FICHA DE CÓMPLICE
Ola, cómplice!
Un ano máis, precisamos da túa axuda para facer chegar o Nadal e a ilusión a todos os fogares. 

Cubrindo esta ficha, comprométeste a ser cómplice dos Reis Magos no programa "(en)Volve", entregando un agasallo dun importe máximo de 35€ que figure na carta que recibas dunha nena, neno ou adolescente de ata os 14 anos. Deste xeito garantiremos que todas as nenas e nenos teñan un agasallo no día de Reis. 

Tamén, se podes, pedimos que acompañes o agasallo cun libro adaptado á idade, para fomentar a lectura. 

Se colaboras como cómplice, recibirás por WhatsApp unha carta con 3 desexos e deberás decidir, entre eles, o agasallo que prefires mercar. Se tes algunha dúbida ou a carta ten algún erro, chámanos ou escríbenos e solucionarémolo. O teléfono de contacto é 606987743.

Unha vez recibida a carta, o agasallo deberá entregarse na Casa Azul, na rúa Sor Lucía, nº2,  Pontevedra.
Enviarémosche unha mensaxe con todas as instruccións e os prazos de entrega.

Este ano participan na iniciativa A BALEA DAS CORES, que fará un desconto do 5% nos libros e un 10% nos xoguetes e xogos que sexan para o programa.

Cubre esta ficha só se tes posibilidade de participar na campaña "(en)Volve" neste Nadal e non dubides en facernos chegar calquera comentario ou preferencia que teñas sobre a túa carta no apartado de observacións. 

¡Millóns de grazas pola túa colaboración!
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome e apelidos *
Teléfono *
Correo electrónico
Observacións
Para cómplices menores de idade, precísase a autorización da nai, pai ou titor/a legal. Se é o caso, por favor indica o nome da persoa adulta que autoriza e se fai responsable da carta.
De acordo co previsto no Regulamento Europeo de Protección de Datos 2016/679 e o  Decreto-lei 5/2018, de 27 de xullo, de medidas urxentes para a adaptación do Dereito español á normativa da Unión Europea en materia de protección de datos, informámoslle que os datos incluídos nesta solicitude serán rexistrados en ficheiros automatizados responsabilidade do programa (en)Volve, para a xestión de usuarias/os con acceso ós ficheiros con datos de carácter persoal, sen que estea prevista ningunha cesión de ditos datos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación de datos e oposición poderanse realizar nos termos previstos no devandito Decreto-lei. *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report