
https://goo.gl/maps/YTfjAnsWjZ22 durante todo o día.
Podes participar no noso evento de dúas formas:
- Podes vir co teu posto cun custo de 10€ en concepto de aluguer de espazo para todo o día.
- Ou tamén, podes deixarnos os produtos que queiras en depósito para poñelos nun posto común, e neste caso aplicaremos un 20% sobre as vendas dos produtos vendidos. Aqueles que non se vendan retornaranse ó peche da festa.
Podes ver máis información sobre nós en
www.redecria.es