Este é o formulario oficial para a inscrición de proxectos para a 2ª Edición do Festival Novo Enfoque.
Novo Enfoque é un festival de cine independente creado por Flowerfilled en colaboración con alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, orientado a outorgar un espazo para a proxección das obras de cineastas e creadores noveis galegos.
Este non é un festival dedicado exclusivamente aos traballos de estudantes, tamén temos a misión de compartir os proxectos dos que xa non estudan e están buscando o seu oco na industria audiovisual. Se produciches algunha peza de forma independente a través dunha produtora, cooperativa ou colectivo, este tamén é o teu festival.