CUBRE ESTA ENQUISA E ENTRE TODOS/AS DECIDIREMOS A INSTALACIÓN DAS NOVAS ILLAS DE COMPOSTAXE.
Dende a Concellería de Medio Ambiente temos previsto aumentar o noso compromiso coa compostaxe e por iso vamos ampliar as illas de compostaxe comunitaria a outros barrios, pero queremos contar con todas e todos vós para que esta ampliación sexa decidida de xeito colaborativo, por iso che pedimos que nos digas donde ti cres que deberiamos instalar unha nova illa preto da túa vivenda.
A compostaxe comunitaria é un sistema de tratamento de residuos que implica a participación cidadá na xestión dos residuos orgánicos e reporta amplos beneficios ambientais, sociais e económicos.
Unha vez recibamos as vosas suxestións analizarémolas e publicaremos os resultados das decisións.
Grazas pola túa colaboración.