Vendima infantil

Sábado 15 de outubro ás 16:30  no paseo da Tolerancia de Betanzos

Organizada polo Concello de Betanzos e a Adega Pagos de Brigante

En colaboración coa Reserva da Biosfera As Mariñas, o Colexio Infantil Vales Villamarín e o Colexio A Nosa Señora da Carme (Atocha)

Quen pode participar?

É unha actividade festiva gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
Para participar é necesario apuntarse neste formulario.


Cal é o obxectivo?

O obxectivo principal da festa é divulgar a cultura vitivinícola entre as novas xeracións de betanceiros e betanceiras e mariñáns e mariñás e recuperar os costumes e tradicións de vendima e de elaboración do viño tan vinculadas á historia de Betanzos e a súa comarca.

Que actividades se realizarán?

Será unha experiencia enriquecedora que lles permitirá aos nenos e ás nenas recibir as caixas cos acios de uvas, medir o contido de azucre da vendima, desenlear os acios (eliminar os rabos), pisar as uvas, prensalas nunha prensa tradicional e finalmente degustar o mosto. Non faltará un bocadillo de merenda para repor forzas.


O persoal da adega, os viticultores de Betanzos e un equipo de monitores e monitoras [e, no seu caso, o profesorado] asistirán aos nenos e ás nenas no desenvolvemento de todas as actividades.

Outras animacións

Ao comezo e ao final da festa, interpretación das danzas gremiais de Betanzos polo equipo infantil/xuvenil da Agrupación de Danzas do Pobo.


Ao terminar a vendima, visita da Adega de Pagos de Brigante situada nas proximidades (paseo Antolín Faraldo, 10) con explicación do proceso de elaboración dos viños.


Nos arrabaldes da adega, as persoas adultas acompañantes poderán catar os viños de Betanzos elaborados pola empresa (unha copa gratis por persoa). Os nenos e as nenas actuarán como camareiras e camareiros.


Os restaurantes e bares situados nas proximidades da adega (Moza Crecha, A tu Vera…) estarán abertos durante a festa.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome e apelidos do/a neno/a *
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Nome e apelidos do/a pai/nai ou titor/a *
DNI do/a pai/nai ou titor/a *
Por favor,  Indique se o neno ten unha alerxia alimentaria.
Teléfono *
Enderezo electrónico *
Autorización para o uso da imaxe con finalidade divilgativa *
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE BETANZOS
De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámolo/a de que o responsable de tratamento dos seus datos persoais é o Concello de Betanzos con enderezo no edificio Liceo, praza de Galicia n.º 1, 15300, Betanzos, A Coruña, correo@betanzos.net. 1. DPO. O delegado de protección de datos do Concello de Betanzos é Servizos de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. co que poderá contactar encorreo@betanzos.net. 2. Finalidade do tratamento. Os datos serán utilizados para facelo/a partícipe da actividade promocionada descrita na presente solicitude, así como a xestión administrativa derivada desta. O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá supoñer a imposibilidade de prestarlle o servizo que quere solicitarlle ao Concello de Betanzos. Prazo de conservación. Os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite a supresión destes e durante o tempo necesario para darlle cumprimento ás obrigas administrativas. 3. Lexitimación. Este tratamento de datos persoais está lexitimado polo consentimento que nos outorga coa sinatura da presente circular. 4. Destinatarios/as das cesións. O Concello de Betanzos cederá os seus datos de carácter persoal ao persoal ou á empresa contratada para desenvolver a actividade, coa intención única de prestar o servizo. 5. Dereitos. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade destes. O Concello de Betanzos dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy